4. Opinión crítica

4. Opinión crítica

Última actualización de en Eva Barbazán

Pasado un cuatrimestre de 4º de Pedagoxía, é hora de cerrar este portafolio, e fagoo cunha valoración do trascorrido. Foron moitos os temas e os contidos vistos en Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, os debates, as preguntas e as opinións dadas nas clases... Por todo iso, considero que foi unha materia sobre toto participativa, onde se nos dou a cada un de nós a oportunidade de expresarnos de acordo aos temas relacionados coa docencia. Teoría e práctica combináronse conxuntamente no transcorrer das clase, dando uns resultados que chamaban a participación.

Pero o que máis valoro é a oportunidade de reflexión sobre temas que están estrictamente relacionados coa materia pero que non veñen no programa. Temas que son tan ou máis importante que os que alí se plasman, pero que moitas veces non se lles dá o mérito que se merecen.

Por iso considero que foi unha boa oportunidade para a recapacitación e a reflexión, para o debate e a opinión, pero sobre todo, para que cada un adquirise os coñecementos necesarios acerca da formación do profesorado e todo o que elo conleva e que, hoxe en día e dende sempre, foi e será tan importante para o sistema educativo e a sociedade en xeral.