Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 19.

Páxina 19.

Última actualización de en Raquel Souto López

ARTIGO: “EL ASESORAMIENTO ESCOLAR EN SOCIEDADES COMPLEJAS”.

Trala lectura do artigo “El asesoramiento escolar en sociedades complejas” de Rodrigo Juan García Gómez, pódense sinalar os seguintes aspectos sobre os que reflexionarei a continuación.

En primeiro lugar salientar a importancia da utilización do diálogo e alonxarse dos programas e materiais xa elaborados que se consideran “infalibles”, cando se poderían empregar outro adaptados ó centro e ás características do alumnado e da cultura e contexto do centro educativo.

Por outro lado o texto amósanos que en certas ocasións os asesores/as, empregan ocorrencias tranquilizadoras, nas que ofrecen solucións que en certas ocasións poderían ser factibles, pero nunha realidade simple, non nesta realidade complexa, xa que as solucións como se dixo con anterioridade deben estar inversas nun contexto e atoparse correctamente contextualizadas.

En relación a este aspecto, destacar  que os procesos de innovación, cambio e reforma educativa conlevan un complexo e longo período de análise e reflexión, polo que o cambio debe ser levado a cabo por todos mediante a base do diálogo, compromiso, cooperación …

Así e tal e como se expuxo anteriormente, a realidade é complexa e é necesario analizar os diversos elementos que se atopan interrelacionados para entender o que está a suceder nun momento determinado nunha organización educativa. Ademais disto, cómpre sinalar que para levar a cabo unha innovación educativa non só é importante apreciar os aspectos cercanos ó contexto, se non que tamén e conveniente coñecer aspectos da sociedade e doutros microsistemas que ofrecerán información e ideas para acadar a calidade educativa.

Neste artigo (García, 2006), ofrece unha serie de explicacións a cerca da complexidade existente nos procesos de innovación educativa, entre os que se atopan os seguintes:

 

-        Os profesionais educativos traballan conxuntamente reflexionando e dialogando para tratar de darlle solución ós problemas e desta forma cambiar diversos aspectos da realidade. Así a función asesora non se centrará unicamente en cambiar os contidos e aspectos burocráticos, se non que colaborará no desenvolvemento dun modelo organizativo no que se alcancen acordos nas organizacións. Para iso é imprescindible saber cómo se percibe o centro a si mesmo e desta maneira poder optar por un camiño ou outro, polo que a acción asesora deberá partir das características da institución, da súa identidade, o seu día a día …

 

-        Outro aspecto de elevada importancia no proceso de innovación correspóndese coa aula, os problemas que aparecen nesta, a calidade da aprendizaxe … todos eles de gran importancia á hora de levar a cabo o asesoramento en accións como a elaboración de proxectos curriculares, plans de atención á diversidade … deixando nun segundo plano a análise e búsqueda de solucións a dificultades do desenvolvemento da ensinanza na aula.

 

-        Outro dos puntos tratados neste artigo correspóndese coa tarefa de asesoramento nas institucións de ensinanza,  a cal debe aportar prácticas valiosas ás comunidades. Isto fai referencia á posibilidade das escolas para captar dos medios de comunicación información e organizala para a súa mellora, aínda que dita cuestión non sucede así xa que tal e como se sinala no artigo a actual disciplina das escolas non da lugar a posuír novas prácticas para crear novas identidades.

En relación ó anterior pódese destacar o continuo cambio que experimenta a sociedade, onde existen maioritariamente tendencias dominantes e nalgúns casos a elaboración de proxectos colectivos de desenvolvemento profesional.  Así, os asesores/as céntranse na importancia de non consumir produtos xa elaborados, ofrecéndolle maior produtividade ós propios materiais construídos a  partir do traballo colectivo do profesorado e da comunidade educativa.

Seguindo coa salientable función do profesorado no proceso de innovación e cambio educativo dun centro escolar, pódese dicir que estes enfróntanse á realidade social e educativa de tres maneiras diferentes como son;

  • Reivindicando a volta atrás a un perfil profesional autoritario.
  • Esixindo a protección, en relación a carencias persoais, sociais …
  • Utilizando o diálogo, a colaboración e a participación conxunta da comunidade educativa.

 

En relación a isto destacar que dende o meu punto de vista e atopándome de acordo co autor de dito artigo, a forma de traballo tanto por parte do profesorado como dos asesores/as debería fundamentarse no diálogo, colaboración e participación conxunta de toda a comunidade educativa debido a que desta forma a solución e prevención de problemas sería moito máis satisfactoria. Isto é así, posto que entre todos poderán observar e analizar mellor as cuestións pertinentes para alcanzar unha escola de calidade na que os cambios e innovacións se axusten máis á filosofía e cultura do centro favorecendo así a aprendizaxe dos alumnos e por conseguinte as metas educativas.

 

Finalmente paréceme de interese terminar coa afirmación “Una buena planificación no es suficiente para asegurar un buen desarrollo”, posto que non soamente é necesaria unha planificación se non que tamén é moi importante coñecer o centro, como se desenvolven nel as actividades, o afán por coñecer tanto os aspectos exteriores como os máis escondidos, a axuda entre os diversos profesionais conxuntamente … Todo iso para alcanzar unha boa calidade educativa.