Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 3.

Páxina 3.

Última actualización de en Raquel Souto López

Análise das materias e experiencias nas que se traballou o asesoramento.

Para comezar coa primeira das actividades propostas na materia, realizarase unha análise en base a presenza do asesoramento nas diversas materia cursadas no ano anterior en dita licenciatura. Para iso é conveniente comezar por tratar de entender o concepto de asesoramento.

Por asesoramento enténdese unha acción de axuda, guía, acompañamento … a outra persoa acerca dun tema sobre o que necesita axuda dun experto.

A partir do coñecemento deste termo, continuarase coa análise das materias que manteñan relación co asesoramento.

En primeiro lugar, e centrándonos no prácticum, pódese sinalar que a través del puiden vivir o asesoramento por aparte da orientadora tanto ós alumnos como ás familias apoiándose no caso que fose necesario noutros especialistas para tratar de resolver os problemas pertinentes.

En canto á materia de Diagnóstico na educación, destacar o asesoramento e orientación por parte dos diferentes membros da comunidade educativa a partir da recollida de información e posterior análise desta. Nesta materia coñecemos as diversas técnicas de recollida de información para posteriormente poder levar de xeito adecuado unha revisión, análise e avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación, e así actuar de forma correcta para chegar á solución dos problemas aparecidos.

En Intervención Psicopedagóxica nos Transtornos do Desenvolvemento, centrámonos en coñecer as características dos principais trastornos e dificultades do desenvolvemento para posteriormente intervir e tomar as decisións máis pertinentes segundo cada caso.

Na materia de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica, esta estivo dividida en dúas partes. Na primeira delas, centrámonos nunha visión global da orientación e intervención psicopedagóxica, a través da análise da situación da escola actual, o papel dos servizos de apoio, os servizos de orientación e os diversos modelos … En canto a segunda parte da materia, esta está máis centrada xa nun modelo funcional dos servizos de orientación no ámbito escolar, os contextos nos que o orientador pode desenvolver a súa acción … ademais de centrarnos nunha das funcións dos psicopedagogos como é o asesoramento.

Por outro lado, na materia de Orientación profesional, tratamos aspectos relacionados coa diferenciación entre asesoramento e orientación, cales son os modelos de orientación profesional, como é o funcionamento dos servizos de orientación profesional, os recursos e instrumentos de intervención …