Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

3.2.Da aula ao centro e, volta? Redimensionar o asesoramento

Según Bolívar: Dende a metade dos noventa cambiou radicamente o contexto social e educativo dos oitenta, o que a forza a que os centros educativos non poden ser insensibles ás demandas e presións do entorno.

 Isto foi o que dixo nos anos noventa, pero agora mesmo, a piques de entrar no 2013, a sociedade cambiou radicalmente e os alumnos dos 90 xa son case adultos mentres que os alumnos actuais son máis complicados de motivar e educar ca incesante cantidade de información e tecnoloxía, unha sociedade na que todo está ao alcance dun click a escola sofre unha gran crise.

Pero volvamos ao libro no cal pareceume remarcable esta cita:

“Hemos aprendido que cambiar la práctica docente es primariamente un problema de aprendizaje, no un problema de organización. Mientras las estructuras escolares pueden proveer oportunidades para aprender nuevas prácticas, las estructuras, por sí mismas, no causan que dicho aprendizaje ocurra” (Peterson, McCarthey e Elmore, 1996)

Así, e nomeando a Hopkins, sinala que todas as estratexias a nivel de centro empregadas deben ser sometidas á pregunta crucial: “que relación existe entre estas estratexias e os resultados dos alumnos?” para responder que se ben poden ser condicións necesarias ou crear un contexto para mellorar o curriculum ou a ensinanza, non son suficientes, pois “por si soas teñen pouco impacto directo no progreso dos alumnos”. Para que isto último ocorra, deben integrarse ou xerar modificacións específicas do currículum ou da ensinanza.

E por que non se cumpren estas propostas? Bolívar remarca algunhas causas-razóns do asunto.

Externas

-          A presión do entorno

-          Reestruturación (trátase de comezar por que boas prácticas de ensinanza/aprendizaxe necesitamos, a continuación, que é indispensable para que acontezan as prácticas que desexamos e, en terceiro lugar, que estruturas poderían apoiar a ensinanza e aprendizaxe que desexamos)

-          Xestión Baseada na Escola

Por tanto, non basta con decretar a autonomía dos centros docentes, necesita recursos humanos e materiais, e comporta unha concepción da formación e innovación centrada na escola, compartir coñecementos nos contextos de traballo, o que esixe configurar o centro como comunidade de aprendizaxe para os alumnos, profesores e a propia escola como institución.

Internas

Ao analizar a realidade de vida organizativa dos Institutos de Secundaria vemos que os departamentos son as unidades básicas de organización e da identidade profesional, a división por especialidades e Departamentos non só constitúe o referente básico da identidade profesional e interacción social se non que a colexialidade dos profesores, a extensión da colaboración e o apoio entre o profesorado varían considerablemente según Departamentos no mesmo instituto

Continuando ca problemática do cambio escolar e de cales son os seus motivos Fullan propuxo a seguinte fórmula para describilo:

E = MCA²

Onde E se refire ao grado de eficacia do sistema, M alude á motivación pola reforma (vontade, propósito, compromiso), C á capacidade para o cambio (habilidades, coñecer-como, recursos dispoñibles) e A² refírese á asistencia e apoio no tempo para dar conta do conseguido.

Como broche final a este apartado conclúo en que é necesario redimensionar o asesoramento para avanzar como asesores, e Bolívar expono deste xeito

  • Non hai estratexias xerais de innovación, estas debe estar debidamente contextualizadas, pertinentes ca natureza e o grado de desenvolvemento no que se encontre cada centro
  • A dimensión de relacións de traballo compartidas da cultura dun centro non pode ser o único foco do asesoramento; en ocasións, pode ser máis relevante concentrarse nos Departamentos e especialmente as necesidades de mellora a nivel de ensinanza
  • Traballo conxunto entre o profesorado non se ten que entender só no interior dun centro, o asesoramento ten que dirixirse a establecer redes, ligas e acordos de cooperación entre centros, cuxo intercambio de coñecementos e experiencias, poidan contribuír a crear novas fórmulas de aprendizaxe continuo dentro das comunidades profesionais de traballo