Portafolios: RECOMPILACIÓN FINAL

Portafolios: RECOMPILACIÓN FINAL

Última actualización de en rodridombodan

Alcanzamos o punto final da materia Multimedia e Software Educativo, e para finiquitar presento o seguinte portafolios no que farei un percorrido das aportas que se deron nesta plataforma e tamén das experiencias e aprendizaxes que puidemos vivir durante o desenvolvemento das sesións de clase.

Recordo que nun principio tivemos que aclarar conceptos clave sobre a materia. Nun primeiro debate na sesión expositiva saíron certas dúbidas que tentamos de ir desgranando. Por exemplo, falamos das consecuencias da tecnoloxía na educación e apuntáronse algunhas reflexións de interese: 

- A mellora depende da perspectiva de quen pense nesa mellora

O software é un material sobre o que sempre hai detrás un enfoque ou perspectiva de aprendizaxe

image

Ó respecto, veñen as primeiras aportas realizadas na rede stellae que consistían en analizar as cuestións que nos planteábamos de cara a á materia.

Cuestións sobre a materia Multimedia e Software Educativo

Tratábase neste caso de irnos adentrando en aspectos como as limitacións, selección, crítica, etc, dos materiais multimedia na educación; desenvolvemento de conceptos como os repositorios dixitais, os tipos de materiais...; e tamén presentar as expectativas que tíñamos respecto da asignatura e ó noso desenvolvemento nesta.

Tamén dedicamos o tema dos recursos multimedia, centrándonos especialmente na webquest, da que faríamos máis tarde un pequeno proxecto de deseño dela. Poidemos experimentar coa ferramenta JClic, unha ferramenta interesante pero que na miña opinión podería ser moi mellorable debido a que as actividades plantexadas son na maioría moi semellantes ás plantexadas de xeito curricular en formatos tradicionais, e o único que cambian é o entorno e a linguaxe, que pasan a ser virtuais. 

Squeakland

Hot Potatoes ou como crear o noso propio JClic

Obviamente estos son prácticamente infinitos en variedade e moi interesantes como o Scratch, un editor multimedia a través do cal se poden crear xogos, simulacións, historias animadas, etc. 

image

Os repositorios dixitais foi un elemento tamén tratado durante as sesións na aula. Estos son unha especie de almacéns que conteñen información dixital (bases de datos, arquivos...), con acceso autentificado. No campo educativo son moi empregados xa que conteñen unha acumulación de información enorme (proxectos, experiencias, materiais...), que pode ser empregada por diferentes profesionais do ámbito, converténdose así nunha ferramenta de compartimento de gran altura. 

En canto ás webquest, o noso traballo comezou pola análise de 3 destas, seguindo como pauta unha rúbrica predeseñada.

Actividade de análise das webquest. Grupo: Ana García e Rodrigo Varela

Outra sesión de bastante interese, e que viña moi entroncada coa materia de Deseño de Materiais Didácticos, foi dedicada ao libro de texto. Durante a clase poidemos tratar dun xeito profundo o tema das vantaxes e desvantaxes deste respecto do seu uso, como por exemplo o seu carácter tradicional, o uso político que se fai del, o pouco estimulador que é, pero que segue a ser empregado maioritariamente por razóns como a súa orde estruturada de contidos, a facilidade de seguir por parte do profesorado ou porque presenta a pais e nais unha idea do que estudan os seus fillos.

image

Logo detivémonos máis na creación dunha webquest, a cal a decir verdade levounos o seu tempo poder realizala, e non do xeito máis acertado. 

http://stellae.usc.es/phpwebquest/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=714&id_pagina=1

http://stellae.usc.es/phpwebquest/webquest/soporte_derecha_w.php?id_actividad=725&id_pagina=1

 Tamén tivemos logo de facer estas, unha sesión de análise das webquest realizadas por cada grupo de traballo. Foi de grande utilidade para poder coñecer realmente as características básicas deste recurso, e para clarificar realmente as utilidades e obxectivos que deben cumplir para ser de utilidade e significativamente educativa. Ao respecto, tamén fixemos unha análise sobre o que supuxo para nós a realización desta actividade no blog do grupo da nosa materia que resultan reveladoras.

Outra parte da materia e realmente interesante, foi a que trataba sobre os videoxogos. Foi unha pena carecer de todo o tempo necesario para profundizar nesta área, xa que resulta de unha amplitude e riqueza moi poderosas. Ó longo do curso fun subindo algúns videos sobre o tema que me resultaron bastante chamativos:

Educación e videoxogosimage

Este pareceume moi interesante debido ás observacións que se daban respecto a como os rapaces aprenden cos videoxogos:

-"...estaba aprendiendo sin darse de cuenta que estaba aprendiendo."

-"Personas de 14 años son capaces de manejar esta información y encontrarle sentido, es realmente extraordinario."(mentres ensina unha pantalla do videoxogo World of Warcraft chea de múltiples opcións e prácticamente inintelixible)

Unha forza imparable                      image

Este outro trata sobre James Paul Gee, que deixa conclusións realmente interesantes, falando dunha dualidade de currículums: un dentro da escola (tradicional, alfabetizador e ríxido) e outro fora dela (moderno, popular, dinámico e con sistemas complexos de aprendizaxe), no que o segundo está empuxando de maneira que está obrigando ó primeiro a transformarse e restructurarse. 

Tamén en relación ós videoxogos comentei algunhos artigos que me resultaron moi reveladores sobre debates típicos relacionados entre a educación e os xogos:

¿Videoxogos VS Educación?: o eterno debate

ou entre os videoxogos e os comportamentos conflictivos e a violencia:

Falla a ecuacion +Videoxogos=+ Violencia

Pero tamén comentei outros aspectos relacionados coa materia que me resultaron interesantes. Un exemplo é este  vídeo sobre a creatividade na escola:

Creatividade e escola                   image

Ken Robinson expón conclusións que me parecen moi reflexionables:

"se supone (la educación) que nos llevará a un futuro que no podemos comprender...los niños que entran en esta escuela este año se estarán retirando en 2065. Nadie tiene idea...de como será el mundo en 5 años, y sin embargo, se supone que los educamos para eso". 

Logo desta introducción adéntrase no centro do discurso, que xira en torno á creatividade dos educandos, que dende pequenos están moldeados por ela e que co paso do tempo a van perdendo, en parte por culpa dun sistema de educación desfasado: "Al crecer no adquirimos creatividad, sino que crecemos perdiéndola...somos educados para perderla". Esta visión pareceume salientable porque debemos contemplala como creadores de materiais multimedia ou software educativo. Debemos ter a clara idea de ter a idea da creatividade como principio de enorme relevancia no exercicio de educar.

Sobre o libro electrónico tamén atopei un artigo que me mereceu mención, e que trataba sobre un caso curioso sobre a aplicación dos libros de texto electrónico.

Uso político do libro electrónico

Sobre o software libre estivemos tratando en clase e estivemos discutindo acerca de experiencias que foron levadas a cabo acerca da implantación deste, por exemplo en comunidades como a de Extremadura. Algo relacionado atopei un artigo ó que lle dediquei unha pequena análise

Software libre e recortes en Educación image

 En xeral, estes foron os temas maiormente tratados durante a materia. Como se pode apreciar, tratáronse temas de xeito que indagáramos por nos mesmos de cara a acadar un maior coñecemento, e nese aspecto entendo a título propio, que non foi todo o extensamente debido. Aínda así, creo que o realmente relevante que se pretendía nesta materia foi resolto nos seus puntos clave, e tratáronse os temas de xeito dinámico e intentando que fósemos buscadores de coñecemento a partir das informacións que se nos daban. E prescisamente fallou o proceso de indagación nese saber, xa sexa por tempo ou por outras razóns, a autocrítica é necesaria. De todos os xeitos, quédome con que "tocamos un pouco a cada pao" e nos vamos sabendo facer un esbozo dunha webquest (cousa máis difícil do que pode parecer), pero sobre todo levamos clara a idea de que crear é un proceso farto difícil, e de que para facelo de xeito axeitado non hai nada mellor que trazar un proceso claro e inxenioso do que queremos presentar. Qué materiais empregar, cómo e onde buscalos, de qué xeito sacarlle proveito e sobre todo como lograr que sexan significativos é unha empresa á que estamos destinados os pedagogos a averiguar, e penso que durante estes meses foi o máis relevante do que aprendín nesta materia.