Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 8.

Páxina 8.

Última actualización de en Raquel Souto López

DIFERENZAS E SIMILITUDES ENTRE ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN.

Hoxe na clase explicouse un cadro onde se mostran as diferenzas existentes entre a orientación e o asesoramento en relación a diversos aspectos como son os seguintes:

 

 

ORIENTACIÓN

ASESORAMENTO

ORIXE

Guidance, Counselling.

Support adviser.

PRÁCTICA

Directa: con estudantes.

Indirecta: con profesores u outros membros da   comunidade educativa.

PODER

Asimetría.

Horizontalidade, profesionais co mesmo estatus.

COMUNICACIÓN

Unidireccional.

Bidireccional.

META

Resolución de problemas.

Capacitación asesores/asesorados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Trala exposición de dito cadro, chegou se á conclusión de que as dúas prácticas son cada vez más converxentes, aínda que existen diferenzas significativas entre elas, as dúas se atopan ligadas á axuda e á posibilidade de desenvolvemento.

Para seguir comentando o tema das diferenzas e semellanzas existentes entre a orientación e o asesoramento, podemos empregar o texto subido con anterioridade “La confluencia del asesoramiento y la orientación como prácticas de apoyo (María Mar Rodríguez Romero)”.

Nel establécense os lazos de parentesco entre ambas prácticas, os rasgos distintivos, as afinidades e discrepancias …

En primeiro lugar e centrándonos nos lazos de parentesco pódese sinalar que tanto a labor de asesoramento como a de orientación poden ser consideradas prácticas de apoio posto que xurdiron co pretexto de axudar e mellorar diversas accións dedicadas á ensinanza e á aprendizaxe entre outros aspectos. Este aspecto está relacionado coa aparición das prácticas de apoio en relación ó xurdimento da escolarización de masas.

Por outro lado, entre os ragos distintivos atopámonos cos seguintes:

-       A orientación: aparece ligada co guidance. É unha labor enfocada cara asuntos profesionais aínda que con posterioridade tamén se corresponde co counselling que inclúe xunto con asuntos académicos, o tratamento de problemas persoais. Desta maneira pódese dicir que a orientación é considerada como unha estratexia de detección, tratamento e/ou prevención de problemas moi variados que repercuten na aprendizaxe e ensinanza ou que mellorarían a vida dos estudantes ou dos clientes que precisen dita axuda. Esta práctica é levada a cabo por un profesional da educación, o cal se relaciona directamente co suxeito que presenta o problema. Outro punto importante é que o orientador se relaciona con suxeitos en desvantaxe en comparación con el, é dicir, existe unha situación de xerarquía e diferenza de estatus entre o orientador e o orientado, tendo o primeiro maiores coñecementos e poder que o segundo. Por outro lado, é conveniente destacar que a orientación é unha práctica que ten unhas estratexias e ferramentas delimitadas.

-       Asesoramento: esta práctica procede de termos como consultation, adviser … que fan referencia á reflexión en relación con consellos, recomendacións ou suxerenzas levados a cabo a partir da interacción con outros suxeitos que non padecen o problema que da lugar á petición de axuda ou apoio. Desta forma apréciase como neste caso o trato do asesor/a e o asesorado/a é de maneira indirecta, entre os membros da comunidade educativa ou persoal que pretenda mellorar a situación dos clientes comunicándose co profesorado para resolver os seus problemas profesionais. Ademais, cómpre sinalar que as relacións existentes entre eles é de horizontalidade, é dicir, o persoal non mostra diferenzas de estatus nin de poder polo que o trato é de igual a igual.

Finalmente entre os rasgos característicos do asesoramento podemos atoparnos cos seguinte(Rodríguez Romero, 1996) :

  • É un servizo indirecto que recae sobre o profesional que trata coa clientela e non directamente sobre esta.
  • É unha interacción ou comunicación bidireccional dedicada á axuda.
  • Non limita a capacidade de elección e decisión do asesorado/a.
  • Prodúcese entre profesionais do mesmo estatus, sen diferenzas de posición e poder.
  • Os participantes poden ser individuos, grupos ou institucións.
  • Trátanse asuntos e problemas procedentes da práctica profesional.
  • Trabállase sobre a base de acordos negociados.
  • A resolución do problema vai acompañada da capacitación para enfrontarse con éxito a problemas similares.

Entre as discrepancias existentes pódese dicir que a forma na que o profesorado participa no asesoramento é a diferenza principal en relación coa orientación. Isto é mentres que a desigualdade entre o orientador e os estudantes é salientable, a existente entre o profesorado e os axentes de apoio non é tan considerable.  Así unicamente o asesoramento é a práctica a través da cal o asesor ten que tratar como igual ó profesorado.

Por outro lado, atopámonos con que o asesoramento é unha práctica menos neta que a orientación, posto que xurdiu da relación con outras labores implicadas co trato directo co profesorado como a formación permanente, a innovación educativa …

En canto ás afinidades entre ambos campos, é conveniente destacar que tanto o asesoramento como a orientación manteñen un compromiso coas labores de axuda, apoio, mellora … Outra coincidencia é que ambas son labores relacionadas co coñecemento experto, é dicir, existe o dominio por parte do experto sobre un campo determinado do saber.