Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 13.

Páxina 13.

Última actualización de en Raquel Souto López

A FUNCIÓN ASESORA NA ACTUALIDADE.

Para comezar coa situación na que se atopa a función asesora na actualidade, pódese sinalar que o asesoramento presenta unha serie de problemas ós que se lle foi intentando dar solución para desta forma conseguir un asesoramento nos centros escolares moito máis produtivo e colaborativo, no que os membros do centro manteñan unha relación entre iguais co asesor/a. Deste xeito a innovación e os cambios a levar a cabo no centro para a mellora de este, serán máis elaborados ó existir unha coordinación e colaboración entre tódolos membros implicados en dito proceso.

Para comezar, cómpre preguntarse: é maior a calidade do asesoramento sobre a cantidade?, existe esa colaboración e coordinación entre os profesionais?, quén é o verdadeiro protagonista no proceso de asesoramento?.

Para tratar de dar resposta ás cuestións anteriores, plantexaránse os problemas que se poden presentar á hora de asesorar e as posibles solucións ós primeiros.

En primeiro lugar cómpre dicir que as formas de traballo nos centros escolares son primordialmente individualistas, onde o traballo en equipo é moi escaso ó igual que acontece cos espazos e os tempos nos que os profesionais realizan traballos colectivos. Isto xunto cunha visión errónea de que o asesor/a é a persoa que diagnostica e resolve as necesidades plantexadas, da lugar a unha serie de problemas relacionados con este ámbito. Entre eles atópanse os seguintes:

  • A diversificación      profesional dos asesores/as: neste      caso, hai que destacar o amplo abanico de tarefas que o asesor/a deberá      desenvolver durante o proceso de asesoramento nos centros escolares, entre      as cales nos atopamos co apoio ás familias, a formación permanente, a      coordinación con outros servizos non educativos … Desta maneira, a gran variedade      de tarefas a desenvolver necesita unha coordinación entre os servizos que      participan no proceso de asesoramento, tratando non de especificar o que      vai realizar cada un deles senón de coordinar todos os apoios para tratar      de dar reposta ás necesidades dos profesores.
  • As competencias do asesor/a:      na actualidade a competencia      do asesor/a non debe ser vista como unha relación xerárquica de nivel      superior á que exerce o profesorado, posto que o seu papel non é o de      experto que ten a solución ós problemas, senón que se debe plantexar como      unha colaboración entre iguais na que o asesor/a aporta, axuda e apoia ó      profesorado intentando satisfacer as súas necesidades. Así, o asesor/a ten      que mostrar respecto polo profesorado ó igual que pola institución educativa,      para que o centro aprecie esta situación e a colaboración de todos dea      lugar ó avance e mellora da situación educativa.
  • A credibilidade do asesor/a:      esta cuestión fai referencia      á visión que o profesorado pode ter dos asesores/as, aspecto moi importante      para a relación entre ambos. Anteriormente, algúns profesores tiñan unha      visión que fai mención ó asesor/a como un profesional que non quere tratar      cos alumnos directamente, polo que a credibilidade para estes era case      nula. Por este motivo, a colaboración e coordinación na solución de      problemas vai dar lugar a un aumento da credibilidade por parte do      asesor/a, xa que así isto provocará unha mellora nas relacións e      interaccións entre o asesor/a e o profesorado. Para iso, o asesor/a deberá      establecer procesos claros onde exista unha responsabilidade compartida e      non de dependencia, provocando deste xeito unha situación de maior      confianza onde predomina o traballo en equipo.

Deste xeito, é conveniente tratar de buscarlle solucións ós problemas expostos con anterioridade, e tal e como nos mostra P. Murillo (2004), algunhas das solucións corresponderíanse coas seguintes:

En primeiro lugar e tal e como se expuxo con anterioridade, é necesaria a coordinación e complementariedade na actuación de diversos profesionais dentro da tarefa de asesoramento tratando de alcanzar un clima favorable de diálogo e colaboración para a consecución do cambio e mellora na educación.

Por outro lado, cómpre sinalar a importancia dun asesoramento de tipo colaborativo, no que exista unha igualdade das relacións entre os diferentes profesionais que interveñen no proceso de asesoramento e que esixe a identificación de problemas, a selección e deseño de estratexias de solución dos mesmos, así como o seu desenvolvemento e avaliación, partindo da responsabilidade compartida dos distintos profesionais. (Parrilla, 1996).

En relación a isto, Thousand y Villa (1992), elaboran unha definición sobre os equipos de traballo colaborativo, é dicir, un grupo de persoas que están de acordo en:

- Coordinar o seu traballo e adquirir ó menos un obxectivo común publicamente aceptado.

- Adquirir un sistema de crenzas que todos os membros do grupo fan seus.

- Valorar por igual as aportacións de cada membro do grupo.

- Distribuír as funcións de liderazgo de forma que as súas tarefas e funcións de relación sexan distribuídas entre todos os membros.

- Desenvolver un proceso de equipo colaborativo que implique interaccións “cara a cara”, interdependencia positiva, relación de destrezas interpersoais e avaliación individual.

Os elementos necesarios para que un equipo de traballo colaborativo sexa efectivo, son os seguintes:

- Sentimento mutuo de interdependencia positiva.

- Focalización no desenvolvemento de destrezas interpersoais de pequenos grupos en relación á comunicación, liderazgo, toma de decisións e resolución de conflitos.

- Avaliación regular e discusión do funcionamento do equipo e plantexamento de obxectivos para mellorar as relacións e realizar tarefas de forma máis efectiva.

- Estudo de métodos para a adquisición de responsabilidades e compromisos que sexan acordados entre todos.

En relación a isto, destacar diversas propostas organizativas plantexadas en relación ó enfoque de asesoramento colaborativo:

- Asesoramento interinstitucional: a institución educativa é obxecto e instrumento de colaboración, baseándose no traballo colaborativo entre distintas institucións.

- Asesoramento entre profesores: baseado no apoio entre os profesores e a asistencia ós mesmos, que se centra na formación de grupos de apoio colaborativos dos profesores dun centro que colaboran cos seus compañeiros na análise de necesidades e na búsqueda de solucións ás mesmas. Neste caso é importante destacar que a colaboración de outros servizos de asesoramento, tanto internos como externos, non é incompatible.

- Asesoramento interprofesional: consiste na colaboración de diversos profesionais procedentes de ámbitos formativos e/ou profesionais diversos que desenvolven a súa actividade nunha mesma zona ou área.

Trala análise das cuestións propostas con anterioridade, chégase á conclusión de que é necesaria a coordinación e colaboración dos diversos servizos de asesoramento, tanto internos como externos, para axudar ó profesorado nas súas tarefas e necesidades profesionais tratando así de mellorar o sistema educativo e levar a cabo os cambios pertinentes para que isto se produza, tendo sempre en conta o contexto no que se traballa, a autonomía, o clima, a cultura do centro... Por este motivo, o profesorado é o protagonista deste proceso co cal se trata de satisfacer as necesidades e intereses mantendo unha relación de igualdade, coordinación e colaboración.