Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

5.3. O asesoramento para a resolución de conflitos de convivencia en centros escolares: o enfoque de “resposta global”

Este capítulo presenta o análise de dous casos relacionados ca promoción pro-social dentro do noso sistema escolar. O estudo levouse a cabo de xaneiro a xuño de 1998 en dous centros públicos situados na provincia de Madrid, un deles de primaria e o outro de secundaria.

A escola primaria está situada en Pozuelo de Alarcón, unha localidade a só seis quilómetros ao noroeste de Madrid, de nivel económico bastante alto en xeral (dito municipio ocupa o primeiro posto en termos de renta per cápita dentro de España) e cunha poboación en aumento de emigrantes procedentes de África, Latinoamérica, Europa do Leste e China. Non fai falta dicir que os nenos pertencentes a ditas minorías van ás escolas públicas do municipio. O centro de secundaria está situado en Xetafe, unha localidade da periferia, ao sur da rexión, pertencente a unha comunidade de clase media-baixa, pero cultural e eticamente máis uniforme que a primeira.

Reuniuse datos a partir das seguintes fontes:

  1. A observación e o análise de casos dos alumnos implicados
  2. Entrevistas cos profesores, alumnos e pais seleccionados
  3. O diario dos asesores-investigadores
  4. O análise dos documentos elaborados nos centros acerca dos problemas e manifestacións de conduta antisocial (iniciativas anteriores)
  5. Os ensaios e probas realizadas
  6. Un cuestionario de preguntas aos profesores para expresar  as súas opinións

Partiuse dun enfoque de resposta global da escola para a prevención da conduta antisocial e a promoción da conduta pro-social. Contaba cas seguintes fases:

-          Iniciación e creación de condicións

Crear unhas condicións de traballo adecuadas para comezar a traballar

-          Autorevisión da escola

Esta fase incluía a recollida de datos acerca dos problemas e dificultades que tiña a escola nese momento con respecto á conduta antisocial. Seis categorías diferentes de fenómenos e manifestacións de comportamento antisocial nun centro escolar:

  • Disrupción nas aulas
  • Indisciplina (infraccións e conflitos cas normas da escola/aula)
  • Bullying (Intimidación e victimización entre iguais)
  • Vandalismo
  • Violencia física (agresións, extorsións, uso de armas) e
  • Acoso sexual

-          En busca de solucións

O seguinte paso era iniciar un proceso sistemático de búsqueda de solucións para os problemas previamente identificados.

-          Traballo cas solucións: validación, priorización e formación específica e axustada

En primeiro lugar, a validación das solucións e as propostas. En segundo lugar, a priorización e o establecemento dunha certa secuencia para a execución das distintas accións propostas; e en terceiro lugar, especificar a demanda de actividades de formación consideradas necesarias para que o grupo de profesores puidera aplicar as solucións de forma eficaz.

-          Planificación

Chegado a este punto, os equipos de profesores acordaban unha serie de obxectivos concretos nos que se reflexaban as interpretacións prácticas das solucións xeradas en fases anteriores.

-          Posta en práctica e avaliación

Os resultados non se conseguen soamente con propoñer estas ideas. Non existen remedios rápidos nin solucións “precociñadas” para problemas deste tipo. Os problemas de comportamento antisocial teñen un considerable transfondo cultural, socio-comunitario e familiar. Non son alleos á tarefa nuclear das institucións educativas, a saber, a ensinanza e o aprendizaxe e preocupan e afectan a todos os actores da comunidade escolar.

Para unha consecución dos obxectivos que pretendemos recóllese unha categorización de ámbitos de solución:

  1. Aumentar e profundizar o coñecemento dispoñible sobre os estudantes de maneira que se poida ofrecer unha resposta educativa máis personalizada (especialmente no caso de estudantes en risco)
  2. Introducir cambios no curriculum escolar, facéndoo máis inclusivo e democrático e reconstruíndoo en torno aos valores democráticos (tolerancia, respeto, solidariedade e cooperación)
  3. Estimular e consolidar o funcionamento do grupo-clase, especialmente a través da elaboración de normas de comportamento na aula
  4. Favorecer a colaboración das familias co centro educativo participando nos procesos de decisión relativos aos temas de convivencia
  5. Tomar medidas específicas para afrontar a influencia do contexto socio-comunitario sobre o comportamento dos estudantes
  6. Revisar e mellorar os procesos de xestión da aula por parte do profesorado:interacción verbal e non verbal, discurso do profesor, estilo motivacional e resposta inmediata á disrupción na aula
  7. Desenvolver en todos os membros da comunidade escolar habilidades sociais de comunicación interpersoal e de resolución democrática de conflitos
  8. Crear estruturas e instrumentos para a promoción dunha convivencia máis racional e saudable (novas comisións, grupos de mediación, “defensor” do estudante, asociacións, actividades voluntarias, campañas, etc.)
  9. Traballar cas normas de convivencia no centro: proceso de elaboración das normas, procedementos para a súa aplicación e medidas a tomar cando son infrinxidas)
  10. Asegurar as condicións mínimas de seguridade no centro: seguridade física e medidas específicas ante situacións graves de violencia (casos de agresións físicas graves, uso de armas, extorsión, ataques sexuais, etc.