A.2. Introdución

A.2. Introdución

Última actualización de en coral lopez lozano

Que é Tecnoloxía educativa?, A que me enfronto con ela?, Que me espera nesta materia?,… Foron moitas as preguntas que me fixen antes de dar comezo a miña andaina polos contidos da presente materia. Dalgún xeito e ao igual, creo, que algúns dos meu compañeiros, non entendíamos moi ben que tiña de especial esta materia para a nosa titulación. No meu caso intuía que poderíamos centrarnos en exercicios online, ou no uso dos ordenadores nas aulas, mais por nada me esperaba o que realmente resultou.

Na presentes páxinas recollo un análise daqueles contidos que fun abordando ao longo da miña traxectoria na materia. Para realizar un análise máis completo, decidín agrupalos en catro apartados. En primeiro lugar unha pequena referencia a miña introdución na materia, as miñas primeiras expectativas na mesma e aos meus primeiros medos. En segundo lugar e co título de “Paradas obrigadas” recollo todas aquelas entradas do blog que fan alusión as actividades concretas realizadas en clase. A continuación, detéñome nun apartado centrado na sociedade, no cal me centro na familia, as redes sociais ou a publicidade, dentro da Sociedade da Información ou da ansiada Sociedade do Coñecemento. Coido que este apartado é un acercamento ao que nos rodea, a aqueles aspectos tratados en clase de maneira transversal e que son sen dúbida clave no noso desenvolvemento. Por ir finalizando, recollo un dos máis importantes apartados da presente memoria, o referente á educación. Neste epígrafe intentarei dar resposta a algúns dos contidos tratados en clase, así como afondar sobre distintas iniciativas e novas metodoloxías que poñen en xogo o papel das tecnoloxías no aprendizaxe dos alumnos. Para rematar, inclúo un apunte de reflexións e conclusións finais acerca dos aprendizaxes e a implicación persoal na presente materia.

O que quero mostrar a través da metáfora do camiño son todos aqueles puntos clave da materia, abordándoo dende a miña experiencia persoal e apoiándome sempre nos contidos e reflexións traballados ao longo do meu E-Portafolios. Por tanto, o camiño acaba de comezar, espero que o traxecto sexa óptimo e sen moitos sobresaltos.

Empezar