Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

4.1. Modelos de asesoramento a organización educativas

Agora que xa se explicou que é o asesoramento e que é un fenómeno que forma parte da realidade educativa, definimos e caracterizamos a elaboración a formular sobre o mesmo: os modelos.

Neste punto, Nieto Cano aborda que é un modelo e en que virtude de que elementos o dota de contido.

Dous elementos van a constituír eixes fundamentais a efectos de dotar de contido aos modelos:

a)      O uso de coñecemento e experiencia das partes implicadas en relación co carácter e contido dos problemas que se abordan no asesoramento

b)      A estrutura de interacción que se constrúe entre as partes implicadas e que regula, á súa vez, o proceso que conleva o asesoramento.

Estes dous elementos ligados entre si, serven como parámetros para identificar e diferenciar tres modelos xerais de asesoramento, dun modo que aspira a ser razoablemente coherente e comprensivo. Para que sexa máis sinxelo, o asesor e profesor úsanse como termos para referirse á parte asesora e á parte asesorada.

Modelo de intervención:

A intervención define un tipo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesora. É ela quen interpreta e define, de acordo co seu propio marco conceptual, a realidade da parte asesorada, determinando as discrepancias entre o que esta é ou está facendo e o que debería ser ou facer, e prescribindo aquelas actividades que van a permitir solucionar os seus problemas, superar as súas necesidades ou compensar as súas deficiencias. Tal modelo de asesoramento encontra reflexo na metáfora do médico que diagnostica unha doenza e receta un remedio ao seu paciente.

O asesor interpreta e enxuiza o problema, fixa as metas a alcanzar e determinar os cursos de acción máis eficaces para a resolución do problema, o asesor toma a responsabilidade das decisións e o control das accións.

Paréceme un modelo que ten moitos puntos en común co Modelo Clínico que demos na clase tamén sobre todo pola figura do médico). Concrétase na entrevista, como procedemento característico para afrontar a intervención directa e individualizada e céntrase en satisfacer as necesidades de carácter persoal, educativo e socio- profesional do individuo, grazas á acción directa orientador- orientado.

Trátase dunha intervención basicamente terapéutica, aínda que en ocasións tamén poida ter carácter preventivo e de desenvolvemento persoal

Modelo de facilitación:

A facilitación define un tipo de asesoramento educativo centrado no punto de vista da parte asesorada. Basicamente, o sentido das decisións e das accións de cambio é tamén unilateral, pero neste caso a iniciativa é exercida polo profesor. Este modelo de asesoramento encontra reflexo na metáfora do psiquiatra que escoita ao seu paciente e trata de guialo para que encontre por si mesmo a solución ao seu problema. Dende un modelo de facilitación, o papel do asesor non consiste en diagnosticar un problema e suxerir á parte interesada unha solución; máis ben, estriba en averiguar como axudar ao profesor para que sexa el mesmo quen diagnostique o seu problema e encontre a súa solución.

Este modelo parte da seguinte premisa:  a organización coñece mellor que ninguén cales son as súas necesidades e que melloras deben introducirse na práctica educativa ou organizativa, asumindo para isto a iniciativa de cambio, o esforzo de reflexión e as accións para logralo.

Segue unha serie de aspectos:

-          Permitir aos profesores definir aspectos e problemas específicos da situación que comparten

-          Armonizar os aspectos teóricos cos problemas tal e como emerxen das reflexións dos profesores sobre a súa práctica concreta

-          Proporcionar oportunidades para que os profesores dean conta das súas reflexións a outros e se discuta en torno ás mesmas de modo que descubran conexións entre as experiencias individuais e poidan profundizar na súa propia comprensión.

De acordo co modelo de facilitación, o que fai o asesor é prover recursos de axuda á organización educativa ou a unha parte dela, despois de que esta determinara as súas necesidades e o seu plan de acción. O asesor:

-          Establece e sostén un diálogo sensible e mutuamente aceptado sobre os eventos que involucran ao asesorado

-          Alivia ao profesorado da necesidade de recoller por sí só as súas propias evidencias, actuando como un recurso de axuda

-          Observa procesos de resolución de problemas, relacións e actuacións

Este modelo parece ter algo de similitude co Modelo de Consulta sobre todo polo feito de que o asesorado pídelle consello ao asesor para realizar oportunamente o traballo que ten previsto. Aumenta a competencia do consultante nas relacións cos alumnos, familias... pode ser unha única persoa (alumno/a) ou un grupo de persoas (todo un centro educativo) e desenvolve as habilidades do consultante para que sexa capaz de resolver nun futuro un problema similar

Modelo de colaboración:

A colaboración define un tipo de asesoramento educativo baseado na interdependencia entre a parte asesora e a parte asesorada. En esencia, a toma de decisións que afectan á resolución de problemas é consensual, exercida por asesor e profesor en condicións de igualdade de estatus e responsabilidade compartida, sendo a influencia bilateral e paritaria

Ten que seguir unha serie de condicións:

-          Reafirmar a mutua consideración, aceptando que os coñecementos e habilidade do outro son tan importantes e valiosos como os propios e asumindo que constitúen unha fonte de aprendizaxe mutuo

-          Buscar acordos en metas e expectativas sobre a base de clarificar e revisar abertamente os intereses previos de cada unha das partes

-          Implicarse activamente na resolución de problemas

O modelo debe ser (según Hargreaves): Espontáneo, Voluntario, Orientado ao desenvolvemento, Xeneralizado nos seus tempos e espazos e Imprevisible.

A relación paritaria faise realidade por medio dun proceso de negación e construción de consenso que se proxecta sobre dous elementos básicos:

  • Comunicación constante nos dous sentidos
  • Unha distribución de poder entre asesor e profesor

Esta clasificación de modelos ten que contemplarse globalmente, de ningún deles podemos esperar que funcione por separado, nin pretender que emerxa como modelo superior ou mellor que os demais. O seu valor fundamental procede da coexistencia e a comparación. Ningún en particular erixiuse como marco dominante ou excluínte no sentido de demostrar ser máis útil ou eficaz en labores de asesoramento que outros.