Conclusións e autoavaliación do proceso

Logo de realizar un repaso polo traballo tanto individual como grupal, quero facer chegar as miñas propias conclusións acerca do meu quefacer pola rede.

Ben se nota que me servín moito da experiencia vivida baixo as as condicións da materia cursada o ano anterior, posto que esta foi a miña guía á hora de verme na situación de ter que confeccionar novamente un portafolios electrónico no que dese conta dos pasos seguidos de cara a consecución do obxectivo establecido, que non é outra que a construción do meu propio proceso de aprendizaxe.

Foron numerosos os temas que abordamos na materia xa non só acerca da formación e o desenvolvemento profesional do profesorado, senón tamén doutras cuestións referidas á actualidade e o panorama que a educación presenta ante o gran malestar social que provocan os recortes aplicados polo goberno central; ó igual que abundantes foron tamén os conceptos tratados baixo esta materia, os cales lle deron sentido á súa denominación, pois foi a través deles como interioricei unha mínima parte dos coñecementos e contidos referidos directamente ós docentes.

Sen dúbida,  foi grazas á confección do e-portafolios que veño de presentar como fixen visible todo o que a materia aportou a un coñecemento propio xa existente, pero moi escaso e insuficiente.

Así, con todo isto, fun incorporando moi de vagar aquelas achegas de maior valor e importancia persoal que lle concederon sentido e significación a este proceso de construción dunha aprendizaxe propia, feito para o cal procurei elaborar un traballo onde a estructura do portafolios tivese coherencia co fío conductor establecido para a súa elaboración.

Para elo, intentei realizar entradas moi completas no que a contidos se refire, que non quedasen reducidas á mera definición dos conceptos nos cales máis indaguei, senón que tamén tratei de buscarlle a súa vinculación coa materia, aportando o meu propio parecer  xunto cunha reflexión persoal na medida que me fose posible, feito que tamén quixen contemplar tanto á hora de subir arquivos como no momento de engadir páxinas ós meus favoritos.

 

Como colofón final deste proceso, quixera facer unha autoavaliación do traballo que eu mesma levei a cabo ó longo dun período de tempo relativamente curto pero intenso.

Tal e como manifestei ó comezo, nun primeiro intre a falla de tempo, o agotamento e non me atrevo a dicir desmotivación pero sí unha lixeira desgana, fixeron mella no meu traballo que foi francamente escaso e insuficiente en actividade e contido.

Logo desta pequena traba nos meus inicios, xa me puxen en marcha para tomar o mando deste proceso de construción coa máis absoluta normalidade.

Á hora de analizar o meu quefacer, debo ser crítica comigo mesma.  Recoñezo que non me agrada suficientemente o contido do meu portafolios, porque sei que me quedaron atrás moitas cuestións sen tratar por comezar a realizalo xa algo tarde no tempo e, quizais tampouco sexa todo o reflexivo e profundo que pretendía manifestar.

Agora ben, por moi contraditorio que pareza, cualifico a miña labor como productiva e satisfactoria para min, pois esforceime moito, traballei intensamente á vez que puxen todo o empeño pola miña parte para amosar un portafolios, probablemente escaso en contidos, pero rico en tarefa, esforzo e afán de traballo, porque é do meu propio quefacer de onde se extraen a meirande parte dos coñecementos incorporados xa a un proceso de aprendizaxe autoconstruído pouquiño a pouco grazas o meu interese e implicación.

É certo que a miña actividade na rede non foi moi constante, posto que comecei a realizar as primeiras entradas constantes ó blog aínda moito despois dese pequeno período de ausencia debido á realización do Practicum II, pero logo a miña visita e posterior pegada no portafolios xa foi practicamente diaria ata o día de hoxe.

En definitiva, aínda que fose con atraso, considero que cheguei ó destino que esta viaxe me propoñía, vendo que, en maior ou menor medida, alcancei o obxectivo proposto á vez que fun interiorizando os coñecementos adquiridos logo de percorrer un camiño un tanto duro duro pero moi beneficioso en resultados.

Deste xeito dou por concluída esta viaxe tan particular a bordo desta rede social na que tanto empeño e esforzo veño de poñer.

Pero non me gustaría despedirme, sen mencionar a admirable figura de Paulo Freire, pedagogo de referencia que nos brindou o século XX, o cal nunha das súas múltiples aparicións manifestou que,

A EDUCACIÓN DEBE DIFERENCIARSE DA BANCA, XA NON É PRECISO QUE OS DOCENTES DEPOSITEN INFORMACIÓN NA CABEZA DOS SEUS ESTUDANTES”

Se vos parades un intre a analizala, veredes como encerra un gran significado que á vez lle da sentido a este proceso que veño de realizar, pois dalgún xeito ben dicindo que xa non só está nas mans dos docentes transmitir o coñecemento senón que agora nos mesmos estamos preparados para facelo, e de feito así o veño de demostrar coa elaboración deste e-portafolios.

Igualmente, con outra das súas frases á que tanto recurro deixou constar que:

 "Todos nosotros sabemos algo. Todos nosotros ignoramos algo. Por eso, aprendemos siempre"

É dicir, que sempre un debe ter afán e desexo por continuar aprendendo.

Así, isto non é o final dunha viaxe senón que pode significar o comezo doutras moitas grazas o aprendido da man da materia Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado.

Deica pronto amig@s

Encantada de compartir convosco esta pequena viaxe a bordo de Stellae :)

TAMARA REY