Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

2. Que entendemos por asesorar? As tres preguntas

 

1. Identificar escenarios nos que se desenvolven tarefas de asesoramento.

O asesoramento está presente en multitude de campos profesionais moi diversos entre si.

Como son:

- ámbito educativo: colexios, universidades…

- ámbito político: partidos políticos, sindicatos…

- ámbito penitenciario: cárceres, centros de menores…

- ámbito xurídico,

- Ámbito empresarial

- Asociacións e ONGs

 

O asesoramento está aberto a múltiples escenarios, como xa mencionamos anteriormente, e neles conflúen diversos perfiles profesionais. Entre eles destacaremos algúns, como son: os asesores de imaxe, asesor tecnolóxico, asesor matrimonial, asesor familiar, asesor educativo, asesor publicitarios…

 

  1. 2.       Que fai un asesor/a?

Antes de iniciar o desenvolvemento das funcións dun asesor, parécenos conveniente especificar as diferenzas entre orientación e asesoramento e así delimitar mellor as funcións de dito profesional.

 

Orientación (Guidance)

Asesoramento (couselling)

Máis cognoscitivo

Máis afectivo

Máis impersoal e público

Máis persoal, privado e confidencial

Iniciado polo orientador normalmente

Iniciado polo cliente

Máis colectivo

Individualizado

Ámbito de actuación vocacional.

Multidisciplinar

 

A través desta táboa, vemos que o asesoramento normalmente parte dunha situación conflitiva ou problemática na que o propio suxeito busca a axuda para solventar o problema. Normalmente a relación que se establece entre asesor e asesorado ten un carácter confidencial e  establécese un vinculo máis persoal creando un clima máis afectivo. O traballo realizado adoita ter carácter individualizado, aínda que hai posibilidades de facelo de forma grupal. O seu campo profesional está tan extendido que ten un carácter multidisciplinar.

O traballo do asesor está ligado a un proceso terapéutico, co fin de mellorar un aspecto problemático. Segue un modelo de intervención propio con base nun modelo clínico.

Se nos centramos no campo educativo, vamos a facer un breve repaso por algunhas das súas funcións, aínda que obviamente poderíamos mencionar algunhas máis:

 

- Asesorar na elaboración, aplicación e revisión dos diferentes documentos organizativos de aspectos pedagóxicos e educativos que rexen a dinámica dos centros.

- Orientar sobre as medidas adoptadas para atender á diversidade (alumnos con necesidades especiais de educación; alumnos con necesidades de compensación educativa; sobredotación; reforzo educativo; medidas de atención á diversidade de aula, ciclo, etapa e centro)

- Avaliación psicopedagóxica de alumnos que presentan dificultades significativas no seu desenvolvemento persoal e/ou aprendizaxe escolar

- Establecer a coordinación necesaria cos servizos externos pertinentes en cada caso (saúde mental, equipos específicos, servizos sociais...).

- Fomentar a colaboración entre os diferentes axentes da Comunidade Educativa (profesores, pais e alumnos) e entre a Comunidade Educativa  e o entorno

 

3. Elabora unha definición según o que entendemos por asesorar?

“Es un proceso de ayuda de cara a la toma de decisiones ofreciendo información a los sujetos, tanto de autoconocimiento como de situaciones contextuales aportando instrumentos con el fin de mejorar las competencias de todos los agentes implicados.”

De todas formas parécenos apropiado incluír, de outras fontes bibliográficas que consultamos, as seguintes definicións:

- Pozuelos (2002). Na súa opinión, o apoio debe darse dentro dun ambiente de colaboración como marco dunha corrente reflexiva, crítica e fenomenolóxica e non baixo un prisma técnico, contextual e clínico. O asesoramento debe facilitar procesos que idealmente sexan elaborados polos profesores que van a participar deles, xunto con involucrar a quenes desexen e necesiten solucionar os problemas que deben enfrontar na práctica diaria e cotiá.

- Monereo e Solé: asesorar é un servizo profesional para a asistencia práctica-teórica á resolución de conflitos, prevención, detección, e tratamento de problemas en cuestiones relativas ao campo do aprendizaxe en primeira instancia e da ensinanza en segunda e para valorar e potenciar ao ser humano na dinámica do saber coñecer, do saber facer, do saber ser e do saber convivir.

- Hernández (2005, a) quen entende o asesoramento como "un fenómeno de naturaleza procesual y dinámica, con un carácter sistemático y sostenido en el tiempo, dedicado a la ayuda y apoyo de los centros escolares, en el que están implicados múltiples agentes educativos y cuya finalidad es la mejora de la escuela a través de su capacitación y potenciación para la utilización de conocimiento pedagógico."

4. Pódese falar da profesión de asesor? Qué formación necesita?

Como xa indicamos anteriormente e avala os numerosos profesionais que se dedican a este ámbito, podemos afirmar que existe esta profesión tan polivalente.

Debido a esta característica, a formación necesaria para estes profesionais será moi diversa axustándose ao ámbito específico no que desenvolva a súa función.

Aínda que podemos establecer características comúns nos diversos ámbitos profesionais, cabe destacar que o asesor debe ter amplos coñecementos tanto do contexto no que realice a súa función, como dos destinatarios, tanto a nivel máis profesional como persoal, para realizar de forma adecuada a súa labor, tendo en conta todas as posibles variables. Por elo, ten que ser unha persoa cunha capacidade ampla de adaptación a novos retos, a novas experiencias, con una mente aberta a distintas opinións, temas, conflitos; e, ademais, terá que ser experto na tarefa de observación e diagnostico, xa que sen un bo diagnóstico o proceso de asesoramento no tería sentido.

 

 ACTIVIDADE MODELOS DE ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO.

1. Escolle un modelo e especifica se é un modelo de orientación, de asesoramento ou dos dous.

2. Exemplo da vida real.

3. Buscar un vídeo en Internet onde se leve a cabo o modelo en cuestión.

 

 

1. Escollemos o Modelo de consulta.

Álvarez e Bisquerra (1997), a clasificación realizada por estes autores, escollemos para analizar o modelo de consulta.

Este modelo concibe a orientación a partir do asesoramento educativo e curricular. Incluímolos como un modelo de asesoramento porque participan profesionais de igual estatus (profesores/as), con distintas especialidades co propósito de resolver os problemas que se prantexan na práctica profesional.

Dita interacción pretende capacitar ao asesorado para que sexa máis eficaz no tratamento dos  seus problemas profesionais actuais e/ou futuros.

O asesoramento, adoitase definir como un servizo indirecto.

Polo tanto, o experto o é, non con respecto ao asesorado, se non con respecto ao contido do problema e á forma de resolvelo.  

 

2. Exemplo, pode ser á hora de traballar un tema que ten como destinatarios ás familias, pois solicitarlle asesoramento ao orientador/experto, para que nos axude co tema en cuestión e nos asesore como deberíamos traballar os límites cas familias.

 

3. Vídeo. Poderase consultar na páxina do Grupo La Tiza.