Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

1. Presentación

1. Presentación

Última actualización de en Alberto Martínez Antelo

Neste Portafolio recóllense todas as do meu grupo en conxunto e as miñas impresións, apuntes e datos referidos ao Asesoramento que foron analizados durante o primeiro cuatrimestre do curso 2012-2013 na clase de Asesoramento Curricular a Centros e Profesores.

Dunha forma diferente aos meus compañeiros quixen poñer como nexo común o libro de Jesús Domingo Segovia “Asesoramiento al centro educativo” debido á súa gran extensión e explicación tan detallada e pormenorizada do Asesoramento educativo que tanto me guiou nesta materia, e a partir del relacionalo cas distintas prácticas que se fixeron ao longo do curso entre o meu grupo “La Tiza” e miñas.

Podemos plantexarnos… por que o asesoramento é tan complexo e como podemos interiorizalo de forma correcta?

O máis complexo a entender reside na dificultade dos profesionais para colaborar e poñerse de acordo, para aceptar e entender a postura dos demais, para compartir ideas, etc.  porque en certo modo, tanto profesores como orientadores van por diferentes camiños. Ademais esta complexidade é debida aos orixes do asesoramento, xa que atende a unha dobre vertente: centrado no cambio ou centrado no apoio.

Outra dificultade é a relación directa e íntima con outras prácticas educativas, que foron modificando a finalidade esencial do asesoramento (a colaboración para a mellora) e foi guiada a outras funcións máis diferentes como a intervención que nun principio eran propias doutros procesos.

Ademais de que descoñecemos o que é a figura dun asesor, contemplando este proceso como algo recente no mundo educativo.

Ante isto preguntámonos, que significa ser un asesor? que relación existe entre a orientación e o asesoramento? como se fomenta a colaboración nos centros? que medidas de atención á diversidade debemos ter en conta?

A todas estas cuestións e a outras máis serán respondidas nas próximas páxinas do Portafolio, que pretende ser unha ferramenta de traballo a partir da información que contén.