Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 21.

Páxina 21.

Última actualización de en Raquel Souto López

O BENESTAR E O MALESTAR DOCENTE.

Para traballar o tema o malestar e benestar docente (terceiro bloque temático), comezamos realizando un debate na aula, onde a metade dos alumnos deberían ofrecer razón para o malestar docente e a outra metade para o benestar docente. Entre elas podemos atoparnos coas seguintes:

 

BENESTAR DOCENTE

MALESTAR DOCENTE

Os profesores non poden deixarse influír pola   realidade social.

Elevada presión social.

Existe unha maior colaboración e unha axuda de   orientadores/as como asesores/as.

Os cambios na sociedade deben ser tidos en conta polo profesorado e se   non se fan bótaselle a culpa a estes.

En momentos de crise é bo saír adiante e facer   cambios.

Dificultade de saber que o que se fai é o correcto.

Os profesores posúen prazas estables, cun bo   horario …

Pouco recoñecemento laboral.

Traballo ben remunerado.

Falta de respecto, os mestres non se senten valorados.

Existencia dunha motivación interna de poder   cambiar o que non se comparte e tratar de facer algo mellor.

En ocasións existe unha falsa colaboración.

Favorécese máis a unión para mellorar unha   situación negativa.

En algún alumnos por diversas dificultades, antes

Os retos moven a labor docente.

Frustración porque o que se aprende nun día, ó seguinte esquecese.

Vanse valorando os logros día a día.

Diferentes ritmos de aprendizaxe na aula.

Importancia de acadar a inclusión e loitar por   iso facéndoa efectiva, posto que se non se loita non se lograría alcanzar a   satisfacción.

En algúns alumnos, por diversas dificultades, antes de ver os froitos que   alcanzan céntranse en observar que non son capaces de chegar ó estipulado.

O traballo do profesorado non soamente ten   repercusións  nun momento concreto, se   no que deixa pegadas e vai estar en nós a longo prazo.

Sobrecarga de tarefas.

Nalgunhas ocasións os profesores séntense   inseguros, pero esta cuestión non ten porque ser negativa posto que pode   axudar a impulsarse buscando alternativas e en caso necesario apoio.

As novas tecnoloxías provocaron que xente se xubilase antes posto que é   un gran cambio para eles.

Búscase a motivación interna.

A xente debe acostumarse a estar xuntos.

Intención de demostrarlle á sociedade a través   dos cambios que experimenten os alumnos, o imprescindible que é a escola.

Acoso dos alumnos cara os profesores (importancia, en certa medida, da   autoridade)

Posibilidade de comunicación e obtención de   materiais, intercambio de opinións, ideas, reflexións … con outras persoas.

Os profesores séntense presionados polos pais e en ocasións devalúase o   traballo do profesorado.

Un profesor debe crer no que fai.

Falta de apoio social.

Separar os alumnos na adolescencia pode   diminuír a indisciplina.

 

Os medios de comunicación non son   representativos, é conveniente saber interpretar as noticias. Realmente non é   a sociedade se no que son os medios de comunicación os que mostran as   noticias negativas maioritariamente

 

Liberdade de profesionalidade, a importancia de   crer nun mesmo, posto que se esa confianza non existe o benestar docente é   moi difícil de alcanzar.

 

 

 Posteriormente e tralo debate realizado na aula no que se expuxeron os puntos de vista sobre o malestar e o benestar docente nos centro educativo, chegamos a diversas conclusións como son as anteriores, pero á vez pódese dicir, tal e como sinalou Lourdes Montero que “El bienestar y el malestar docente son las dos caras de una misma moneda”. Isto acontece así posto que o que pode ser considerado como benestar docente nun momento pode ser convertido en todo o contrario (malestar docente).

Tra-la análise pormenorizada destes termos, Mónica (antiga alumna), explicounos de forma máis detallada cómo se atopa o malestar docente nos centros, a súa definición, as características, métodos de prevención …

 

                                                   Malestar docente.

 

Para comezar en canto ás definicións de malestar docente, destacar que existen innumerables delas, entre as que nos atopamos con:

  • O malestar docente é un proceso ó que se chega e as consecuencias deste chega ata afectar á personalidade.

 

En relación a este concepto, existen unha serie de causas e consecuencias que dan lugar á aparición do problema, como son as seguintes:

 

CAUSAS

CONSECUENCIAS

Masificación   nas aulas.

Esgotamento emocional: ó pensar continuamente no mesmo, perdendo así as   ganas de todo.

Escasa   valoración da labor docente.

Despersonalización: leva á persoa a un estado que non a deixa tratar co   mundo preto a el.

Progresiva   complexización da organización educativa.

Falta de realización persoal: a persoa comeza a dubidar da súa   capacidade.

Implicación   emocional con alumnos, pais e compañeiros, que desemboca moitas veces en   relacións conflitivas.

Enfermidades físicas como a ansiedade, depresión, dores músculo   -esqueléticos …

Exixencia   constante dun nivel de atención, concentración e precisión.

 

Falta de   recursos para facer fronte ás novas exixencias do sistema de ensinanza.

 

Indisciplina   dos estudantes.

 

                                       

 

Posteriormente falouse a cerca do locus de control do profesorado, onde toda persoa debería ter un punto medio en cada unha das dimensións (Weiner, 1979):

-        Dimensión interna / externa: fai referencia á acción de pensar se o que acontece é culpa dun mesmo ou pola contra é culpa dos de fóra.

-        Dimensión estabilidade / inestabilidade: atribución dos fracasos a un mesmo ou non, durante un período de tempo (sempre ou nalgunhas ocasións).

-        Dimensión controlabilidade / incontrolabilidade: sucede cando unha persoa pensa que como de el/ela mesmo/a non dependen as cousas, non pode controlar iso.

-        Dimensión globalidade / especificidade: cando a situación se lle atribúe a tódolos ámbitos ou soamente a un específico.

 

Tras coñecer o problema do malestar docente, agora hai que tratar de afrontalo, e para iso pódense empregar diferentes tipos de afrontamento como o afrontamento focalizado no problema, o afrontamento focalizado nas emocións e o afrontamento focalizado de evitación.

Ademais é posible a posta en práctica de programas de prevención do malestar docente, nos cales se comezará coa exposición sobre o que é o malestar docente, por qué ocorre … para introducir ás persoas neste tema, e a continuación poder ensinarlles a solucionar os problemas e traballar técnicas de relaxación e control do estres, a xestión do tempo e planificación de tarefas gratificantes, o control do pensamento, a reestruturación cognitiva e un posterior seguimento.

 

                                                             malestar vs. benestar docente.