Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

3.5. Escenarios e contextos de acción

Según Domingo Segovia, o asesoramento móvense en tres dimensións básicas que son:

-          Centrarse no curriculum e a mellora dos procesos de ensinanza aprendizaxe onde se producen e que se traduzan en melloras nos resultados académicos e de aprendizaxe dos alumnos.

-          Atender ás características do profesor como persoa, adulto e profesional suxeito a un proceso de reflexión e de desenvolvemento profesional

-          Tomar como foco de atención ao centro no seu conxunto

O Curriculum

Un Curriculum “do” centro (o que os alumnos deben aprender, como facelo, en que contexto de interacción, con que medios e como avalialo)

E un Currículum “para” o centro (intencionalidade, compromiso co centro e a facer as cousas mellor, interrogarse, investigar, reflexionar, dialogar, comprender, debater, compartir...)

O Profesorado como unha entidade que evoluciona e se desenvolve persoal e profesionalmente e con unhas determinadas etapas ata os 40 anos de carreira (Entrada e descubrimento, Estabilización, Diversificación ou reprantexamento, Serenidade ou Conservadorismo e Ruptura)

Según Lourdes Montero hai diversas dimensións que deben posuír os docentes:

  • Colaboración e encontro profesional
  • Posibilidade de traballar en equipo
  • equilibrio nos equipos docentes
  • Interacción co contido
  • Participación e comunicación
  • Interacción ca comunidade
  • Autonomía profesional

 

Un centro ten un ciclo de desenvolvemento igual ca o dun ser humano, con nacemento, adolescencia, madurez e morte.

De cara aos procesos de asesoramento sírvenos para que cando un docente ou un centro evolucione positivamente tamén o fará os ámbitos curriculares de centro e para o centro; a cultura sexa un factor a estudar para non esquecerse das relacións profesionais do centro e ter unha idea clara sobre as accións e o seu significado, os motivos, as orientacións que moven o centro e ao seu profesorado.

Tipoloxías:

  • Cultura e subculturas
  • Topoloxía e denominación
  • Tipoloxía cultural e orientación
  • Relacións micropolíticas
  • Tipos de relacións profesionais (individualismo, balcanización, colaboración, etc.)
  • Capacidade de desenvolvemento (estancados, desencamiñados, dinámicos, paseantes)

Para rematar este tema quero puntualizar algúns detalles que poden levar a retrasar estas ideas.

Débese traballar cos profesores de maneira sutil e respetuosa ca súa profesonialidade, personalidade e intereses. O primordial é que se sintan seguros e cómodos no seu lugar de traballo para crear un clima de confianza.

Clima que ten que ver á hora de realizar o curriculum. Unha cultura do centro docente cuns modos particulares de acción, uns valores propios e un momento concreto de desenvolvemento que non debemos obviar.