3. O malestar docente.

3. O malestar docente.

Última actualización de en ...

O MALESTAR DOCENTE

Neste apartado falarei sobre un dos grandes problemas que afectan ó profesorado na actualidade: o malestar docente. Esta é unha doenza característica principalmente da actualidade, xa que é produto de numerosos factores propios da sociedade actual como a falta de recoñecemento do profesorado, os recortes que afectan á súa profesión, as características dos rapaces de hoxe en día, etc. Ademais, todos estes factores xuntos forman un cóctel que desencadea en problemas e malestar por parte dos profesores. Ademais, son os profesores máis capacitados, os máis competentes e os máis responsables os que máis afectados se ven por esta problemática, xa que o compromiso coa súa profesión lévaos a vivila dun xeito moi forte.

O estrés laboral e o malestar docente

Hoxe falarei sobre un tema que foi tratado na clase e sobre o cal se formou un gran e productivo debate: o estrés e o malestar docente, e as posteriores baixas médicas que supoñen no sector do profesorado.

Estrés laboral docente

Para comezar, gustaríame destacar o contexto particular no que ten lugar esta situación, un contexto no que se está producindo unha crítica xeralizada por parte da sociedade hacia o sistema educativo, o que ten unha consecuencia directa sobre os docentes: a caída da imaxe social dos mesmos. E é que a pesar da evolución que o sistema educativo experimentou o longo das últimas décadas, os profesores non teñen o recoñecemento que merecen, tendo na actualidade unha consideración bastante negativa por parte da sociedade.

Esta imaxe social que os profesores posúen, é un dos motivos do posterior estrés e malestar docente, pero non o único, xa que podemos destacar os seguintes:

  • A cantidade de traballo que se lles require que é superior as súas posibilidades, xa por falta de tempo ou exceso de tarefas.
  • A sobrecarga de tipo emocional. Desde o meu punto de vista este é un dos factores que máis desgastan da profesión docente, xa que é unha profesión que require un continuo contacto con persoas (principalmente nenos e persoas xóvenes), o que supón unha enorme sobrecarga emocional.
  • A ambigüedade na que o profesor non ten claro o seu rol como docente, é dicir, que é o que se espera del.
  • Conflicto de roles debido á percepción de instruccións que son contradictorias ós seus cometidos laborais.
  • Falta de apoio social por parte dos compañeiros e a escola.
  • Falta de coordinación para o traballo en equipo.
  • Desmotivación, apatía e indsiciplina por parte dos alumnos. Este é, pola miña experiencia como alumno, un dos motivos principais do malestar docente e do seu estrés laboral, xa que é moi difícil para un profesor manter unha clase na que un certo número de alumnos se caracterizan pola súa indisciplina ou a súa posición contraria ó profesor, xa que pode levar a unha perda da personalidade e da autoridade do mestre, facendolle perder o control da clase.
  • Obstáculos técnicos como problemas no material didáctico ou erros e averías na infraestructura ou instalacións.
Estes son os motivos que levan a un profesor a sufrir de malestar e estrés, o que pode desencadear nun problema psicolóxico como pode ser unha depresión ou síndrome de Bournout, xa que non tódalos mestres teñen a fortaleza e os medios para sobrepoñerse destas situacións.
 
Ademais, o estrés laboral que sufren os docentes pode desencadear outro tipo de consecuencias:
  • Pérdida de ilusión profesional.
  • Auméntase o esforzo, o que fai que aumente a súa sensación de estrés.
  • Aparece irritación, tensión ou medo incluso a compañeiros e alumnos.
  • Pensan esaxeradamente sobre as súas limitacións e teñen medo a que sexan percibidas polos seus compañeiros.
  • Sentimento de desvinculación dos compañeiros e do centro de traballo.
  • Sentimento de depresión ó rematar a xornada laboral.
  • Incapacidade de facer fronte a problemas de indisciplina.
Despois de falar das causas e das consecuencias do estrés que poden chegar a sufrir os docentes na actualidade, gustaríame rematar falando do tema das baixas médicas que sufren. No debate que se realizou na clase ocuparonse dúas posturas principais: unha que defende os problemas que sufren na actualidade os profesores e outra que se opoñía a estes problemas e as posteriores baixas médicas. Non me gustaría a min desprestixiar ningunha das dúas posturas, xa que despois do falado na clase as dúas posturas foron ben argumentadas, pero despois do falado nesta entrada, situaríame nunha posición de defensa das baixas médicas que sufren os profesores por estrés laboral (sempre e cando estean ben xustificadas). É moi fácil ver este problema desde fóra e desprestixialo, pensando que non se trata dun problema físico, polo tanto non require unha baixa médica, ou que o profesor ten que saber controlar este tipo de problemas; pero cando se coñece o actual sistema educativo desde dentro, os seus alumnos, a súa situación social, os seus pais... é moi comprensible que moitos profesores se sintan sobrepasados pola súa profesión e polo tanto sufran de malestar docente e de estrés laboral, xa que a profesión de docente na actualidade, non será unha profesión que desgaste fisicamente, pero si que é unha das profesións que maior desgaste moral e psicolóxico supón nos seus profesionais.
 
 
A información para a elaboración desta entrada foi extraída de:
 

http://www.estres.edusanluis.com.ar/2010/12/estres-docente.html

 

Pero ante o malestar docente, o sindicato ANPE publica a Memoria Estatal do Defensor do Profesor, onde ofrece á sociedade os datos de cada curso en relación ás denuncias efectuadas por profesores. Aínda que no análise realizado na clase se observa unha redución do número de denuncias, seguen sendo porcentaxes moi grandes, e incluso chama a atención como afirma que profesores de Educación Infantil comezan a denunciar situacións de acoso ben con pais ou con alumnos incontrolables.

Memoria estatal do defensor do profesor

Hoxe tratarei a “Memoria estatal do defensor do profesor”, a cal foi traballada na última semana de clases, adicada ó benestar e malestar docente, analizando o documento en grupo e empregando a técnica das tres Q (¿Qué prantexa?, ¿Qué interpretamos/dicimos? e ¿Qué propoñemos?)

Os puntos da memoria que foron tratados no noso grupo son os seguintes:

-          Agresións de alumnos cara profesores.

-          Acoso e ameazas de alumnos.

-          Grabacións, fotos, internet.

-          Danos causados a propiedades ou pertenzas individuais.


 1. ¿Qué plantexa?

Estes catro puntos fan referencia a conflitos que os profesores viven e que están relacionados cos alumnos.

Un aspecto que chamou a nosa atención ó traballar o documento na clase foi que os catro indicadores son considerados dun xeito positivo, pois o número de chamadas viuse reducido en tódolos casos.

Ademais, estes puntos reflexan a cantidade de situacións conflitivas que os profesores viven cos seus alumnos, as cales lles dificultan a realización do seu traballo. Ademais, observamos o amplo abanico que teñen os alumnos para atacar ós profesores: mediante agresións directas, mediante ameazas (normalmente escudándose no anonimato), grabacións, fotos ou internet (xa que non coñecen a ilegalidade destes actos) ou danos causados a propiedades ou pertenzas.

Ademais, unha das causas destes actos é o malo entendemento que os alumnos teñen da democratización da vida do centro escolar, xa que en moitas ocasións non son conscientes dos seus deberes, pero teñen unha sobreconsideración dos seus dereitos.


2.¿Qué interpretamos?

A partir destes datos, o que interpretamos e consideramos é que estamos a falar xa non dun problema dos profesores ou dos alumnos, senón dun problema social, é dicir, un problema da sociedade. Pois o feito de que os alumnos cometan este tipo de accións cos profesores non é un problema só dos profesores, xa que é un problema da educación que ofrecen os profesores, os medios de comunicación... pero principalmente os país, que en moitas ocasións limítanse a defender ós seus fillos ata límites insospeitables. É dicir, a educación que os nosos xóvenes reciben no seu fogar non está orientada a impedir este tipo de accións.

 

3.¿Qué propoñemos?

A proposta principal en relación a este tema sería a de unha maior autoridade por parte dos órganos directivos do centro, é dicir, defender ós seus profesores e tomar as medidas necesarias cara aqueles alumnos que imposibiliten a docencia ós profesores e nalgúns casos o desenvolvemento da súa vida con normalidade.

Outra proposte sería achegar os centros escolares ás familias, pois deste xeito existiría un maior consenso entre os dous, deixando atrás o distanciamento que existe para traballar este tipo de problemas dun xeito conxunto, pois a educación ofrecida na escola e no fogar deben complementarse para evitar estas accións.


Para rematar co tema do malestar docente gustaríame falar da resiliencia, que foi un concepto tratado na clase en numerosas ocasións e que na actualidade se converte nunha capacidade que tódolos profesores deberían posuír, pois é a alternativa ou a saída ante o seu estrés e malestar.

Resiliencia

Resiliencia: capacidade fundamental do profesorado.

Hoxe falarei sobre un concepto que se atopa directamente relacionado coas anteriores entradas sobre o benestar e o malestar docente e do que se falou na clase en numerosas ocasións: a resiliencia.

A resiliencia defínese como a capacidade dos suxeitos para sobrepoñerse a períodos de dor emocional e traumas. Cando un suxeito ou grupo é capaz de facelo, dise que ten unha resiliencia axeitada, e que pode sobrepoñerse a contratempos ou incluso resultar fortalecido por estes.

A resiliencia ten polo tanto unha grande relación co malestar docente, pois canto maior sexa a resiliencia dun profesor, menor será o seu malestar ou maior será a súa capacidade para sobrepoñerse a situacións difíciles. A continuación exporei os aspectos que axudarán a un profesor e a calquera persoa a ser resiliente:

  • A introspección, que faculta a persoa a entrar dentro de si mesma.
  • A independencia, que axuda a potenciar o establecemento dunha distancia emocional e física ante determinadas situacións, sen chegar a illarse.
  • A iniciativa, que capacita para afrontar os problemas e exercer control sobre eles.
  • O humor, que axuda a atopar o lado cómico das situacións adversas.
  • A moralidade, que invita a desexar unha vida persoal satisfactoria, ampla e con riqueza interior.
  • Habilidade para establecer lazos íntimos e satisfactorios con outras persoas.

 Polo tanto, considero que como se falou en diversas sesións da materia, a resiliencia é unha capacidade fundamental que os profesores deben posuír e traballar para superar posibles situacións de malestar docente. Isto é así xa que o malestar docente é unha situación innegable, que en ocasións se produce por condutas ou accións que incluso poden chegar a ser entendidas como propias da idade de certo sector de alumnos. Polo tanto, os profesores do século XXI máis que nunca teñen que ser “superprofesores”, pois xa non só teñen que ter coñecementos culturais, pedagóxicos, de relacións sociais... senón que é fundamental que teñan unha boa capacidade de resiliencia que lles permita sobrepoñerse a duras situacións que lles causen problemas e malestar.

 

Xa para rematar, gustaríame dicir que nas sesións nas que se falou de resiliencia sempre se falou dela como unha capacidade a desenvolver nos profesores e fundamental ante o malestar docente, pero na miña opinión tamén é moi importante propiciar a resiliencia nos alumnos, pois iso creará un clima de aula completamente positivo, e axudará a propiciar o benestar tanto de profesores como de alumnos. Entre os aspectos fundamentais para formar alumnos resilientes destacan os seguintes:

  • Apoio social dende dentro e fóra da familia.
  • Clima educativo emocionalmente positivo, aberto, orientador e rexido por normas.
  • Modelos sociais que estimulen a participación e condutas constructivistas.
  • Experiencia de autoeficiencia, confianza nun mesmo e concepto positivo dun mesmo.
  • Actuación positiva fronte ós indutores do estrés.
 
A información empregada para a realiación desta entrada foi extraída de: