Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 11.

Páxina 11.

Última actualización de en Raquel Souto López

OS MODELOS DE ASESORAMENTO E OS MODELOS DE ORIENTACIÓN.

Co fin de continuar traballando no segundo bloque temático adicado ós modelos de orientación e os modelos de asesoramento, cómpre destacar a gran variedade de autores que elaboran clasificacións variadas sobre ditos modelos e as diferenzas existentes entre ambos.

En primeiro lugar centrareime nos modelos de orientación e as súas principais características para logo poder comparar e chegar á conclusión se son os mesmos modelos tanto para a orientación como para o asesoramento, se son diferentes …

Segundo J. M. Escudero Muñoz, en 1986 (cit., Vélaz de Medrano, 1998), diferenciábanse tres tipos de modelos:

-       Modelo psicométrico: onde o orientador é un experto en técnicas de orientación, e o orientado o destinatario dos resultados das mesmas.

-       Modelo clínico-médico: o orientador é un diagnóstico e deseñador de intervencións, que son postas na práctica polo titor/profesor.

-       Modelo humanista: o profesor adquire o papel de orientador activo. A orientación enténdese como un proceso de axuda ó individuo.

 

Outro autor como é Carles Monereo, 1996, establecía a seguinte clasificación en función dos fins e ámbitos de intervención, a relación entre o orientador e o resto de axentes …:

 

-       Modelo asistencial o remedial (enfoque clínico).

-       Modelo de consejo (vinculado a la corriente humanista).

-       Modelo consultivo (que relaciona con el enfoque conductista de la orientación).

-       Modelo constructivista.

 

Por outro lado, Álvarez y Bisquerra (1997) elaboraron a seguinte clasificación en torno ós criterios do tipo de intervención e tipo de organización da institución onde se realiza a orientación:

 

-       Modelos teóricos: son modelos de orixe teórico-académico que proceden de moi distintas correntes (modelo humanista, modelo psicoanalítico, modelo condutista, modelo de la Gestalt, etc.).

-        Modelos de intervención: diferenciando entre modelos básicos (clínico, de servizos, de programas e de consulta) e mixtos (resultado dunha combinación de enfoques, teorías, sistemas, etc.).

-        Modelos organizativos: incluíndo os modelos institucionais (sistemas seguidos polos ministerios, comunidades autónomas, institucións europeas, etc.) e os modelos particulares (sistemas que poñen en marcha os centros educativos ou os gabinetes privados de orientación).

 

Das diferentes clasificacións dos modelos de orientación voume a centrar na clasificación de Bisquerra e concretamente nos modelos de intervención. Para iso, profundizarase un pouco máis en cada un deles:

 

  • Modelos básicos:

-       Modelo clínico: modelo que leva a cabo una intervención directa e individual en relación ó cliente. Desta maneira cómpre sinalar que a relación a desenvolver se leva a cabo entre persoas con distinto estatus, co obxectivo de resolver un problemas (carácter terapéutico e remedial).

-       Modelo de programas: modelo que aparece como intento de superar as deficiencias do modelo clínico e de consulta. Este modelo basea a súa intervención por programas, entendendo por programa “acción continuada, previamente planificada, encaminada a lograr unos objetivos, con la finalidad de satisfacer necesidades, y/o enriquecer, desarrollar o potenciar determinadas competencias” (Álvarez, Riart, Martínez y Bisquerra (Bisquerra, 1998: 85).

Desta maneira pódese dicir que todo programa implica unha actividade planificada, onde a aplicación deste supón unha actuación común, colaborativa e aberta a diversos contextos, coa finalidade de satisfacer as necesidades detectadas previamente. Así, cómpre sinalar como elementos imprescindibles en todo programa: a identificación dunhas necesidades, que o programa trate de alcanzar uns obxectivos para cubrir as necesidades detectadas, que se produza unha planificación das actividades previamente e que a actividade finalmente sexa avaliada. Así, pódense destacar unha serie de vantaxes neste tipo de modelos como son as seguintes:

  • Ponse énfase na prevención e o desenvolvemento.
  • Permite o cambio de rol do orientador, quen pasa a ser considerado membro do equipo docente en lugar de axente externo.
  • Estimula o traballo en equipo.
  • Operativiza os recursos.
  • Promove a participación activa dos suxeitos.
  • Facilita a autoavaliación.
  • Permite o intercambio entre o centro e a comunidade.
  • Aproximase á realidade.
  • Permite levar a cabo unha avaliación e seguimento do traballo realizado.

-       Modelo de consulta: trata de capacitar ás persoas que demandan este servizo (normalmente mestres e titores) para que sexan eles/as mesmos os que realicen as intervencións de orientación. Cando falamos de consulta estámonos referindo a unha relación entre profesionais, con status similares que se aceptan e respectan, desempeñando cada un o seu papel (consultor/consultante). Esta relación é triádica (consultor-consultante-cliente), sendo o consultante o que decide acudir ó consultor para realizar unha consulta que afecta a un terceiro. Así, pódese dicir que a intervención do orientador é indirecta, mentres que o consultante actúa de mediador levando a cabo unha intervención directa.

 

  • Modelos mixtos:

-       Modelo psicopedagóxico: modelo que leva a cabo unha intervención maioritariamente indirecta (posto que da maior importancia á consulta da institución, do profesorado e das familias que á intervención directa na aula aínda que nalgunhas ocasións si o fai mediante avaliacións psicopedagóxicas ou entrevistas individuais), grupal, interna e proactiva.

 

 

En relación a estes modelos podemos dicir que non son excluíntes é dicir, pódese acudir a calquera deles dependendo da situación na que nos atopemos, os obxectivos, as necesidades … empregando o máis apropiado para caso e en certos momentos empregando algún punto de cada un deles, podendo deste xeito utilizar máis dun modelo se fose pertinente.

 

 

Xa centrándonos nos modelos de asesoramento, é importante destacar a variedade de clasificacións segundo diversos autores, polo que me centrarei nos seguintes:

Schein (1988) leva a cabo a clasificación dos modelos de asesoramento en tres grandes grupos:

-       O modelo de adquisición de servizos por parte dunha institución a cal encarga a un asesor ou consultor externo a necesidade dun determinado servido.

-       O modelo doctor-paciente no cal un consultor ou asesor especialista e externo leva a cabo unha revisión, diagnostica e identifica problemas e decide o que é preciso cambiar e ofrece recomendacións para melloralo.

-       O modelo de consulta como asesoramento de proceso, que se correspondería cunha serie de actividades colaborativas cas cales un asesor/a axuda ó profesor a percibir, comprender e actuar nun ámbito concreto para mellorar unha situación.

Por outro lado, segundo Nieto Cano (2001), os modelos de asesoramento clasifícanse en:

-        Modelo de intervención: define un tipo de asesoramento centrado no punto de vista da parte asesora, a cal interpreta e define a realidade da parte asesorada, determinando a diferenza entre o que está facendo e o que debería ser ou facer, e prescribindo as actividades que van permitir solucionar os problemas, superar as necesidades …

-        Modelo de facilitación: define un tipo de asesoramento centrado no punto de vista da parte asesorada. Neste caso o papel do asesor non consiste en diagnosticar un problema e suxerir unha solución, senón en averiguar cómo axudar ó profesor para que sexa el mesmo quen diagnostique o seu problema e atope a súa solución.

-        Modelo de colaboración: define un tipo de asesoramento baseado na interdependencia entre a parte asesora e a parte asesorada, é dicir, a toma de decisións é consensual, exercida polo asesor e o profesor en condicións de igualdade de estatus e responsabilidade compartida, sendo a influencia bilateral e paritaria.