E a viaxe continua...

Nesta nova páxina creada, continuo no punto onde o deixara anteriormente e prosigo comentando aquilo referido ó malestar dos docentes:

Entón, estimei oportuno pararme a tratar esta cuestión para o que elaborei unha nova entrada ó blog: 

SÍNTOMAS DO MALESTAR DOCENTE

Existen diversas causas que poden producir malestar nos docentes, pero realmente cales son os síntomas de dito malestar?

Ben, con esta entrada pretendo dar resposta a esta cuestión, analizando de primeira man algúns deses síntomas.

De sobra é ben coñecido por todos, que o estrés laboral ou “burnout” tamén denominado “síndrome do queimado”, foi adquirindo ó longo do tempo un gran protagonismo entre os síntomas de malestar docente.

Os síntomas propios deste síndrome, son a súa insatisfacción co traballo, negativismo, o aburrimento, a falla de prepación, a grande irritabilidade que manifestan os docentes, as frecuentes enfermidades e baixas por estrés laboral, afección da memoria, cansancio e ata inclusive a depresión (Eastman, 1996).

De todos estes síntomas que indico, segundo Dormann e Zapf (2002), índice directamente no desenvolvemento do “burnout” a irritabilidade dos docentes.

A actitude negativa dos profesores cara os propios estudantes tamén se considera como un síntoma causante do síndrome, debido á incapacidade que o docente pode manifestar para enfrontarse de forma eficaz as continuas agresións dos seus alumnos/as, os que á vez se constitúen como principais factores estresantes do quefacer docente.

Como resultado, os docentes sofren unha grande perda de enerxía así como unha reducción das súas capacidades de reacción.

Neste senso, autores como Xiao e Wen (2004), apuntan moi certamente que, consecuencia directa deste síndrome é o debilitamento global da súa saúde mental do profesorado, que se manifesta a través de afección das relacións persoais, hostilidade, comportamentos impulsivos, ansiedade e depresión.

Ante isto, reprodúcense nos docentes periodos de estrés crónico nos cales se ven reducidos o tempo adicado a dormir, o descanso ou á relaxación, de feito que tamén se ven afectados os seus hábitos de saúde.

 

En definitiva, veño de recoñecer que os principais síntomas que inciden directamente no malestar docente son a ansidade, a depresión, o estrés.

Ditos síntomas agrúpanse baixo o nome de “burnout”, que non é o máis que outra maneira de denominar o síndrome que padecen os docentes cando deben facer fronte a un gran estrés laboral.

Coido que o primordial para que os docentes superen este síndrome que veñen padecendo é ofrecerlles estratexias de enfrontamento ó mesmo, porque de non ser así o “burnout” vai interferir constantemente na súa vida persoal así como directamente na súa actividade física, intelectual e social. 

- Para a elaboración desta entrada, utilicei as seguintes fontes:

http://www.psicologia-online.com/autoayuda/burnout.htm

www.uclm.es/varios/revistas/docenciaeinvestigacion/pdf/numero7/Carmelo_Torre.doc

Un cordial saúdo 

TAMARA REY 

Ademais incorporei os arquivos que a continuación presento porque resultaron ser bastante ilustrativos de dito malestar.

Malestar docente

Malestar docente.jpg

Seguindo no meu empeño por indagar máis acerca deste problemática nos docentes, atopei na rede un interesante documento baixo o título Estrés e Burnout en profesores, que decidín subir ó portafolios, xa que nel se fai referencia a un estudo teórico sobre Síndrome de Burnout (“Síndrome do queimado”) e a relación directa que existen entre, profesores, educación e dito síndrome.

Estrés e Burnout en profesores

Ademais, coa intención de satisfacer a miña curiosidade realicei unha nova entrada ó blog sendo o seu resultado o seguinte: 

Resiliencia, unha opción para tratar o estrés docente

O agobio, o estrés, a falla de recoñecemento e as situación violentas, son reais, existen e xeran malestar docente.

Os profesores atópanse sometidos á presión social, á presión das familias dos seus alumnos/as e mesmo se ven baixo á presión política duns gobernantes que non fan máis que mermar os dereitos e intereses.

Isto vese claramente se botamos unha simple ollada a actual situación de crise económica que vimos padecende dende xa fai uns anos, onde os docentes son víctimas directas dos duros recortes económicos aplicados ó ámbito educativo, os que obviamente se traducen en máis malestar nos docentes do noso país.

Pero este malestar docente pode curarse, ou alomenos non ten porque ser permanente, pois aínda que saír desa situación soe ser demasiado complexo, si é posible logralo a través da resiliencia.

Entón, que é a resiliencia? De que estamos a falar ó referirnos a este concepto aplicado ós docentes?

- A resiliencia é a capacidade que temos tódolos seres humanos para desenvolver fortalezas fronte a situación adversas, difíciles ou traumáticas.

- Aplicado ós docente, segundo Rinkin y Hoopman (1991) a resiliencia pode definirse como a “capacidade de recuperar, sobrepoñerse e adaptarse con éxito fronte a adversidade e de desenvolver competencia social, académica e vocacional pese a estar exposto a un estrés grave ou ás tensións inherentes ó mundo actual “.

Isto é, ser mestre, ser profesor, ser docente implica ser resiliente, é dicir, implica posuír esta capacidade para superar as adversidades e así saír fortalecidos das mesmas.

Un docente non debe rendirse ou sucumbir ante unha situación adversa, porque isto só lles provocará máis malestar así como gran impotencia e resignación, cuestións que afectarán seriamente ó seu quefacer profesional á vez que á súa faceta persoal.

Persoalmente, considero que é importante desenvolver a capacidade de resiliencia nos docentes, pois son eles os que teñen que sortear múltiples situacións adversas e fortalecerse para enfrontalas co maior éxito posible. Por iso, cando un profesor é resiliente, pode transformarse nun xerador de resiliencia na aula e cos seus alumnos/as, é dicir, o docente é clave para conseguir que os seus alumnos/as adquiran as competencias necesarias para saír adiante grazas a súa capacidade para sobrepoñerse ás adversidades.

Como conclusión persoal, quero rematar afirmando que é preciso potenciar e descubrir a resiliencia dos docentes, porque eles serán logo os encargados de transmitir esta capacidade ós seus educandos. Esta capacidade de resiliencia coa deben contar os docentes, parece totalmente ideal e imposible de lograr, pois un sempre se deixa arrastrar polas influencias ou simplemente non ten a forza suficiente para afrontar as situación complexas que lle plantexe a vida. Agora ben, isto non significa que sexa algo imposible de lograr. Como todo, require moito esforzo e, sobre todo, necesítase traballar moito coa autoestima do docente.

 

Para realizar esta entrada, utilicei as seguintes referencias:

http://www.lavoz.com.ar/cordoba/resiliencia-opcion-para-tratar-estres-docente

http://resilienciasociocultural.blogspot.com.es/2010/06/ser-maestro-ser-maestro-resiliente.html

http://portal.educ.ar/debates/eid/docenteshoy/resiliencia/reconocimiento-de-personas-resilientes-docentes-y-alumnos.php

Un saudiño 

TAMARA REY 

E xa, as dúas últimas entradas ó blog, foron rescatadas da materia Tecnoloxía Educativa, pois coido que tamén teñen sentido nesta nova materia que veño de cursar.

A primeira entrada que recollín, foi a adicada ó Entorno Persoal de Aprendizaxe, máis coñecido polas súas siglas en inglés PLE, posto da man da materia viñen traballando de primeira man en dito entorno, por tal motivo considero que é importante expoñelo aquí. 

Traballar nun Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE)

Quero recuperar neste intre, esta entrada ó blog xa realizada no pasado ano baixo a materia Tecnoloxía Educativa,   da man da cal interioricei este novedoso concepto para min que agora presento de novo. 

Ó igual que aconteceu no ano anterior coa materia Tecnoloxía Educativa, no presente ano ó longo das clases de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, viñen traballando de primeira man nun Entorno Persoal de Aprendizaxe, máis coñecido polas súas siglas en inglés PLE (Personal Learning Environment), por tal motivo coido que é importante facer referencia a dito concepto. 

É un concepto relativamente novo que implica á vez unha metodoloxía de traballo innovadora e motivadora para os estudantes.

Agora ben, QUE É UN PLE?  

Pois ben, son sistemas que axudan ós estudantes a tomar o control e xestión do seu propio proceso de aprendizaxe, ou dito doutro xeito, un PLE é o conxunto de ferramentas, servizos e conexión que empregamos para alcanzar as diferentes metas vinculadas á adquisición de novas competencias.

Todo isto significa que nos PLE o estudante controla e xestiona a súa aprendizaxe para así lograr os seus propios obxectivos:

- Fixar obxectivos de aprendizaxe.

- Xestionar a súa aprendizaxe, os contidos procesos.

Comunicarse con outros no proceso de aprendizaxe

Un PLE pode estar composto por un ou máis subsistemas. Así, pode tratarse dunha aplicación de escritorio ou ben estar formados de un ou varios servizos web.

Entón un PLE pode incluir a integración de episodias de aprendizaxe formais e informais nunha única experiencia, o emprego de redes sociais e a utilización de protocoles de rede: Peer-to-peer, servizos web, sindicación de contidos para conectar así recursos e sistemas nun entorno persoal e autoxestionado, é dicir, dentro dun espazo xestionado persoalmente.

Con isto, considero que un PLE supón unha infinidade de vantaxes de cara a propia aprendizaxe do estudante ademais dunha ferramenta de traballo  e un espazo de encontro para os alumnos/as que emprega os Entornos Persoais de Aprendizaxe como recurso para a Aprendizaxe Permanente.

De feito, aprender a través dun PLE permite dirixir o proceso de aprendizaxe, conectando información de diversas fontes, información que chega filtrada e comentada pola comunidade na cal se participa, tal e como sucede coa aprendizaxe informal.

Non cabe dúbida de que estamos diante dun termo novo pero que representa dende as súas orixes unha alternativa ós entornos de aprendizaxe tradicional, pois a diferencia das plataformas tradicionais que presentan un enfoque centrado na institución ou curso, os PLE céntranse no usuario, no propio estudante, que crea á vez que consume información e coñecemento para incorporar as súas aprendizaxes.

Os usos do PLE van dende a xestión do coñecemento doutros, como ferramenta de aula, ata a xestión o propio proceso de aprendizaxe.

En concreto, "potencia a conversación e a aprendizaxe social a través da Conectividade e da interactividade", o que supón un desenvolvemento profesional continuo e asegura novos horizontes de coñecemento ós estudantes, pola imprevisibilidade das conexións.

 

FONTES EMPREGADAS:

http://nanotice.blogspot.com.es/2011/07/que-es-un-ple-entorno-personal-de.html

http://tallerple.wordpress.com/2010/06/06/%C2%BFque-es-un%C2%A0ple/

http://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_Personal_de_Aprendizaje

A segunda entrada rescatada foi a relacionada coas Redes Sociais , pois non podo pechar esta primeira parte da páxina sen falar delas, fundamentalmente porque grazas á materia tiven, de novo, a oportunidade de construír o meu proceso de aprendizaxe través do traballo realizado na rede social Stellae que me facilitou unha ferramenta de soporte para a súa construción, transmisión e adecuada divulgación. 

As redes sociais

Non me gustaría pechar esta segunda experiencia no e-portafolios sen falar das populares REDES SOCIAIS tan coñecidas e empregadas por todos/as nós e que non resultan desapercibidas para ninguén.

Comunicación- interacción

Ademais non me podo esquecer que, ó longo desta materia, viñemos traballando cunha plataforma de traballo diferente á habitual que é nin mais nin menos unha rede social, a cal serviu como soporte do mesmo. 

Pero non se trata dunha rede social como calquera outra ás que estou máis acostumada a empregar, senón que me atopo traballando baixo unha rede cunha peculiar característica, pois é unha rede social de aprendizaxe

Dito isto, primeiramente botarei man, dalgunha definición e xa logo me centrarei en expor a miña propia experiencia persoal con elas.

Neste senso, xa ninguén dubida de que as redes sociais na Internet gañaron o seu lugar no mundo, instalándose nas nosas vidas tal e como se fosen un pilar fundamental, pois non é estraño que moitas persoas non conciban o seu día a día sen usar unha rede social.

Para comprender un pouco este fenómeno vertixinoso é preciso citar algunha definición básica que nos permita comprender que é unha rede social por unha banda que é unha rede social de Internet pola outra.

Entón as redes sociais son estructuras sociais compostas grupos de persoas, as cales están conectadas entre sí xa sexa por un por varios tipos de relacións, tales como a amizade, parentesco, intereses comúns ou que comparten coñecementos.

Pola contra, as redes sociais no ámbito de Internet refírense a páxinas que permiten ás persoas conectar e comunicarse cos seus amigos sen necesidade de contar coa presenza do outro, simplemente a través da rede. Así, chegan a crearse novas amizades, a compartir contidos, interactuar, crear comunidades sobre intereses similares: traballo lectura, xogos, amizade e relacións interpersoais.

As redes sociais de Internet son un fenómeno hoxe en día imperante e sobre todo moi influínte nas persoas grazas ó poder de comunicación ininterrompida que Internet facilita e ofrece. 

Este feito mesmo pode chegar a converternos en dependentes e inclusive en adictos á constante comunicación e interacción cos demais a través das redes sociais.

A miña propia experiencia é bastante reveladora, pois nun primeiro intre recoñezo que era moi reacia ó uso das redes sociais ou do emprego dos móbiles para manter o contacto cos meus amigos/as, pois consideraba que esa relación ó non ser directa nin cara a cara non me servía para nada, xa que prefería o contacto persoal ó virtual.

Pero agora a miña opinión mudou e moito! Practicamente a diario, por non dicir sempre, estou conectadas ás redes sociais, xa sexa Tuenti ou Facebook e xa mesmo Twitter, pero aínda máis enganchada estou ó teléfono móbil, pois as diversas aplicación de comunicación descargadas como WhatsApp ou a actual aplicación LINE, facilítanme enormemente o poder estar en contacto cos demais as 24 horas do día sen necesidade de moverme dun punto concreto para facelo.

Redes sociais

Máis ben coido que isto non me beneficia, senón que me está convertendo nunha persoa dependente do móbil polo que intuo que as consecuencias disto non serán nada boas.

Dalgún xeito teño que tomar o control e non deixar que un dispositivo móbil o faga por min.

Imaxino que non serei eu soa a que se atope nesta situación senón que tamén algún de vós se verá reflexado en min, pois ó fin e o cabo nos tempos que vivimos é algo absolutamente normal que suceda.

Como curiosidade deixo aquí un enlace que remite ó ranking das 10 redes sociais máis populares: http://www.10puntos.com/redes-sociales-mas-populares/

 

As fontes que empregei para realizar esta entrada foron as seguintes:

http://es.wikipedia.org/wiki/Software_educativo

h<ttp://www.conocimientosweb.net/zip/article108.html

http://campus.usal.es/~teoriaeducacion/rev_numero_04/n4_art_suarez.htm

Un agarimoso saúdo

TAMARA REY

Aquí, non me podo esquecer de facer referencia os comentarios que eu mesma deixei no meu muro. 

É importante dicir que son afirmacións froito das miñas propias palabras, plasmandas fundamentalmente logo de realizar as entradas ó blog máis significativas para min. 

Vexamos a continuación unha pequena mostra disto:

"A formación permanente constitúese como dereito e deber do profesorado á vez que supón a responsabiliade da Administración Educativa e dos centros educativos".

"A capacidade do ser humano para facer fronte ás adversidades da vida, superalas e mesmo saír fortalecido e transformado delas é coñecida co nome de RESILIENCIA.

É clave que os docentes teñan esta capacidade adquirida, posto que a profesión docente é unha das que causa maior estrés e agobio, onde son numerosas as adversidades e problemas cos que se poden atopar ó longo da súa vida docente".

"O SÍNDROME DE BURNOUT xoga un papel moi importante na presión de traballo e clima laboral que envolve ó docente.

Isto fai que o síndrome de burnout se defina como o estrés laboral prolongado, sendo esta óptica de prolongación no tempo a que implique o termo "queimado" para referirse ó síndrome."

Neste senso, os tweets tamén me foron de utilidade para poñer de manifesto as miñas impresións, inquedanzas e sentimentos propios que quixen compartir cos meus compañeiros/as, pero igualmente me valeron para facerme eco palabras enunciadas por ilustres persoas como Paulo Freire ou Nelson Mandela. 

Unha vez máis, deixo unha mostra do dito:

" La educación necesita tanto de formación técnica, científica y profesional como de sueños y utopía ". (PAULO FREIRE)
 
Retomando á actividade logo dun período de prácticas fructífero :)
 
"La educación es el arma más poderosa que puedes usar para cambiar el mundo". (Nelson Mandela)
 
Bo nadal e felices festas compañeir@s! A disfrutar destes días na compaña da nosa xente :)

Preparando o peche a unha breve pero intensa etapa de traballo en Stellae

Así, con ese último tweet tan revelador dou por rematada esta intensa viaxe ó longo do traballo elaborado co meu propio sentir e sempre baixo a miña plena responsabilidade. 

Agora é o turno para referirme ó traballo grupal, onde baixo o nome MABETAL creamos o grupo de traballo composto por María, Beatriz, Tamara, Ana e Alicia. 
Nel puxemos de manifesto o traballo realizado en grupo xa fose no seo da aula ou fóra das súas paredes. 
Xa que logo, foron concretamente catro os arquivos que decidimos compartir na rede para dar conta do noso quefacer neles. 
Primeiramente, elaboramos a actividade acerca do que sabemos do profesor e da súa formación a partires da nosa experiencia como alumnas así como tendo en conta a nosa formación universitaria previa. 
Froito das nosas respostas, viu a luz dous arquivos correspondente a tal tarefa, o cal se pode consultar accedendo ó perfil do grupo. 
 
O seguinte que fixemos foi analizar o Real Decreto sobre as medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, o que tamén recollemos no seu arquivo respectivo. 
Nesta liña, tamén realizamos unha visión xeral e posterior realización da tarefa que se nos encomendou logo de traballar de primeira man co Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2012-2013, no cal nos centramos en analizar os Programas Europeos que contempla. 
E xa, para rematar e recoñezo que feito algo tarde pola nosa parte, non quixemos pechar esta etapa como grupo sen mencionar aqueles aspectos clave que identificamos grazas ó traballo coa reforma educativa proposta pola Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). 
 
Teño que dicir, que como grupo, realizamos un traballo bo pero moi escaso, posto que foron moitos máis os temas tratados na aula e que nos, por falla de tempo, non recollemos aquí. 
Igualmente síntome satisfeita co resultado que acadamos grazas á nosa implicación e interese. 
 
No que se refire ó grupo de clase creado na rede, nel están expostas principalmente tódalas sesións de traballos realizadas ó longo do trimestre xunto cunha valoración e reflexión das mesmas. 
Ademais, eu mesma engadin unha entrada ó blog deste grupo para referirme á figura de Marta Mata, dándolle a posibilidade a tódolos meus compañeiros/as de que consultasen a páxina que lles remitía.
Asemade, este grupo foi o noso punto principal de encontro no cal tanto a profesora Lourdes como calquera de nós tiña oco para expresarse e deixar de manifesto as súas inquedanzas, dúbidas así como aquel traballo que desexamos compartir cos demais. 
Empregóuse tamén como ferramenta de transmisión de documentos, artigos, novas dos xornais así como de indicacións e mensaxes que a propia profesora nos quería facer chegar. 
 
Sen dúbida, ámbolos dous grupos de traballo resultaron ser unha bo medio para expór os nosos argumentos, as nosas ideas e as nosas reflexións acerca de temas de gran transcendencia para a materia.