• Páginas
  • Cristina
  • MATERIA DE FORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO PROFESORADO

MATERIA DE FORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO PROFESORADO

RECORRIDO POLA MATERIA DE FORMACIÓN E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO PROFESORADO

O longo deste primeiro cuatrimestre do derradeiro curso de Grado en Pedagoxía cursei a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado. Para acercarme a esta materia estiven en contacto coa rede Stellae, nela publiquei algúns artigos sobre o que falamos na clase ou temas paralelos que espertaron o meu interese despois dalgunhas sesións de clase.

Despois de escribir o meu primeiro blog para retomar o contacto con Stellae e expresar a miña visión sobre a materia subín algún arquivo en relación a cultura profesional do centro no que realicei o meu practicum II, así como, un segundo arquivo no que expresei o uso das tecnoloxías no mesmo centro de practicas, un centro publico de educación infantil e primaria. 

Os archivos a os que me refiro son os seguintes:

CULTURA PROFESIONAL DEL CENTRO DE PRACTICAS

As tecnoloxías no CEIP A Ramallosa.

En relación a este segundo arquivo quero explicar que a información coa que contamos sobre como se forma ao profesorado deste centro en materia das TIC é mínima, so puiden realizar un breve comentario en relación a este tema por carecer desta información. Si podo asegurar que todos eles están capacitados e formados para levar a cabo unha clase na que a ferramenta principal sexan as tecnoloxía, xa que fun testigo do importante papel que teñen as tecnoloxías neste centro. En especial nas aulas de 5º e 6º onde está implantado o Proxecto Abalar da Xunta de Galicia, nestas aulas utilízase a tecnoloxía como un recurso máis para a aprendizaxe dos contidos a que deben facer fronte os alumnos. Por outra banda en cursos máis baixos tamén se acode a aula de informática para que os alumnos poidan traballar cada un no seu ordenador contidos de materias como a materia de Inglés, entre outras. Ademais como xa fixen referencia neste artigo en cada aula contase con un mínimo de un ordenador e na maioría delas contase con pizarra dixital ou no seu defecto cun proxector.

Seguindo coma miña andaina en Stellae, debo pararme no meu seguinte archivo referido a o CAFI.

CAFI, Centro Autonómico de Formación e Innovación.

Neste archivo sobre o CAFI fago unha pequena peresentación das prestacións que ofrece o Centro Autonómico de Formación e Innovación. Como explico no artigo este centro trata de achegar a formación precisa ao profesorado de Galicia coa intención de garantir a calidade da ensinanza. A formación que ofrece este centro poden acceder todos os docentes de maneira voluntaria e autónoma ou mediante o plan de formación que cada centro ofreza en relación co CAFI. Dende, este centro de formación tamén se ofrece a formación precisa para dar resposta ao Plan Anual de Formación do Profesorado da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Coa realización do archivo sobre o CAFI puiden acercarme máis a cales son as funcións deste organismo e cal é a sua principal función. Esta principal función e formar ao profesorado par lograr que a educaicón en Galicia sexa unha ecducaión de calidade. No dito archivo aparecen mencionadas todas as funcións do CAFI. 

Principalmente, quero destacar sobre o CAFI que a maior parte das súas accións formativas están encamiñadas a formar os docentes nas novas tecnoloxías e pensando na innovación na educacióna  qeu os docentes deben facer fronte.

En relación ao CAFI podo facer referencia o estudo do Plan  Anual de Formación do Profesorado 2012-2013 da Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Este plan foi analizado na clase por todos os alumnos da materia de Formación e desenvolvemento profesional do profesorado. Para analizalo dividimonos en grupos e cada grupo adicouse a unha aprte deste Plan. En líneas xerais podome referir a que no dito Plan recollense as accionas formativas que se ofrecen para os docentes de Galicia polo CAFI e os diferentes CFR desta comunidade. No caso do meu grupo, ABCJM, analizmos as accións que se desenvolven segundo este plan concretamente aquelas actividades que se levan a cabo a través do CFR de A Coruña. 

Continuando na liña da formación do profesorado. Céntrome no caso da formación do profesorado en materia das TICs que é un dos temas que máis me preocupa principalmente. Para facer fronte as miñas dúbidas e inquietudes sobre a formación do profesorado nas TIC, centreime no Proxecto Abalar, proxecto que se impulsa dende a Xunta de Galicia coa finalidade de achegar as TIC a todos os centros de formación galegos. 

abalar21.jpg

Para iso realizo dous archivos sobre este tema.

Formación do profesorado nas TIC - Proxecto Abalar

Datos de interese sobre a formación do profesorado no Proxecto Abalar

No primeiro dos archivos presentase o modo de formación do profesorado que se ofrece pra facer fornte o Proxecto Abalar dende o propio CAFI e os diferentes CFR. Parte dos cursos de formación que se ofrecen para o profesorado en materia de TIC está recollida no Plan Anual de Formación do Profesorado 2012-2013. Neste plan tamén se recolle as horas que deben adicarse a esta formación, así como a modalidade dos cursos, que pode ser a distancia ou presenciais.

No segundo destos archivos reflictense datos de interese sobre o Proxecto Abalar e a Foramción do Profesorado como son o número de profesores que xa recibiron esta foramción nom momento actual, ou algunha das medidas que se toman para motivar o profesorado a acceder a esta formación.

Para finalizar farei referencia a un documento que quizais estea menso relacionado co fío conductor desta páxina, pero que si se relaciona en certo modo. O fío conductor desta páxina ata o momento é principalmente a formación do profesorado, especialmente nas TIC, os centros dende os que se ofrece formación, a institución e o plan no que se recolle esta formación. Pero cambiando un pouco a vista neste último documento que comentarei a continuación fago referencia ao malestar docente.

 INDICADORES DEL MALESTAR DOCENTE

Na última clase, falamos deste tema, o malestar docente. Para falar del utilizo un artigo acerca do libro "El malestar docente" escrito por Esteve Zaragaza. Deste artigo estraigo os indicadores do melestar docente segun Esteve Zaragaza. Estes indicadores básanse principalmente na dificultade do docente de trasnmitir coñecementos a os seus alumnos nunha sociedade que se ve inlfuenciada por unha gran choiva de inforamción a que se pode acceder a traves da televisión, radio ou dende internet de maneira sixela. O feito de que os mestres intenten trasmitir un coñecemento que se pode ver influenciado de maneira negativa polo contraste con outras informacións a os que os alumnos teñen acceso. Isto fai que o profesorado se sinta frustrado na realización da súa función.

Outro dos indicadores que debo reflexar aqui é o feito  de vivir nunha sociedade con cambios constantes e con avances continuos fai que os docentes se sintan inseguros a hora de realizar a súa función na docencia porque non sempre contan coa formación permanente necesaria para facer fronte a estos cambios. Por último quero destacar o indicador que fai referencia as criticas que os docentes reciben por parte da sociedade, e principalemte polas familias dos alumnos. 

 Malestar docente.jpg 

Este último archivo,ainda que non teña conexión directa cos demáis archivos do blog, si que ten relación no sentido de que a formación permanente do profesorado é unha gran parte importante para loitar contra algun dos factores que contribúen o malestar do profesorado.

Ben, finalizo esta páxina facendo a valoración desta materia e a miña propia autoavaliación. Primeiramente, debo decir qeu a materis en sía pareceme unha amteria moi interesante e precisa na formación de futuros pedagogos para axudarlle a ter unha idea clara e concisa da importanca da formación dos profesionais da educación, así como de continuar con esa foramción permanente e os métodos para realizar esta formación. Por outra banda quero destacar a maneira de levar as clases desta amteria adiante, xa que a maioría as clases estiveron centradas en debates sobre diferentes documentos, plans, programas e noticias sobre a formación do profesorado. Esta maneria de desenvolver as clases é moi dinámica motivadora e a vez que nos axuda a interiorizar coñecementos de maneira implicita e explícita.

Tamén cabe decir, que o cuatrimestre no que se levou a cabo esta materia foi un tanto "caótico" xa que o desenvolvemento das materias tivemos que unir mes e medio de practicas o que fixo que os horarios de clases se acumulasen tendo catro días a semana clase mañan e tarde (de 9 a 9) e un día clase de (9 a 7). Esto unido a gran cantidade de traballos das diferentes materias en pouco tempo levou a que non puideramos adicarlle a esta materia todo o tempo que se merecia. Aínda así pecho esta páxina cunha actitude positiva de cara os coñecementos que adquirín na materia e de cara o desenvolvemento das sesión expositivas e interarivas da mesma.

Sen máis, despidome.

Páxinas utilizadas para a creación dos distintos documentos e para o traballo xeral da materia:

http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/formacion-do-profesorado-de-aulas-abalar-no-curso-201213

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/continuan-abertos-os-cuestionarios-para-determinar-competencia-dixital-do-profesorado

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/conselleria-de-cultura-e-educacion-formou-xa-preto-de-11000-docentes-no-uso-das-tic-ao-abeiro

http://www.oei.es/evp/PonenciaEsteve.pdf

Cristina Guimarey Nande.

 4º de Grao en Pedagoxía

Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado