Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

4.2. Rasgos de configuración dos sistemas de apoio externo aos centros educativos

No noso contexto institucionalizáronse basicamente dúas estruturas de apoio e asesoramento externo:

-          Os Equipos de Orientación Educativa e Psicopedagóxica

-          Os Centros de Profesores (CEP)

Según Louis et al. (1985) o conxunto de elementos e decisións que teñen que ser considerados á hora de deseñar e xestionar un sistema de apoio externo pódense agrupar en tres grandes dimensións:

Dimensión Estrutural

Esta dimensión inclúe todas aquelas características e decisións relacionadas co deseño xeral do sistema de apoio. Constitúe o esquema organizativo do servizo de asesoramento. Nesta dimensión as decisións que se toman corresponden a un nivel de política educativa, xa sexa nacional, rexional ou local. Cuestións como o número e o tamaño das unidades organizativas que constitúen o servizo e as relacións entre elas, a financiación e recursos a empregar, o perfil dos profesionais que as constitúen, etc. poden ilustrar o tipo de decisións que engloba esta dimensión.

Dimensión Estratéxica

Constrúea o conxunto de Estratexias de actuación. Está referida a todas aquelas cuestións e decisións en torno ao tipo de estratexias básicas que se empregarán para proporcionar apoio ás escolas, profesorado, etc. Constitúe, en conxunto, o modelo de actuación do servizo. Nesta dimensión as decisións a tomar compren como norma aos administradores, coordinadores ou responsables dos distintos servizos de asesoramento.

Un compoñente fundamental da mellora, ademais de determinadas prácticas e procesos, son as persoas.

Dimensión Operativa

Esta outra dimensión contempla todos aqueles aspectos e decisións que se refiren ao tipo de accións deliberadas que teñen lugar no traballo cotiá dos servizos de apoio externo. Aquí as decisións son tomadas polo propio equipo e persoal que desempeña roles de asesoramento que adoitan ter certa liberdade con respecto ao modo de relacionarse con escolas e profesores. Como por exemplo cabe citar: atender e centrar o esforzo de asesoramento nunha soa escola ou repartido atendendo a moitas; priorizar a atención cara aqueles centros con maiores posibilidades de éxito ou ben atender prioritariamente aos centros e profesores máis necesitados, etc.

Según Louis et al. (1985) teñen que se tomar unha serie de decisións operativas nesta dimensión: o apoio ten que ser previo ao proceso de cambio e mellora, a intervención asesora ten que buscar unha alta implicación do profesorado ou desenvolverase con baixa implicación por parte deste, o foco de atención constituirao o cambio nas persoas e relacións ou ben serán as prácticas curriculares e educativas do centro.