Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

4.3. Funcións de asesoramento

4.3. Funcións de asesoramento

Última actualización de en Alberto Martínez Antelo

A función e rol do asesor/a, así como das tarefas das que se responsabilizarán en cada centro concreto debe ser froito dun proceso dialéctico de debate, negociación e consenso no seno do equipo implicado no proceso de desenvolvemento

Según o propio Domingo Segovia dende unha perspectiva de desenvolvemento e unha práctica emerxente da reconstrución escolar de corte crítico, que proclama o valor do coñecemento xerado na comunidade de traballo ou profesional plenamente inscrita no contexto de traballo, serán os propios profesores quenes deseñan, producen, implementa, cuestionan, etc. As súas propostas curriculares e nas que a función asesora é repartida e compartida polos axentes de cambio.

Principais funcións do asesoramento

No noso contexto as labores dos “asesores de formación” adoitan consistir en: 1) organización, ponencia, seguimento e avaliación de actividades regradas de formación (auspiciadas pola administración educativa ou a petición do profesorado); 2) asesoramento a grupos de profesores no propio centro ou a profesores individuais; 3) búsqueda, análise, deseño e elaboración de documentación e materiais didácticos; 4) realización de traballos burocráticos e de xestión; 5) traballo de coordinación e formación interna no seno dos CEPs/CPRs e 6) outras actividades imprevistas.

Ademais de:

  • Creación de relacións de confianza, claridade de metas e definición precisa de funcións, responsabilidades e expectativas
  • Diagnóstico da organización
  • Activación de procesos de desenvolvemento inspirados na resolución de problemas
  • Facilitación do traballo e dos procesos de grupo
  • Facilitación da utilización de recursos
  • Creación de capacidade, confianza e compromiso para a continuación de procesos de mellora

 

Unha forma máis fácil de recoller as funcións do asesor sen ter que facer múltiples listados é por ámbitos de acción:

Comunicación e coñecemento

  • Establecer e manter unha comunicación aberta, con unha linguaxe comprensible, un discurso vinculado a situacións da práctica e que retome a propia voz dos profesores.
  • Clarificación de expectativas, discutir, aclarar, negociar, transixir, ofrecer e obter compromisos

Apertura do campo  ou contacto visual

  • Facerse nativo (colega aínda que con certo distanciamento afectivo e profesional) para comprender as claves culturais e o desenvolvemento histórico do centro
  • Participar activamente na construción e o mantemento produtivo de redes (internas, externas e virtuais) de canles estables e fluídos de comunicación e interrelación
  • Estimular a creación dun grupo interno de liderazgo, asesoramento, enlace e ponte

En función do momento do desenvolvemento dunha innovación

Nun proceso de resolución de problemas

-          Funcións:

  • A facilitación (de información, recursos, estratexias...)
  • A catalización (para estimular a innovación e os novos procesos de autorrevisión
  • A comunicación e dotación de recursos pertinentes cas demandas, necesidades e enfoques de mellora
  • A aportación de consellos e solucións que emanen do propio proceso

Funcións do asesor para potenciar procesos de aprendizaxe organizativo

  • Examinar o estado de aprendizaxe dunha organización xerando un clima de confianza para iniciar un proceso de mellora
  • Idear conxuntamente un plan de implementación
  • Axudar a xestionar o aprendizaxe
  • Da formación ao aprendizaxe
  • Dotarse de estratexias e instrumentos para incrementar o aprendizaxe
  • Apoio ao aprendizaxe continuo

Dentro dun proceso de autorreconstrución escolar

Fases: Contacto inicial, Autorrevisión e priorización de necesidades, planificación da acción, desenvolvemento e seguimento, avaliación

Pero que precisa un asesor á hora de actuar e cando ten en fronte a un grupo de persoas que necesita das súas habilidades? Recóllense a continuación as funcións do asesor na “encrucillada”

  • Ser equilibrista (capaz de permanecer na perspectiva que se defende)
  • Máis dende o posible e os logros, que dende as propostas
  • Pintor de soños e realidades e mediador de coñecemento
  • Colega crítico que renuncia á súa catalogación como “experto infalible”
  • Estratega crítico, atento e eticamente consciente
  • Transformador sutil de dificultades en posibilidades e estratega do diálogo franco e igualitario na interacción profesional