Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 7.

Páxina 7.

Última actualización de en Raquel Souto López

DEFINICIÓNS DE ASESORAMENTO.

Trala posta en común das dúas primeiras cuestións, hoxe continuouse coas seguintes, as cales se corresponden coa definición de asesoramento, e unha cuestión referente a se sé pode falar de profesión de asesoramento ou polo contrario non.

En canto á definición de asesoramento, destacar que existía unha gran cantidade de puntos nos que a maioría dos grupos coincidían, como por exemplo acontece con que se corresponde cun proceso de guía, apoio, toma de decisións, un proceso continuo de axuda …

Desta forma chegábase á conclusión de que asesorar é un proceso de apoio, que existe unha relación entre o asesor e o asesorado, que o asesor é unha persoa cualificada … entre outras.

Par centrarnos máis nesta cuestión, é conveniente destacar que existe unha gran amplitude de conceptos que axudarían a elaborar unha definición de asesoramento, entre os que atopamos os seguintes:

Participar, informar, atender, orientar, interactuar, optimizar, consultar, comunicar, colaborar, apoiar, observar, comprender, dialogar, aconsellar, potenciar capacidades, axudar a tomar decisións, guiar, resolver problemas, mellorar, actuar, equipo, seguimento de procesos, asesorar para mellorar, desenvolver, identificar puntos fortes e débiles, actuar con honestidade (ética do asesor/a)…

Desta maneira poderíase definir o asesoramento como un proceso no que un especialista axuda, informa, apoia, aconsella … á persoa que demanda os seus servizos coa finalidade de satisfacer as súas necesidades.

Centrándonos nas definicións aportadas na aula, pódese a apreciar que en cada unha de elas se destacan aspectos relevantes das funcións do asesor/a, e para iso analizaranse de forma máis pormenorizada cada unha de elas.

En canto á definición de Fernández, 1997:                               

“La función de asesoramiento puede definirse como una operación de diagnóstico, identificación de falencias, en comparación con un modelo e indicación de proyectos de acción”.

Podemos destacar como aspecto importante a acción de diagnóstico e identificación das carencias dunha persoa que trata de pedir axuda coa intención de poder chegar a resolver un problema. Desta maneira atoparíamonos ante un modelo clínico, onde unha persoa vai a ser avaliada e diagnosticada co fin de propoñerlle unas pautas de tratamento co fin de solucionar o problema que posúa.

Centrándonos na definición aportada por Lippit y Lippit (1986):

“El asesoramiento es una interacción en dos sentidos –un proceso de buscar, dar y recibir, ayudar. El asesoramiento se dirige a ayudar a una persona, un grupo, una organización o un sistema más grande para movilizar los recursos internos y externos con objeto de posibilitar su capacidad de resolver problemas y realizar esfuerzos de cambio”.

Neste caso, é conveniente destacar varios aspectos importantes na definición. Por un lado o carácter bidireccional do asesoramento, isto é, a importancia da comunicación e interacción por parte do asesor/ e o asesorado/a mantendo en todo momento un diálogo para tratar de solucionar un problema ou mellorar unha situación concreta de forma cooperativa. Así desta maneira tamén se podería apreciar a horizontalidade existente entre ambos, sen existir unha diferenza de estatus. Dende outro punto de vista, pódese salientar na definición que o asesoramento pode ser en dous sentidos. Neste caso cómpre destacar que o asesoramento pode ser dunha maneira máis ampla onde calquera persoa que coñece algo e, en función de ese coñecemento presta un apoio determinado a outra, ou no caso contrario un asesoramento restrinxido onde nos atopamos cun profesional especificamente formado para ofrecer un apoio en suposto determinado (experto).

Posteriormente, e despois de analizar algunhas das definicións propostas sobre o asesoramento, chéganse a unha serie de similitudes en referencia a este termo como son as seguintes:

- O asesoramento é un servizo indirecto que recae sobre un profesional.

- Lévase a cabo unha interacción bidireccional.

- Non se limita a capacidade de elección e decisión do asesorado/a.

- Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, existindo así unha horizontalidade.

- Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.

- Trátanse asuntos ou problemas prácticos.

- Traballase sobre a base de acordos negociados.

- A resolución de problemas vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.

Todo isto axúdanos a acercarnos máis ó campo do asesoramento e a coñecer máis en profundidade as súas funcións, características, peculiaridades …

En canto á cuestión referente a si existe ou no a profesión de asesor/a, destacar que para a maioría dos grupos si que existe, mentres que para dous deles consideran o asesoramento como unha función do proceso de orientación. Por este motivo, cómpre indagar na posibilidade de que en algúns campos poida ser considerada como unha profesión mentres que noutros casos soa mente sexa o exercicio dunha función,é dicir, un papel. Así, tamén se efectúa a pregunta a importancia do asesor nos diversos campos, chegando a cuestións como se no ámbito escolar o papel de asesor/a é realmente necesario ou non.