A.4. Paradas obrigatorias

stop

Este epígrafe céntrase en todas aquelas actividades, obrigatorias que fomos levando a cabo nas distintas sesións interactivas e sobre as cales debíamos reflexionar e traballar en profundidade. Estas corresponden ás seguintes entradas de Blog:

"Influencias"

A importancia dunha boa procura

Unha experiencia interdisciplinar en Ed. primaria mediante o uso de Squeak

O valor do envoltorio

JClic e WebQuest

JClic e WebQuest II

 

Sen dúbida un dos feitos que máis destaco desta materia e como non, con un dos que máis aprendín e a realización da nosa Biotecnoloxía. Debo dicir que formaba equipo con Anaís, o cal facilitou moito as cousas xa que acostumamos realizar moitos traballos xuntas. Ademais tanto ela coma min temos gustos moi semellantes o que facilitou en gran parte que as cousas en común fosen moitas, así como que chegaramos a un consenso rapidamente. Aínda así tivemos distintos problemas co vídeo, posto que non lográbamos alcanzar o obxectivo da materia, mostrar o que implicaran para nós as tecnoloxías. Foi unha tarefa complexa máis con todo puidemos concluíla de forma moi satisfactoria, e aquí o resultado:

En canto ao resto de actividades debo destacar así mesmo a importancia que suscitou para min realizar un análise específico das nosas procuras, é dicir, analizar como buscamos información e cales son aquelas webs nas que centramos as nosas procuras. Atendendo a isto nunha serie de sesións interactivas traballamos con distintos buscadores, metabuscadores, repositorios e un sen fin de paxinas web das que non tiña nin idea e as cales forman un papel moi importante nas miñas procuras actuais. Centrar parte das sesións en aprender a buscar en internet coido que é moi importante posto que non só nos serve de cara a esta materia senón que é unha axuda para calquera outra, posto que nos permite ter maior número de recursos e opcións á hora de levar a cabo un traballo de análise.

Por outro lado, considero que ata este momento estabamos moi mediatizados polo uso de Google, con todo, aínda que o seguimos empregando, ou polo menos no meu caso así, comparte espazo con outros como Dogpile. Aínda así creo que non sei nin a metade das opcións que podo atopar en internet así como dos recursos, mais ir coñecendo os dos nosos compañeiros grazas á sección de favoritos ábreche os ollos cara moitas páxinas que non coñecías e que sen dúbida mostran novas opcións.

Outra das actividades propostas xirou entorno á procura de experiencias do uso das tecnoloxías no sistema educativo. Esta actividade estaba formada por dúas partes, en primeiro lugar a procura dunha experiencia por internet e en segundo lugar, a procura dunha experiencia na Biblioteca da facultade. As principais problemáticas coas que me atopei na procura en internet e que todas as experiencias que atopaban me parecían inconclusas, posto que non aportaban moitos datos, ou non eran oficiais, ou mesmo carecías de bibliografía. Estes feito, que me centrara na busca dunha fonte contrastada levoume a alongar moito a procura. En cambio no caso da procura na biblioteca, foi moito máis sinxela posto que xa traía algunhas ideas de exemplos que aportara Adriana na clase, con todo atopeime cun problema co que non contaba, a limitación de libros na biblioteca da facultade, o que me levou a ter que pedir a outra facultade o presente libro.

Este feito implica unha reflexión acerca das facilidades que atopas na web e as complicacións que podes atopar ao só ter acceso físico aos documentos. Creo que a opción dos libros dixitalizados está a cobrar peso nos últimos anos, con todo aínda queda moito por facer e sen dúbida ter a opción de poder consultar por internet facilita en gran medida as esperas ou as limitacións que pode ter unha biblioteca.

Por último, a última parte das sesións interactivas dedicámola ao traballo co JClic e cunha Webquest. Analizar ambos software foi unha tarefa complexa, sobre todo en canto ás teorías que sustentaban cada un deles, feito que me levou a ter que corrixir os erros da miña primeira publicación no blog ante este tema. Considero que ter en conta estes instrumentos é moi importante para mellorar ou polo menos cambiar as dinámicas tradicionais que se levan nas aulas. Debo destacar ademais, que o meu análise nun primeiro momento foi moi inconcluso, ben é certo que non tiña os datos de cómo levalo a cabo. Analizalo na aula centrándome en cada un dos aspectos e tendo en conta os puntos nos que debía facer fincapé, axudoume moito a ampliar un campo no que non  sabía nin en que fixarme para entender se un recurso era bo ou no.

Coido que errar é de sabios e rectificar tamén co cal aínda que me equivoquei no meu primeiro análise, saber en que me debía fixar e que debía entender e destacar en cada actividade, permitiume elaborar un análise máis completo onde as bases teóricas de cada recurso estaban totalmente xustificadas.

Debido a isto e a modo de conclusión deste apartado, debo destacar a importancia que ten levar a cabo estas actividades, posto que nos axudan a reflexionar sobre o que traballamos, non só velo na aula e deixalo, senón que pararte a pensar en se é óptimo ou non, se recolle as características necesarias para que poidan acadarse os obxectivos que persegue entre outros é un feito moi importante para entender tanto as experiencia de inclusión das tecnoloxías nas aulas como para coñecer os distintos recursos educativos que atopamos na rede. Sen deixar de lado a importancia de realizar unha boa procura, así como reflexionar sobre o noso papel coas tecnoloxías e que implican en nós, posto que se somos nativos dixitais por algo é.