A.3. Comeza o camiño

A.3. Comeza o camiño

Última actualización de en coral lopez lozano

Non saber a que aterme con esta materia, foi o primeiro medo ao que me tiven que enfrontar. Todo cambiaba, nada era igual, dende a disposición das mesas na aula, ata a inexistencia dun exame final, pasando pola creación dun E-Portafolio, do que non tiña nin idea de por onde empezar.

Foron estas primeiras sesións nas que fomos tomando contacto coa materia, coñecemos o tipo de avaliación que se ía levar a cabo, así como os criterios a seguir nesta, ademais de presentársenos a Rede Stellae na cal debíamos levar a cabo a construción do noso portafolio. Un traballo paulatino que iamos ter que realizar ao longo de todas as semanas do curso, engadindo aqueles contidos máis destacados da materia así como aspectos do noso interese que poderían ser relevantes para complementar a nosa formación.

Tendo en conta isto decidín poñerme mans á obra, e sen saber moi ben porque, decidín realizar un pequeno glosario de termos. Na presente entrada, ademais de engadir un interesante artigo sobre a evolución e conceptualización da Tecnoloxía Educativa, de Julio Cabero, abordei as definicións de tecnoloxía Educativa, TIC e Tecnoloxía. Aínda que estaba a comezar coido que ter asumidos estes conceptos era vital para poder empezar o traballo coa materia. Debo indicar que botando a vista a tras coido que me faltaba engadir o que significaban para min os conceptos, adaptalos ao meu vocabulario e facelos máis accesibles e asumibles. Aínda así os conceptos eran claros e concisos.

Pequeno glosario de termos

 

De todo isto debo destacar a seguinte idea recollida do Dicionario Galego de Pedagoxía que entende a Tecnoloxía Educativa como a “Disciplina pedagóxica que estuda o deseño, desenvolvemento, uso e avaliación dos medios e as tecnoloxías nos procesos de ensino aprendizaxe”, polo tanto convértese nunha disciplina propia ante a tecnoloxía así como engloba no seu propio traballo as TIC, como un dos entre outras ámbitos de estudo. Neste senso podo destacar que esta idea é a que se desenvolveu ao longo da materia, posto que dende os distintos contidos fomos abordando os distintos tipos de tecnoloxía e como influían na educación, así como exemplificamos casos concretos de uso das tecnoloxías na educación ademais de realizar avaliacións, aínda que medianamente simples, de distintos software educativos. Sen dúbida abordamos en liñas xerais aqueles puntos fortes da materia, a que nos estabamos enfrontando, dende o traballo práctico ata a reflexión.

Sen ter moi claro por onde ía a seguir desenvolvéndose a materia, vin que esta primeira entrada me abría as portas a unha metodoloxía moi distinta a vivida ata o momento. Non se me ía xulgar por abordar un ou outro tema, o que se ía a facer era avaliarme sobre o meu proceso reflexivo a miña análise dos termos e o meu achegamento aos contidos da materia e a miña experiencia persoal. Coido que dalgún xeito isto era o que precisábamos e aínda que existía moita néboa no camiño que estaba a comezar a necesidade de saber en que ía a consistir, así como ver que o E-Portafolio ía cobrando forma foi despexando o meu desenvolvemento na materia.

néboa