Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, un punto e seguido

Este curso volvemos traballar de novo coa rede social Stellae, unha ferramenta que sen lugar a dúbidas fai funcionar as nosas mentes de pedagogos, pero para unha nova materia "Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado". 

Esta foi unha nova aventura á que eu, como osada alumna, da vía escolar, de curto de pedagoxía me enfrontei, dando sempre de mín o mellor en cada blog. 

Facer unha síntese de todo o que esta materia abarca é complicado, xa que a `primeira pregunt que se nos podemos facer é: que é un profesor? Wikipedia define ao profesor, docente ou ensinante como "á persoa que se dedica profesionalmente ao ensino, ben con carácter xeral, ben especializado nunha determinada área de coñecemento, materia, disciplina académica, ciencia ou arte. Ademais da transmisión de valores, técnicas e coñecementos xerais ou específicos da materia que ensina, parte da función pedagóxica do profesor consiste en facilitar a aprendizaxe para que o alumno (estudante ou discente) alcánceo da mellor maneira posible".

                           Imaxe I

Salta a vista que é unha laboura complicada, que require formación, actitudes e aptitudes para ser desenvolta de forma óptima. 

Para darlle máis emoción ao asunto, vivimos nun mundo en constante cambio que precisa unhas novas xeracións formadas e preparadas para facer fronte aos novos retos que a, que se deu en chamar, "Sociedade do Coñemento" lle ten preparados. Pero, que significa isto a nivel docente? A grandes rasgos podemos definilo como "Long-live learning", é dicir, "Formación Permanente". Esta preséntase como a balsa salvavidas do profesorado, o xeito de manterse ao día, de non caír no esquecemento intelectual.

A pesares de existir unha formación inicial, os docentes non deben esquecerse que cada día que pasa é unha oportunidade nova de aprender e seguir medrando dentro da súa profesión, posto é o seu é un posto que esixe cada día máis, e quen non o crea que se para a analizar os roles que lle toca desempeñar ao mestre dentro do escenario, que é a aula.

A Sociedade da Información

A formación docente na sociedade do coñecemento e a información: avances e temas pendentes

Aínda que vivimos nun tempo no que todos sabemos que "saber é poder", todavía existen prexuízos no respective a este tema. A sociedade alberga todavía vellas crenzas erroneas de que coa idade pérdense capacidades, que xa non se aprende, que iso para aprender hai que ir á escola... Por sorte, a cada minuto estas ideas pasan a un segundo plano e os vellos refráns que nunca se enganan volven iluminarnos o camiño: "Está a vella morrendo, está a vella aprendendo".

Edismo

Fenda na aprendizaxe

Grazas a desaparición destas obsoletas ideas podemos avanzar nun mundo no que aprender durante toda anosa vida é algo case obrigado par todos. Concretamente, os mestres deben son os primeiros en dar exemplo, os primeiros que non se estancan no papel de formador que todo o sabe e que non precisa máis coñecementos. Esta envaxable actitude deu pé a diferentes estudos, cada cal máis interesante que o anterior.

Estudio sobre a formación permanente do profesorado

Existe motivación na formación permanente do profesorado?

Necesidades de formación: Perspectivas reais.

Quixera facer unha parada neste último arquivo que acabo de marcar para facer un apunte. Neste estudo sobre as necesidades de formación do profesorado, os docentes fan fincapé en que as prácticas realizadas durante a formación inicial foron escasas. Considero acertado o seu comentario, xa que para un campo tan básico como é a educación, os profesionais da mesma, carecen dunha formación práctica. Eu como parte deste mundo educativo considero que, aínda que enriquecedoras, as prácticas son insuficientes.

 

A que se enfronta o profesorado? que lle espera co devir do tempo? Cal será a súa próxima aventura intelectual? Ninguén pode sabelo de certo, pero poden definirse determinadas liñas de actuación cara as que será necesario avanzar.

Novos retos á formación do profesorado

 

A pesares de que a figura do profesor sempre foi repectada, tanto dentro como fóra do centro educativo, a día de hoxe, xa non teñen a mesma representación social. A sociedade non os ten en estima, os seus alumnos cada día que pasa téñenlles menos respecto, e o apoio dos pais xa non está sempre da súa parte. Pobres docentes! Cargan coa responsabilidade de educar ás novas xeracións e, en lugar de volver a casa coa satisfacción do traballo ben feito, volven co ruxe-ruxe de que un alumno desmontoulle a clase, de que un pai lle chamou a atención por botar a seu fillo fórada aula, de que a xente o considera un incompetente... Que consecuecias ten isto? A desmotivación do profesor, ou peor, burnout.

Malestar docente

                       Malestar

Como facerlle fronte a este problema? Con actitude! Con resiliencia!

Resiliencia

 

Este ano, e con motivo da crise, a educación sofre outro gran batacazo: Recortes, recortes, recortes, recortes... Non só iso, senón tamén unha nova lei educativa que se deu en chamar Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, pero que se realmente pretende a mellora da calidade educativa, presenta unha teoría que fai augas por doquier.

Comentario á LOMCE

A nova lei atenta contra maioría dos estudos que están aparecendo e que demostran que a nova proposta non é realista, nin adecuada aos tempos que corren.

"Buenos días Creatividad"

Case todos os novos días, teñen lugar protestas contra elas, manifestacións de desagrado...

Fapa Valencia entrega a Educación a súa carta aos Reis Magos

A Rede IRES en contra dos recortes á educación pública

 

Pero que se quedan en feitos illados que non atopan o suficiente respaldo como para supoñer un movemento representativo. Se todos estamos en contra por que non loitamos todos xuntos polo noso dereito a recibir unha educación de calidade e para todos e todas?

Indefensión aprendida

 

Vaites! Que nos aconteceu? Iamos camiño de lograr o superdocente, pero chegou a crise e foi a primeira idea en desaparecer.

                         Super profesor

Por que a educación é sempre o primeiro piar en caír? Por que a formación do profesorado vai antes, se cabe? Son preguntas que nunha sociedade plenamente consciente das dúas necesidades formativas non deberían ter cabida.

 

Hei de dicir que se non tivera cursado a materia de "Formación e Desenvovlemento do Profesorado" probablemente todo o relacionado con este ámbito seguiría sendo para min terreo descoñecido, e non tería un novo avano de coñecementos tan necesarios coma foron todos os adquiridos nesta asignatura. 

Foi unha metodoloxía de ensino-aprendizaxe curiosa a desta Lourdes Montero, mais enriquecedora e motivadora. Os debates continuos, que dese importancia ao que nos dixeramos, que o que realmente lle importara non fora o debate en sí, senon ata onde no eramos quen de levalo, déronlle un enfoque interesante ao desenvolvemento das sesións e fixo que foramos quen de sacar sempre o mellor de todos nos.

Coma todo, esta materia chegou ao seu fin logo duns intensisimos meses de aprendizaxe, de procura de información, de creación de coñecemento, de converternos en investigadores...

Poren, aínda que non volvamos cursar esta materia, inda que non nos adiquemos a formación de profesorado nun futuro, a formación sempre foi, é e será un camiño que nos materá unidos toda a vida, unha fermosa e cálida senda que seguiremos, que non abandoremos, e que teremos a oportunidade de amosar aos que veñan detrás nosa, por que non hai nada máis fermoso que construírse a un mesmo e axudar a que outros se constrúan.

Estamos no último ano de carreira! O mundo está esperando con ganas a nosa dedicación e os noso empeño. Non teremos profesores que nos guíen, teremos un novo camiño por diante, un camiño que está, todavía, por andar.

                Imaxe final