Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

5.4. Cando un profesor chega a un centro: acompañando os seus primeiros pasos

A incorporación de novos profesores ao centro é un dos momentos onde mellor se pon de manifesto a estreita relación entre o aprendizaxe e o desenvolvemento dunha profesión e as características organizativas do centro, en especial da súa cultura.

Móstranse aquí os tipos de relación que poden xurdir entre os profesionais:

  • Actitude de apertura ou, polo contrario de rexeitamento dos compañeiros profesores
  • Apoio ou desinterese profesional que se practique entre eles
  • A personalidade dos líderes, xa sexan formais ou informais
  • Grao de participación ou implicación que se oferte dende o equipo directivo
  • Compromiso de traballo cooperativo que se leve a cabo

É moi importante que no centro se crea relacións entre profesores-colega para unha fácil incorporación. Os colegas exercen unha influencia decisiva na socialización dos docentes, aínda que esta influencia ocorra na súa maior parte de maneira informal. O centro adquire a responsabilidade de facilitarlles unha entrada positiva no mundo da ensinanza que reforza o seu interés polo seu traballo e lles motive para continuar o seu propio desenvolvemento profesional. Necesítase a creación dun clima de seguridade que permita que os implicados intercambien experiencias e perspectivas persoais.

Para isto creouse os GAEP (Grupos de Apoio Entre os Profesores) como un modelo de asesoramento desenvolvido dende o marco das teorías do desenvolvemento organizativo, consistente na creación de pequenos grupos de compañeiro dun mesmo centro que traballan conxuntamente sobre problemas plantexados polos seus colegas. Características que definen a estes GAEP (Grupos de Apoio Entre os Profesores) por Parrilla (1998):

  • Simetría nas relacións
  • Apoio aos profesores
  • Flexibilidade técnica

 

Tamén se barallou a posibilidade da Supervisión Clínica como unha estratexia de asesoramento e como estratexia de apoio colaborativo que permite propiciar nos profesores momentos de reflexión sobre a súa propia práctica así como sobre as súas teorías implícitas de ensinanza dende o traballo conxunto e a crítica compartida.

Vexamos agora un exemplo dun caso en que un profesor mentor axuda a un principiante:

Pablo, un asesor veterano con vintecatro anos de experiencia docente e Xavier, sen experiencia docente na ESO.

Pablo comeza mostrándolle a Xavier o esquema da planificación da sesión de clase:

Contidos

Metodoloxía

Agrupación de alumnos

Centros de Observación

Sistema de observación

Bloque temático:

Interaccións que caracterizan o ecosistema

Tema: As Pragas

Concepto

Condicións que favorecen a aparición

Tipos

Efectos que producen

Métodos

Exposición dialogada

Métodos dedutivos

 

 

Recursos:

Pizarra

Libro de texto

Exposición do profesor

 

 

Gran grupo

Interacción verbal

 

Motivación dos alumnos

 

Participación dos alumnos

 

Atención

 

Ritmo da explicación

Vídeo

 

 

Sistema descritivo

 

A seguinte fase é a observación. A través dela ponnos en manifesto:

  • Modelos de interacción verbal: participan sempre os mesmos alumnos
  • Variedade de técnicas e material de ensinanza: O profesor limítase a utilizar o libro de texto
  • Éxito das explicacións
  • Variedade de métodos de ensinanza

 

 

As inferencias de Pablo son as seguintes:

  • profesor principiante ignora os ritmos de aprendizaxe dos alumnos, os seus intereses e motivacións.
  • Concede pouca importancia aos materiais
  • É un excelente comunicador

A través deste procedemento, o profesor veterano observou no profesor novel que debe traballar e reflexionar en:

  • Utilización variada de recursos e materiais didácticos para motivar aos alumnos
  • Posibilidade de combinar diferentes estratexias metodolóxicas
  • Considerar a implicación dos alumnos e a súa participación na clase
  • Analizar o perfil dos alumnos cos que actualmente traballa este profesor novel
  • Posibilidade de considerar ao alumno como centro do seu propio proceso de aprendizaxe

Por este mesmo motivo é necesario fomentar nos centros educativos unha cultura de colaboración entre os diversos profesionais que traballan nela, pero non só traballando en equipo en situacións puntuais, se non mediante a reflexión, o diálogo e o traballo crítico.

Levo realizando prácticas durante máis de catro cursos académicos, e podo dicir directamente que lo que máis predomina nun centro é a colaboración forzada. É verdade que unha certa parte dos profesores manteñen  colaboracións reais, intercambiando experiencias, comunicando obxectivos e propósitos, compartindo momento, etc. pero a gran maioría traballa de modo individualista, orientando o seu traballo cara a consecución dunhas metas prefixadas e incluso pisoteando a compañeiros.