Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

7. Autoobservación e autovaloración

Despois de facer un recorrido polos conceptos abordados durante o curso é hora de botar a vista atrás e reflexionar sobre o vivido e o aprendido nesta materia.

Creo que os meus coñecementos sobre a orientación e o asesoramento eran, nun principio, escasos. Pero grazas á elaboración deste portafolio e a indagación de información e intercambiar coñecementos cos compañeiros, nutrín os meus coñecementos e conto cunha visión moito máis ampla do asesoramento.

Debo agradecer a lectura do libro “Asesoramiento al Centro Educativo” de Jesús Domingo Segovia porque me proporcionou a información e sabiduría necesaria para poder comprender os obxectivos desta materia e coñecer pormenorizadamente os diferentes ámbitos en que está inmerso asesoramento. Despois de atar cabos do ano pasado e deste creo que o mundo do asesoramento está moito máis claro para min e entendo como diferencialo da orientación e a súa importancia á hora de mellorar un centro educativo e a todos os implicados no proceso educativo.

Á hora de realizar as páxinas do portafolio estiven perdido xa que non sabía como facelo, que escribir ou como relacionar toda a información coa que contaba.  Pero probando e ca axuda dos meus compañeiros deste ano e do ano pasado puiden aprender a partir dos meus fallos e da miña falta de experiencia.

Esta ferramenta de traballo a través de Stellae serviume para achegarme ás TIC’s e a todo un mundo de posibilidades que deixan de lado as antigas costumes de traballos en papel e boli e pásase a algo distinto e moito máis cómodo que non se podería facer doutro xeito debido á escasez de tempo, espazo e cuestións prácticas.

Con respecto á miña autoavaliación sei que o meu traballo non foi tan gratificante e extenso como moitos dos meus compañeiros por motivos que non son convenientes a destacar neste portafolios xa que é unha ferramenta para recoller información sobre asesoramento. Mais debo recoñecer que o meu desenvolvemento psicopedagóxico aumentou nestes meses grazas a este traballo e a esta asignatura porque puiden dar o mellor que teño e polo meu interés máis elevado ca o ano pasado de asistir a todas as clases que me foi posible. Os contidos que demos nesta materia e que aprendín lendo o libro antes citado permitiume relacionar o aprendido noutras asignaturas e enriqueceume máis como futuro docente e, quen sabe, asesor.

Non quero rematar este traballo sen eloxiar o papel da profesora e o seu arduo traballo por guiarnos e axudarnos en todo o proceso de aprendizaxe da súa asignatura. Sen ela non seríamos capaces de comprender a magnitude do asesoramento nin coñecer cales son os puntos básicos que necesitamos saber para un ámbito tan importante como é o asesoramento na psicopedagoxía.