Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

4.1.1. Modelos de Orientación e Asesoramento

Este apartado foi feito polos integrantes do grupo “La Tiza” e subido a Stellae  facendo un percorrido polas distintas clasificacións que fan distintos autores sobre os modelos de Orientación e como inflúe na nosa práctica.

 

Marco conceptual

Á hora de falar de modelos explicativos de orientación parecíanos necesario incluír un marco conceptual, e seguindo o texto de Esperanza Bausela Herraras. Modelos de orientación e intervención psicopedagógica: modelo de intervención por servicios; Universidade de León facilitounos a tarefa de búsqueda de información.

En primeiro lugar cando falamos de orientación é necesario ter en conta de que hai unha serie de modelos de intervención que van a enmarcar ou dar sentido aos nosos plans de actuación. Os modelos de orientación según Bisquerra (1998) suxiren procesos e procedementos concretos de actuación, é dicir, pódense considerar como “guías para a acción”.

Do mesmo estudo anteriormente mencionado cítanos varias definicións que son fundamentais para entender os modelos de orientación, aínda que obviamente, é un campo tan amplo que poderíamos seguir ampliando. Escollemos as definicións que máis nos chaman a atención: “Son una representación que refleja el diseño, la estructura y los componentes esenciales de un proceso de intervención” (Álvarez y Bisquerra, 1997:23).

“La representación de la realidad sobre la que hay que intervenir, y que va a influir en los propósitos, los métodos y los agentes de dicha intervención” (Rodríguez Espinar y otros, 1993).

Polo tanto, un modelo teórico, é un marco que ampara e guía as decisións que se deben tomar e no que baseamos as propostas, accións, decisións... para a intervención. Asúmese un modelo, como un marco de acción que respalda as propostas; por iso asumir e explicitar un modelo posúe a vantaxe de poder xustificar o que, por que e para que do que facemos. Está polo tanto entre a teoría e a práctica, xa que, se asemella a un plan ou guía para a acción e tamén se achega á idea de teoría ou marco explicativo da realidade

Clasificación dos Modelos de Orientación según diversos autores

Faremos a continuación, unha breve referencia aos modelos que nos podemos encontrar no campo da orientación e do asesoramento. Cabe destacar que os modelos teñen diferentes clasificacións dependendo da variable da que xorde dita clasificación.

Polo tanto, imos a realizar un percorrido polas distintas clasificacións realizadas por diferentes autores que tomaron como referencia unha variable distinta e polo tanto a clasificación varía dunhas a outras; para elo, facemos referencia tanto ao texto anteriormente citado de Esperanza Bausela Herreras e tamén outro fragmento do libro de Modelos de orientación en educación de Antonio Matas Terrón que nos serven de base para facer un percorrido polas distintas clasificacións.

Encontrámonos ca clasificación realizada por Velaz e Ureta (1998) según o criterio utilizado podemos partir dun criterio histórico temos a clasificación de Rodríguez Monereo (1995:21 – 51), distingue os seguintes “modelos de orientación educativa y profesional en el siglo XX”:

  • Modelos históricos; o modelo de Orientación Vocacional de Frank Parsons (1980), e o modelo de Brewer que asimilaba a orientación e a educación (1914).
  • Modelos modernos de Orientación Educativa e profesional: Destacamos a orientación entendida como clasificación e axuda ao axuste ou adaptación (de Koos e Kefauver, 1932); A orientación como proceso clínico; A orientación como consello proceso de axuda para a toma de decisións; A orientación como sistema metodolóxico ecléctico.
    • Modelos contemporáneos de Orientación (centrados na institución escolar e nas organizacións educativas): no que se inclúe a orientación como un conxunto ou constelación de servizos; a orientación como reconstrución social; A orientación como acción intencional e diferenciada da educación; a orientación facilitadora do desenvolvemento persoal; modelos centrados nas necesidades sociais contemporáneas; a orientación como técnica consultiva ou intervención indirecta; as intervencións primarias e secundarias: a teoría da orientación activadora; os Programas Integrais de Orientación preventiva; Orientación para a adquisición das habilidades de vida.

 

Parker (1868), clasifica os modelos en función do estilo e a actitude do orientador no desenvolvemento da súa función, en relación con dous eixos (directividade – non directividade e enfoque existencialista –condutista), distinguindo; modelo de rasgos e factores, modelo espontáneo – intuitivo; modelo rogeriano; modelo pragmático – empírico; modelo condutista; modelo ecléctico.

Seguindo a Escudero (1986) clasifica os modelos en función do tipo de relación que se establece entre orientador e orientado. Deste modo a clasificación sería:

  • Modelo psicométrico: Onde o orientador é un experto en técnicas de orientación, e o orientado o destinatario dos resultados das mesmas.
  • Modelo clínico-médico: O orientador é un diagnóstico e deseñador de intervencións, que son postas na práctica polo titor/profesor.
  • Modelo humanista: O profesor adquire o papel de orientador activo. A orientación enténdese como un proceso de axuda ao individuo.

Nun traballo desenvolvido por Repetto (1994) con obxecto de valorar os logros das investigacións básicas e aplicadas na Orientación Educativa entendida como Intervención Psicopedagóxica, diferenza catro tipos de modelos; Asesoramento ou Consello (counseling), servizos puros ou mixtos, programas, consulta e tecnolóxico, centrándose no seu estudio céntrase no modelo tradicional de carácter terapéutico e personalizado que reside no Asesoramento ou Consello e no modelo de intervención por programas.

Álvarez e Bisquerra (1997), clasificaron os modelos de orientación combinando tres criterios que non son excluíntes e é a clasificación que imos a seguir para avanzar en cada un dos modelos.

Estes autores combinaron o carácter teórico do modelo, o tipo de intervención e o tipo de organización ou institución na que se leva a cabo.

En primeiro lugar, hai que facer referencia aos Modelos teóricos. Son elaborados por teóricos que completan diferentes correntes psicolóxicas explicativas dos procesos de ensinanza-aprendizaxe. Algúns exemplos son o modelos psicanalítico, o modelo humanista, modelo cognitivo, entre outros.

Os modelos de intervención clasifícanse á súa vez en modelos básicos de intervención e modelos mixtos.

Os modelos básicos de intervención sitúanse o modelo clínico, de programas, de consulta.

O modelo clínico, counseling ou atención individualizada céntrase en satisfacer as necesidades de carácter persoal e satisfacer as necesidades de carácter persoal, educativo, profesional, social do individuo. Realízase grazas á acción directa do orientador-orientado. En principio é unha intervención terapéutica, aínda que tamén pode ter carácter preventivo ou de desenvolvemento persoal. Utilízase frecuentemente a entrevista individual de forma directa.

O modelo de programas, Bisquerra (1998:61) define o programa como “una acción continuada, previamente planificada, encaminada a lograr unos objetivos, con la finalidad de satisfacer necesidades y/o enriquecer, desarrollar o potenciar determinadas competencias”.

Cabe destacar que cando se realiza un programa falamos dunha actividade planificada, enmarcada de forma teórica; a aplicación do programa require unha actuación colaborativa, aberta a distintos contextos, no que se pretende dar resposta a unha serie de necesidades detectadas anteriormente.

Caracterízase porque se basea na identificación de necesidades, ten uns obxectivos establecidos previamente, e as actividades están planificadas. Ademais require dunha avaliación.

Modelo de consulta, seguindo a definición de Caplan e Bisquerra (1998:62) definen este modelo como “la relación entre dos profesionales generalmente de diferentes campos: un consultor (orientador, psicopedagogo) y un consultante (profesor/a; tutor/a; familia)” o que propoñen é unha serie de procesos ou actividades ca finalidade de axudar/asesor a unha terceira persoa ou institución.

Interésanos destacar a natureza tríadica no modelo de consulta, porque poñen en xogo ao consultor/a, o consultante, e orientado/asesorado, por elo a intervención é indirecta.

Modelos mixtos de intervención son unha combinación de modelos básicos. Algúns destes modelos son o modelo comprensivo de Gysbers, modelo socio-comunitario, o modelo sistémico, psicopedagóxico, ecolóxico, entre outros.

Comentaremos o modelo psicopedagóxico, porque é o que se enmarca na LOXSE (1990), porque está baseado na concepción construtivista do aprendizaxe escolar. O que se pretende ao seguir este modelo é adaptar as características de actuación da escola ás necesidades, intereses do alumnado. Os procesos de interacción ábrense a un contexto máis amplo, ao contexto social do alumnado. A finalidade do modelo é mellorar os procesos de ensinanza-aprendizaxe.

As características deste modelo podémolas resumir nunha intervención normalmente indirecta (consulta), a función do orientador é indirecta porque presta atención á institución e ao profesorado; a intervención directa nas aulas, correspóndelle aos mediadores (titores) mediante o Plan de Acción Titorial; obviamente, o orientador tamén fará intervencións directas na aula. Tamén se caracteriza este modelo pola intervención grupal, e en certos momentos a individualizada. Destaca tamén a intervención interna porque se implica todo o claustro no proceso; e é proactiva, centrada na prevención e o desenvolvemento. Tamén é unha intervención mediante programas de carácter comprensivo, constitúen sistemas de programas integrados (SPI) que son levados a cabo por parte dos titores e do profesorado.

 

A continuación imos a facer referencia aos modelos organizativos, que se diferencian en dúas tipoloxías: modelos institucionais e modelos particulares.

Os modelos institucionais: son xestionados dende as propias administracións públicas e serán os encargados de formular as propostas de intervención psicopedagóxica para os distintos territorios: Europa, España, Galicia, etc. Exemplo: Modelo MEC.

Os modelos particulares, están situados dentro dun marco dun modelo institucional. A súa inspiración fundaméntase nun modelo teórico, que na práctica poñerá o énfase nalgún dos modelos básicos de intervención. Exemplos: Gabinetes Privados de Orientación…

 

Clasificación dos Modelos de Asesoramento

Á hora de buscar información sobre as clasificacións realizadas de modelos de asesoramento encontramos un artigo no que nos explica de forma moi amena como foi evolucionando o asesoramento e os diferentes modelos; está baseado no artigo que se publicou na Revista Avances en Supervisión Educativa que é a Revista de la Asociación de Inspectores de Educación de España de “Inspección y asesoramiento: el difícil equilibrio entre el control y la colaboración”, por Mª José Madonar Pardinilla, Inspectora de Educación de Huesca (Aragón) publicado no ano 2006 na Revista nº2 e que pode ser consultado no seguinte enlace:

http://adide.org/revista/index.php?option=com_content&task=view&id=74&Itemid=29

A labor de asesoramento evolucionou ca evolución do concepto de mellora, pasando de modelos máis “intervencionistas”, derivados da necesidade de diseminar as Reformas escolares, a modelos facilitadores ou de colaboración ata o que se ven agora chamando “amigo crítico” que está pouco desenvolvido na práctica sendo máis un ideal que unha concreción.

En España, ca Reforma Educativa do 90, potenciáronse os apoios externos de cara a difundila (CEPs, UPEs, reconversión dos EOEPs, RD 2112/1984 de creación de CPRs). En principio, o asesoramento plantéxase dende a política educativa cunha función de difusión da Reforma e de “control” do propio cambio (Moreno Olmedilla, 1999).

Os distintos servizos xurdidos (CPRs, UPEs), reconvertidos (EOEPs) ou existentes (Inspección) van confluíndo nunha nova tarefa sistemática, aínda que sen ter existido unha definición nese momento do rol asesor nin unha búsqueda de encontros profesionais tendo o centro como referencia, para non caer na desorientación ou duplicidade de funcións que, en ocasións, foi evidente (Madonar, 2001).

É a finais dos 90, unha vez difundida cando empeza a plantexarse unha certa evolución do modelo de asesoramento como “intervención” a modelos máis “facilitadores” (Nieto, 2001) aínda que, en xeral, descoordinados uns apoios de outros.

O asesoramento é unha práctica controvertida con moitos matices e arestas o que revela a súa gran complexidade. Pero convén resaltar algúns enfoques e características que lle son propias para servirnos de referente:

  • Dende unha visión centralista do currículum e modelos racionalistas, o asesor é un experto que domina determinados contidos e posúe un coñecemento válido e unhas técnicas eficaces que poden aplicarse a calquera contexto (Bolívar, 1999). Caracterízase por relacións xerárquicas e dominadas polo asesor, operando de “arriba-abaixo”; o seu coñecemento e experiencia proporciónanlle lexitimidade para dirixir a axuda. Tratase do “experto” o cal lle da “autoridade” ante os asesorados. Pode utilizar estratexias “coercitivas ou de poder” ou “persuasivas/racionais” (Nieto, 2001).
  • Dende unha visión descentralizadora do currículum, contextualizada, e modelos interpretativos, o asesor é un facilitador de procesos, partindo das características de cada centro e as necesidades dos asesorados. O asesor é un recurso do profesorado para mellorar a súa práctica ou o centro no seu conxunto. Plantéxanse estratexias non directivas e séguese un esquema de “abaixo-arriba”. A relación constrúese. Non hai un “experto”. É o asesorado o que marca as necesidades.
  • Dende a consideración da autonomía do centro e modelos críticos, o asesor é un “colega ou amigo crítico” predominando o enfoque colaborativo onde hai unha interdependencia entre asesor e asesorado, unha construción conxunta de tarefas negociadas (Nieto, 2001). O asesor plantéxase “traballar con” en lugar de “intervir en” (Bolívar, 1999), de maneira continxente, onde cada escola é diferente e supón asumir novas estratexias. Preténdese un desenvolvemento do centro e as prácticas, unha capacitación dos asesorados para promovelo, unha mediación entre o coñecemento e a práctica. Trataríase dunha colaboración “xenuína e voluntaria” (Hargreaves, 1991). O asesor e asesorados manteñen unha corresponsabilidade e liderazgo compartido. O asesor busca crear capacidades, dar poder aos asesorados para xestionar a mellora e o cambio, e en definitiva, facerse prescindible.

Hai que sinalar que non existen prácticas que se asimilen a modelos puros de asesoramento xa que estes non están totalmente clarificados (Nieto, 2001). Por outra parte, como sinala este autor, as urxencias da práctica fan que non se poidan experimentar modelos de maneira sistemática.

A posibilidade de investigar a función asesora, experimentar, coordinar axentes asesores, aglutinar servizos, deseñar novos roles que exerzan esta función, é relevante de cara ao futuro e sería imprescindible para abordar esta tarefa de maneira coherente e comprometida co profesorado en beneficio da mellora do aprendizaxe do alumnado e do desenvolvemento da comunidade educativa.

É importante sinalar como resumen a este punto, como di Domingo, (2004), que “por lo general se entiende como ideal el modelo de colaboración crítica, aunque se surta en determinados momentos de otros vericuetos estratégicos, operativos o puntuales más próximos a los otros modelos y que termina por conformar un espacio de potencialidad de colaboración en torno a un momento de colaboración técnica