Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

4.5. Estratexias e instrumentos de asesoramento

A autora deste capítulo recolle unha gran cantidade de estratexias e instrumentos de asesoramento para unha mellor recollida de información e elaboración das actividades. As estratexias para o asesoramento agruparanse en función de distintas variables de clasificación, según:

a)      As Fases de desenvolvemento da innovación (Inicio, desenvolvemento, institucionalización e esgotamento cambio)

b)      O modelo de asesoramento elixido (implantación (dicir, contar, mostrar e implantar) e desenvolvemento (preguntar, indagar, dialogar, discutir e desenvolver))

c)       O proceso de asesoramento (fases: construír as condicións iniciais conxuntas, autorrevisión da práctica, identificación, priorización e clarificación das necesidades, elaboración de plans de acción, posta en práctica e desenvolvemento e avaliación e seguimento)

O rol de asesor. Estratexias:

  • Difusión, información e coñecemento
  • Resolución de problemas ou atención a necesidades urxentes de especial dificultade
  • Estimular o aumento do coñecemento do profesor
  • Dotar de procesos de traballo e ferramentas de reflexión

As diversas estratexias de asesoramento diferéncianse entre elas polos compoñentes e as actividades que se realizan. Son:

Estratexias de comunicación

Compoñentes:

-          emisor

-          mensaxe

-          A audiencia

-          clima de relación

-          A linguaxe

Estratexias de presentación

Poden aparecer tres situacións entre asesor e profesores:

que o asesor sexa coñecido polos profesores

                               que sexa descoñecido para estes

                               que entre os profesores non se coñezan ou non teñan relación

Estratexias para estimular a reflexión

Os asesores despregarán un certo número de instrumentos que estimulen a reflexión nos profesores, que aumenten o coñecemento de estes e que os habiliten para resolver problemas por sí sós.

 

Atopamos un cadro que recolle unha serie destas estratexias:

Diario ou caderno de campo, historias da vida, conversación cun colega crítico, estudos de caso, lectura de documentos, seminario reflexivo, ciclo reflexivo de Smyth, Representación, viñeta narrativa, mapas cognitivos, o muro, análise de necesidades, etc.

Pareceume remarcable o ciclo reflexivo de Smyth xa que recolle practicamente todo as demais estratexias nunha soa moito máis completa e elaborada.

Estratexias de participación

Os beneficios que obteñen os profesionais que practican estas estratexias tradúcense en que os participantes reforzan a súa confianza e a súa competencia e ademais en que estes constrúen unha rede sólida de colaboración que os libera do illamento profesional ao que están sometidos, facendo que a estrutura de colaboración continúe ao longo dos anos vindeiros.

Estratexias:

  • Celebración de reunións
  • Conseguir a asistencia plena
  • Provocar a participación nas reunións
  • Desenvolver a mecánica do traballo grupal
  • Avanzar cara o acordo nas tarefas
  • Facilitar o traballo do grupo para que se consiga
  • Posta en práctica dos resultados do grupo
  • Avaliación do grupo
  • Vinculación dos grupos e o traballo en grupo ao centro

Pódense clasificar en dous amplos apartados: técnicas de Ambientación e técnicas de Traballo

-          As primeiras teñen por obxectivo a comprensión e o diagnostico dunha situación así como averiguar por onde se decantas as actitudes dos implicados.

  • Philips 6/6
  • Tormenta de ideas
  • Técnica de grupo nominal (TGN)
  • Cuchicheo

-          As segundas facilitan o análise e a toma de decisións

  • Panel
  • Mesa redonda
  • Conferencia
  • Asemblea
  • Entrevista
  • Dramatización

Todas elas son moi levadeiras e prácticas pero quería resaltar a importancia da Dramatización nestas estratexias. Unha representación é a mellor forma de amosar un exemplo dunha situación nas que os nosos compañeiros poden tomar nota dunha maneira real e verídica de como se pode resolver determinados problemas. Como actor novel que son apoio este tipo de estratexia como futuro educador e asesor.

Estratexias de avaliación

Divídense en cuantitativas e cualitativas. Por exemplo:

  • Os cuestionarios de elaboración propia ou estandarizados
  • Os exames e tests
  • A entrevista individual cara os profesores e os asesores
  • A documentación: o tipo, a cantidade e a calidade da documentación ollada
  • A observación propia e cara os demais
  • A autorreflexión escrita, que explica o por que do éxito e do fracaso
  • Os grupos de discusión onde se deixan falar aos protagonistas (profesores e asesor) estando os uns e os outros en presenza dos outros e se lles permitirá reflexionar e opinar sobre a impresión que cada cal tivo e sobre a efectividade lograda