Avaliación e autoavaliación.

Avaliación e autoavaliación.

Última actualización de en Silvia

A avaliación que fago sobre estes 3 meses cortos pero intensos de esta materia pódese ver reflexada na entrada que subín onte ao blog  :

Final de unha etapa...

Terminan as navidades, e con elas, uns cortos 3meses nos que volvemos a traballar co e-portafolios de Stellae para construír o noso propio proceso de aprendizaxe.

É hora de ver como comezamos, con timidez a tratar os primeiros conceptos que íbamos tratando na materia, e como pouco a pouco ibamos incorporando as nosas opinións, como nos animavamos a compartir opinións sobre os contidos dos compañeiros ou da profesora, como encontrabamos unha imaxe que simbolizara todo aquelo que queríamos decir, como aproveitabamos o noso tempo libre para facer búsquedas sobre aqueles termos que descoñecíamos, e a ilusión que nos facía ver que os compañeiros che agradecían a túa búsqueda pois para eles tamén era algo descoñecido.

De todo eso que tan só comezou 3 meses, e tivo algunha interrupción grande ( o gran e querido prácticum ), ata o de agora, non pasaron grandes cousas, pero sí tantos momentos, tantos conceptos, tantos coñecementos, tantas actitudes que aprender, tantas cousas por conocer, tantas opinións novas que respetar, tanto outro que argumentar... pasou unha nova materia pola nosa vida como pedagogos e pedagogas, que nos fai sentir mais completos, pero que á vez nos deixa con unha sensación de vacío por todo aquelo que a falta de tempo nos quitou, e que gardamos a esperanza de que algún día nos devolva con outra materia, quizais con outros compañeiros, con outra profesora, en outro lugar...

Xa sabíamos o productivo que era o e-portafolios como ferramenta de aprendizaxe, pero por si a alguén lle quedaba algunha dúbida, penso que xa lle quedou resolta. É certo eso que din que non hai mellor maneira de aprender, que construíndo nós o noso propio coñecemento, e precisamente eso foi o que fixemos. Se a eso lle sumamos que a persoa encargada de impartir a materia se involucra ó máximo, te invita a participar nas clases e resolve calquera dúbida para que poidamos evolucionar....E por se xa fora pouco, se a todo iso lle volvemos a sumar unha gran actividade por parte dos compañeiros, complementando entre uns as búsquedas feitas por outros, os comentarios tanto positivos como as críticas que te fan mellorar,...todo eso ten como resultado que a Formación para o Desenvolvemento do Profesorado, deixe de ser unha materia que aprobar, e pase a ser un coñecemento que todos levamos adquirido en maior ou menor medida, e que xa formará parte das nosas vidas profesionais.

Espero que este portafolios vos servira para aprender, igual que me serviu a min. Gracias por tantos comentarios e aportacións, para min foi un pracer compartir esta experiencia con vós.

Deseovos e deseome a min, uns bos exámenes con moi boas notas, un fin de navidades moi bo, e un huracán de enerxía que nos fará falta para afrontar este pequeno empuxón que nos falta para terminar.

Un saúdo!

 

Silvia.

E no referido á autoavaliación que eu fago sobre o meu proceso, podo decir que intentei poñer todo da miña parte para ter unha avaliación positiva na materia, así como para interiorizar todo o posible e que me sirva para a miña futura e próxima vida profesional ( e tamén persoal).

Creo que seguín un proceso contínuo, pois dende o primeiro día de clase ata o último intentei traballar no portafolios todo o que podía dado o pouco tempo libre que tiñamos para facelo.

Dito esto...pouco mais podo decir. Intentei facer todo o mellor posible e dar o mellor de min dentro das miñas posibilidades, e creo que aínda que non de un xeito total, sí o conseguin, e persoalmente sí estou satisfeita co traballo realizado, e co resultado que ate o de agora ten o meu portafolios ( sendo éste sempre mellorable).

 .

Silvia Pulleiro Juncal