5. Relación da materia co Practicum II

RELACIÓN DA MATERIA CO PRACTICUM

Imaxe MUPEGA


Neste cuadrimestre tivo lugar o Practicum II, polo que a materia de Formación e Desenvolvemento do Profesorado viuse afectada por un parón das clases durante mes e medio. Pero esta interrupción das clases non se debe de ver como unha perda de tempo de seguir traballando, senón que supuxo unha oportunidade para coñecer unha realidade profesional e poñela en concordancia co estudado na materia. A institución na que realicei as prácticas foi o Museo Pedagóxico de Galicia, cuxas características se explicaron brevemente no seguinte blog.

Prácticum II

Para comezar a miña nova andaina por esta rede, e despois dun tempo de ausencia intentando enfocar este novo camiño, gustaríame comezar falando do lugar no que estou realizando o Prácticum II de Pedagoxía, o Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela.

Para comezar, gustaríame ofrecer información sobre a institución para máis tarde falar dela desde un punto de vista que a poña en relación coa materia.

O MUPEGA foi creado mediante o Decreto 268/2000, do 2 de novembro (DOG nº 219 do 13 de novembro), a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, da cal depende administrativamente. Coa creación do MUPEGA retómase o intento da fundación dun centro museístico de cobertura territorial galega (datado en 1926), especializado en materia educativa. E crease este museo cunha ambiciosa intención, xa que dende o MUPEGA preténdese renderlles homenaxe a cantos mergullados no labor silandeiro e fecundo do día a día fixeron, fan e farán posible a educación das xentes de Galicia.

Polo que se refire ás actividades educativas que se desenvolven no museo, destacan as visitas guiadas, as cales deben de ser planificadas con anterioridade e están destinadas principalmente a grupos de alumnos (de diversos niveles educativos) ou a persoas maiores. Destacan tamén os congresos, xornadas… que de vez en cando se realizan no centro, as cales teñen un carácter formativo para os seus destinatarios. Outra actividade educativa que se leva a cabo no MUPEGA é a elaboración de publicacións.

En canto os obxectivos do museo, destacan os seguintes:

  • Recuperación, conservación, estudo e mostra daquelas producións e bens patrimoniais de interese para a historia da educación e a memoria colectiva da Comunidade Galega.
  • Especial atención ás realizacións educativas en lingua galega e ás referentes ao ensino da lingua e da cultura galegas.
  • Constitución dun centro documental e de recursos pedagóxicos que fornezan de instrumentos heurísticos e faciliten o estudo e a difusión da educación en Galicia na súa historia, actualidade e prospectiva. 
  • Realización de mostras educativas temporais e permanentes con fondos propios e alleos. 
  • Promoción de proxectos, publicacións e outras actividades para recuperar a memoria educativa de Galicia e dinamizar a súa realidade pedagóxica.

 

Xa desde un punto de vista máis persoal, e poñendo en relación o MUPEGA coa materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, gustaríame dicir que aínda que pareza que non é unha institución que garde unha estreita relación coa profesión docente, isto non é así. E confío en que non é así por que no periodo que levo pasado no MUPEGA, considero que un centro museístico pode ser un lugar cheo de recursos no que un profesor a partir dunha visita poda fortalecer unha aprendizaxe nos seus alumnos. E é que neste sentido o museo ten moito que ofrecer ós profesores e profesoras, xa que lles permite traballar unha temática, neste caso a historia da educación de Galicia, permitindo que os seus alumnos entren en contacto con ela, o que empregando as diversas propostas educativas que o centro oferta pode dar lugar a unha aprendizaxe extraordonaria por parte dos escolares.

Centrándonos máis no aspecto da formación do profesorado, o MUPEGA tamén ten unha gran importancia, principalmente en tódolos futuros mestres e mestras de Galicia, xa que é un centro no cal todos eles teñen a posibilidade de formarse a partir da aprendizaxe da historia da educación en Galicia, adquirindo coñecementos sobre o papel que históricamente desenvolveron todos eses heroes anónimos que foron os mestres e mestras de Galicia. O MUPEGA permite adquirir unha aprendizaxe que permite ós profesores, desde o meu punto de vista, situarse na realidade propia que Galicia supón no eido educativo, e permite coñecer o contexto particular no que eles actúan e como foi a evolución histórica dese contexto.

 

A información empregada para a elaboración desta entrada foi extraida de: 

http://www.edu.xunta.es/mupega/


Realizar as prácticas no MUPEGA supuxo coñecer unha realidade na que non se traballa con profesores, o que impediu ampliar os coñecementos da materia durante o período de prácticas. O perfil profesional do MUPEGA queda explicado no seguinte arquivo.

Perfil Profesional da institución do Practicum II (MUPEGA)

 

Pero aínda así e todo, coñecer unha realidade profesional, deume a oportunidade de analizar a formación na institución de prácticas, atendendo a aspectos como o lugar que ocupa a formación dentro da institución ou o desenvolvemento profesional que nela ten lugar.

A Formación na institución de prácticas (MUPEGA).

 

Xa para finalizar coa relación da materia co período de prácticas, elaborei unha entrevista cuxo guión foi realizado na clase con preguntas de interese sobre a institución en relación coa materia.

Preguntas sobre o Practicum II