Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

3.3. Asesoramento en educación. Identidade e constitución dunha práctica controvertida

 

Profundizando máis no tema do que estamos a falar neste apartado fálanos do que debe ser o asesoramento e a súa orixe como unha posta en escena para intentar coñecer este ámbito de difícil comprensión. Según palabras de M. Mar Rodríguez Romero:

  O asesoramento forma parte dun conxunto moi amplo de prácticas profesionais xurdidas en campos variados da acción asistencial que se coñecen como prácticas de apoio porque xurdiron ca misión de axudar, mellorar ou sustentar as accións estritamente dedicadas á ensinanza e o aprendizaxe e a asistencia social de todo tipo. A súa finalidade principal é apoiar as tarefas de construción de sentido, identidade e posibilidade que son propias das accións educativas e asistenciais. Encóntranse especialmente comprometidas ca construción de identidade e de posibilidade tanto dos estudantes como do profesorado. As labores de apoio, e entre estas o asesoramento, declaran uns propósitos e despregan unha serie de tácticas que buscan encauzar as identidades dos suxeitos e ofrecer unha gama determinada de posibilidades de desenvolvemento persoal, social e profesional dentro das institucións socioeducativas.

Podería considerarse asesoramento a calquera práctica profesional que tivera estes rasgos:

  • Un servizo indirecto dirixido cara o profesional (profesorado, traballadores sociais, etc.) que tratan ca clientela (estudantes, anciáns, enfermos, etc.) de institucións educativas ou asistenciais e non directamente cara esta.
  • Unha interacción ou comunicación bidireccional dedicada á axuda.
  • Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado/a
  • Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, sen diferenzas de posición e de poder
  • Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións
  • Trátanse asuntos e problemas procedentes da práctica profesional
  • Trabállase sobre a base de acordos negociados
  • A resolución do problema vai acompañada da capacitación para afrontarse co éxito a problemas similares

Se nos remontamos a fai unhas décadas e nos preguntamos como xurdiu a palabra “asesoramento” observamos que provén de tres términos (Consultation e adviser e advisory services) que aluden á consideración, deliberación e reflexión en relación con consellos, recomendacións e suxerencias. O primeiro utilízase no campo da empresa, a industria e a organización. A segunda –advise- úsase sobre todo no ámbito británico e asígnase ao apoio integrador no sistema educativo; e a terceira denominación –support- alude á idea de axuda que conleva a labor e foi asignado á estrutura organizativa que sustenta a función e sobre todo para a persoa encargada das labores de asesoramento: o axente de apoio (tamén utilizada para nomear aos servizos de orientación)

Non esquezamos que esta non é a definición absoluta de asesoramento xa que é un termo propenso ao cambio e á evolución. Cada vez o asesor ten que preocuparse de máis temas e axudar a un colectivo de persoas que cambian cada certo tempo e son todas moi diferentes entre si. O asesor non é unha persoa todopoderosa (como veremos máis adiante) nin ten a solución a todos os nosos males, é un individuo que facilita a toma de decisións e apoia en todo o que estea á súa disposición para a resolución dos conflitos. Vexamos neste seguinte tema como debe ser un asesor.