1. Educación e sociedade.

1. Educación e sociedade.

Última actualización de en Eva Barbazán

La clase

Laurent Cantet quixo levar ás grandes pantallas de todo o mundo o día a día de do sitema educativo en moitos lugares. Mediante unha historia convencional, comeza o peimeiro día de clase nun instituto francés, que proseguirá con historias de rebelicón entre alumnos e profesores, entre o debate do castigo ou da ausencia deste, entre a verdade e a mentira. Diferentes zaras e etnias se manifesta nunha aula que titoriza François, un xoven profesor de lingua. Día tras día, os seus alumnos entablan unha loita constante contra o profesor. Da mesma forma, calquera alianza entre os alumnos e o profesor revélase como fráxil e fácilmente quebradiza, porque este último termina solo frente a eles, frente aos seus mesmos compañeiros y á dirección.

La clase non manifesta ningunha moralexa, senón que abre multitude de portas sen ofrecer unha solución, pero inevitablemente plantexa unha discusión ante os retos dunha sociedade cambiante. Esto, no caso francés, chega incluso a poñer en cuestión valores que asta fai pouco se consideraban inatacables, como la propia conciencia nacional. “La clase”,convértese así nunha película propia do sistema educativo, que nos desvela grandes necesidades e defectos deste pero que nos amosa tamén a súa parte máis desexada. 

Ampliar imagen

 

 

Ampliar imagen

 Fonte: http://criticas-de-cine.labutaca.net/la-clase-un-profesor-unos-alumnos-una-lucha-constante/

 

 

 

A resiliencia.

Na última das clases de Formación do Profesorado, un dos temas que xurdiron foi o da chamada resiliencia. A resiliencia é a capacidade para afrontar a adversidade e lograr adaptarse ben ante as traxedias, os traumas, as amezas ou o estrés severo. As persoas resilientes posúen tres características principais:

- Saben aceptar a realidade tal e como é.

- Teñen unha profunda crenza en que a vida ten sentido.

- Inquebrantable capacidade  para mellorar.

Pero a resiliencia non é algo que unha persoa teña ou non teña, senón que impliaca unha serie de condutas e formas de pensar que calquera persoa poida aprender e desenvolver.

Informándome sobre este tema en Internet, atopei a páxima do Instituto Español de Resiliencia. Este é un proxecto que xurde da demanda que recibe a Fundación Humanae por parte das empresas para previr o estrés e os riscos psicosociais derivados de este.

Constitúese como un proxecto independente en novembro de 2010, despois dunha década adicada á investigación sobre a resiliencia e da probada eficacia do Programa de Desenvolvemento Persoal impartido pola Dra. Santos. En maio de 2011 a SETEPT (Sociedade Española de Especialistas en Estrés Postraumático) anexionase ao IER como centro de foemación e investigación para o desenvolvemento da resiliencia.

Dende o IER adicanse principalmente a 3 ámbitos:

- Formación e desenvolvemento:elaboran programas e implantan proxectos adaptados ás necesidades dos clientes para alcanzar un nivel adecuado de resiliencia. Dentro de este ámbito realizan actividades para o desenvolvemento da resiliencia individual con ferramentas de coaching, e o desenvolvemento da resliencia organizativa mediante programas de empresa e proxectos de formación.

- Asistencia e prevención: preocúpanse por proporcionar ás persoas os recursos psicolóxicos necesarios que lles permitan afrontar con éxito as adversidades e retos na súa vida, facilitar ás organización as políticas, metodoloxías e recursos funcionais necesarios para que sexan capaces como sistema de dar resposta aos cambios e incertidumes do entorno. Realizan consultoría para a prevención do estrés e para o desenvolvemento da resiliencia persoal e organizacional.

- Divulgación:

  • Organizar Xornadas, Cursos monográficos e outros eventos abertos que propicien o encontro entre diferentes profesionales que traballan coa resiliencia e desexen compartir a súa experiencia.
  • Manter unha páxina Web actualizada: con esto pretenden xerar unha ventá aberta para divulgar e promocionar o paradigma da Resiliencia.
  • Animar a participar na rede ao máximo de persoas ca fin de recopilar persoaxes resilientes que sirvan de modelo de desenvolvemento da resiliencia nos distintos ámbitos.
  • Manter unha comunicación continua para intercambiar información e material de formación a quen o desexe.
  • Crear unha plataforma de profesionais, psiquiatras e psicólogos, e tamén capacitar aos que o desexen ou certificar a súa especialización se están traballando neste ámbito.
Aquí vos deixo un enlace de Youtube que nos explica un pouco máis sobre este tema:
 
Fonte:



"Educar...para que? " según José Luis Sampedro

De casualidade, atopeime hoxe cunha entrevista feita a José Luís Sampedro, escritor, humanista e economista español que avoga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de desenvolver a dignidade dos pobos.

Como é normal en Sampedro, fálanos desde a crítica, cunha base de reivindicación que plasma falando da economía e da educación.  Fálanos da toma de conciencia cidadá, xa que para que esta exista, debe ir á par da educación e a formación da xente.

E plantéxanos unha gran pregunta: para que educar? Pois ben, educase para o progreso, e como el di, “o progreso é unha cuestión de dirección, non so é unha cuestión cuantitativa”. O noso sistema apenas ten dirección e orientación e debido a iso, a humanidade non sabe a onde se dirixe, non hai unha humanidade común, a pesar dos adiantos de hoxe en día.

A realidade é que se nos educa na competitividade, en vez de facelo na cooperación e no acordo. Hai que educar ao ser humano para ser completo, para que chegue a desenvolverse completamente.

Reclama que a educación debe existir para que o home chegue a súa completa responsabilidade, o que implica o pensamento libre, xa que se non existe este non hai toma de conciencia. Ten que ser libre porque se pensamos coas ideas que nos impuxeron, estamos sendo  condenados a vivir outra vida que non é a nosa.

Educar para ser quén somos… e isto require tempo, cambio… e unha serie de factores que moitas veces non se teñen en conta o suficiente, e que fan que sexan o detonante dunha educación que non é buscada, na que falta a calidade que todos procuramos. Por iso, e como di Sampedro, reivindiquemos a educación para o pleno desenvolvemento cidadá, para a creación de persoas máis responsables, que sigan unha conciencia elaborada por eles, e non imposta polos precesores. Dediquémoslle tempo á formación e, a medio e largo plazo, notaremos os cambios.

 

 

 Aquí podedes ver a enquisa enteira:

Error processing the video

 

Movilidade Educativa

De acordo ao falado hoxe na clase, expoño a continuación información e significado da movilidade educativa.

Con este concepto referimonos aos logros que alcanza unha xeración en comparación con unha xeración anterior de referencia, por exemplo, a comparación entre o nivel educativo que teñen os fillos respecto do dos seus pais. Para realizar unha análise desta, necesitaremos duas referencias básicas:

- o logro educativo da xeración que estudamos.

- o logro educativo da xeración coa que a comparamos.

Pódese decir que o enfoque de movilidade educativa supón que o nivel educativo alcanzado polos fillos en boa medida está condicionado polo que teñen os seus pais.

Aquí, un gráfico sobre a situación española por Comunidades Autónomas.

 

cuadro_1_001.jpg

 O estudo desta, móstranos a evolución do nivel educativo xeral dunha determinada sociedade, o que permite coñecer os avances e retrocesos xeneracionais. Na historia recente, a pauta habitual foi a do crecemento sostido dos niveis educativos. O seu estudo permiter tamén valorar a capacidade que ten un sistema para compensar as diferenzas sociais.

Os logros educativos dunha persoa están condicionados por unha serie de factores, na súa maioría de tipo socioeconómico, como a clase social á que pertencen os proxenitores. Según determinados estudos, quenes pertencen a clases sociais máis altas teñen maiores probabilidades de acceder a niveis educativos superiores. Un sistema educativo miás igualitario limitaría a influencia de estas desigualdades de orixe e faría posible que os logros educativos dos fillos e as fillas foran menos dependientes dos logros educativos dos seus pais e nais. 

Bibliografia: 

http://www.uned.es/125028/images/Bibliografia/Calero_y_otros_Sociedad_Desigual_educacion_desigual.pdf