Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

3.4. O saber del asesor: reconstrución dun itinerario

Según Fernando Hernández: O saber do asesor non é estático, se non que se vai construíndo co estudo, a práctica da asesoría, a reflexión sobre as propias experiencias e o intercambio cos outros (profesores, asesores, administradores...)

Un asesor debe contar cas seguintes características:

        I.            Ten que ser depositario da súa confianza

      II.            Importancia da micropolítica nas institucións

    III.            É importante axudar a dar nome e contextualizar ás concepcións e prácticas dos profesores

    IV.            Se unha experiencia de innovación non está afianzada, un cambio significativo na asesoría ou na micropolítica, pode levar a un estancamento nos procesos de innovación ou á aparición de posicións defensivas

      V.            A finalidade última de toda asesoría é que o asesor deixe de estar presente como tal

    VI.            Un marco de negociación no que se sitúe a intervención

  VII.            Que o tipo de intervención que se leva a cabo, se caracteriza por non ser prescriptiva e plantexarse dende un modelo de cambio

  1. Unha asesoría ten que ter metas concretas e balances precisos, aínda que se modifiquen co transcurso da intervención

    IX.            É importante romper a cultura negativista sobre a realidade e valorar o positivo, o que funciona no centro

      X.            Convén evitar a sensación de fracaso, de non conseguir nada ou non acabar o que se tiña proposto

    XI.            O asesor convén que se poña na lóxica e dinámica do grupo, e non actuar dende a súa propia lóxica e experiencia

  XII.            Para exercer a función crítica o profesorado ten que outorgar autoridade ao asesor

Quería puntualizar este último punto das características do asesor. Non quero dicir que non sexa verdade que os profesores concedan autoridade ao asesor se non que nun centro educativo todos teñen esa autoridade. Como se verá en casos máis adiante, o asesor non resolve os problemas dos profesores porque é un “líder”, compartindo a autoridade e traballando todos xuntos coma un equipo é como se resolven os problemas (mantendo a figura do asesor de mediador).

A parte das características, Hernández recolle unha serie de diferentes momentos na intervención:

  • De negociación, no que se especifican os acordos aos que chegaron o asesor e os docentes (horario, clarificación da demanda, forma de traballo, compromisos mutuos...)
  • De progreso, seguindo unha secuencia de traballo
  • Final, no que se presentaba un balance do proceso seguido e valorábase as perspectivas de continuidade do proxecto