Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

3.1. A mellora da educación como marco de referencia para o asesoramento pedagóxico

Este primeiro tema fainos un achegamento da importancia do asesoramento pedagóxico (digamos que a psicopedagoxía pouco se toca neste libro) en todo o sistema educativo. Según Escudero (e moitos amantes da LOXSE): A través da historia,  grazas á LOXSE,  a idea da formación e o desenvolvemento dende dentro dos centros, sobre todo dende os oitenta e noventa, serviu como unha fonte de inspiración renovadora a un bo número de profesionais de diversos sectores.

Podemos sacar unhas breves ideas introdutorias sobre o primeiro que se debe cambiar se queremos falar de asesoramento:

Ideas e presupostos:

-          Entender os centros como lugares para o aprendizaxe dos profesores

-          Supoñer que o profesorado pode aprender e desenvolverse analizando, reflexionando e construíndo proxectos de mellora para as súas prácticas e decisións.

-          Considerar que a colaboración entre os profesores, con ou sen apoios externos, pode constituír un espazo social e profesional que contribúa ao desenvolvemento dos centros escolares

-          Presupoñer que os centros e profesores teñen que ser os protagonistas claves da mellora da educación

Se queremos mellorar os centros educativos non podemos continuar cos plans antigos ou cerrarnos completamente ás leis vixentes que se supoñen que melloran a nosa  forma de ver a educación. Escudero saca estes supostos e principios:

-          A búsqueda dunha boa educación para todos sen exclusión

-          Na sociedade da información e o coñecemento, a educación adquiriu un valor máis fundamental e decisivo tanto para os suxeitos particulares como para a sociedade e o seu conxunto.. É preciso desenvolver nos cidadáns coñecementos e aprendizaxes, intelixencia ao alcance de todos ademais do sentido cívico necesario para vivir honestamente cos outros.

-          A estas alturas dispoñemos de coñecementos importantes sobre as condicións institucionais que poden crearse nos centros e os seus entornos, na aula e na profesión docente, co obxectivo de mellorar a educación.

-          É preciso persistir no empeño, canto máis se intenta máis se logra.

É necesario construír unhas estruturas de e para a mellora como por exemplo como se ordena e propicia o aprendizaxe dos estudantes por medio dos tempos e espazos escolares, cursos e etapas, deseños do curriculum e establecemento de función e roles persoais e tamén ao modo en que propician conectar, coordinar ou supervisar as operación que estean ocorrendo dentro das estruturas sinaladas.

Se queremos erixir como foco central da mellora a ensinanza e o aprendizaxe quere dicir poñer en primeiro plano as cuestións perennes: que contidos teñen que traballar cos estudantes, que condicións e oportunidades para o aprendizaxe valioso teñen que propiciarse, que aprendizaxes merecen e debe ser perseguidos, e que debe apreciarse e valorarse en relación co que se ensina e aprende. E, á súa vez, as condicións da aula que favorecen o aprendizaxe dos estudantes requiren, á súa vez, condicións e procesos que estimulen e desenvolvan o aprendizaxe dos docentes como unha especie de aprendizaxe recíproco.

É tamén fundamental prestar atención aos contidos e propostas sobre as que se traballe. Os primeiros teñen que vir de fóra e de dentro. Outros aspectos que atañen á mellora son a coordinación e planificación cooperativa, a indagación e reflexión como unha pauta cultural institucionalizada.

Este proxecto de mellora ten que integrarse na ensinanza e o aprendizaxe e non debe residir unicamente no centro, ten que abrirse ao exterior e recoller a información que ten nel para mellorar. A mellora pode entenderse como o intento de lograr unha plataforma de pensamento e acción educativa, que vaia máis alá das reformas oficiais.

Pero o gran inconveniente de todo isto é que os profesores están moi queimados, son demasiado vellos como para integrar estes novos coñecementos e habilidades ou o sistema educativo non apoia estas novas ideas de apertura e evolución como podemos ver na imaxe seguinte do intento da nova lei de Educación:

 

 

Sen esquecernos de mencionar esta noticia que subín fai unhas semanas dunha noticia en que agora o alumnado, grazas a esta nova lei (LOMCE) que quere poñer o Goberno, soamente se poderá repetir unha vez de curso, botando por terra toda decisión por parte dos docentes e dos centros educativos e da anterior lei promulgada, a LOE.

 

 

http://www.publico.es/espana/447440/los-alumnos-de-secundaria-solo-podran-repetir-curso-una-vez