A.5. A sociedade

Neste camiño que vou percorrendo e tendo en conta a miña situación de nativa dixital coido que un punto fundamental no meu desenvolvemento é a sociedade que me rodea, debido a isto nas seguintes entradas do blog, levei a cabo unha reflexión acerca da Sociedade da Información e como non, da tan esperada Sociedade do Coñecemento, centrándome así mesmo en diversos fitos da tecnoloxía que nos rodean e sen dúbida inflúen en nós. Como son as redes sociais e a publicidade. Ademais non quería esquecerme dun punto fundamental na vida de toda persoa, a familia e por iso introducín un pouco a situación vivida na actualidade coa irrupción das tecnoloxías no fogar.

A educación e as Sociedades do Coñecemento

A publicidade xoga coas nosas emocións

A familia e a tecnoloxía

As redes sociais

 

Para comezar, considero imprescindible analizar a sociedade na que me atopo, cales son os seus obxectivos e que buscan os analistas do movemento actual. Neste sentido rescatei algunha idea que defendía a procura dunha sociedade do Coñecemento, que se convertese nunha evolución da Sociedade da información na que vivimos, posto que a información por si soa non xera coñecemento, sendo necesario potenciar un pensamento crítico nas persoas que fagan evolucionar deste xeito a sociedade. A partir de esta idea central, intentei desenvolver unha serie de apartados que tiñan en conta distintos feitos que nos rodean e que sen dúbida inflúen en nós aínda que non nos decatemos desto.

Neste sentido centrei o meu análise na publicidade, feito abordado na clase e o cal sen dúbida me resulta moi atractivo. A partir dun anuncio de televisión no que se preguntaban se as tecnoloxías nos emocionan, iniciei unha pequena reflexión acerca da utilización de diversas imaxes, sen dúbida moi emotivas para captar a nosa atención. O que podemos ver e que ao largo do tempo a publicidade foise convertendo nun eido cada vez máis importante no que se moven millóns de diñeiro e no que o obxectivo final e convencernos de algo. Ante isto, pregúntome unha cousa,  Porque os anuncios que promoven a non violencia ou o non consumo de substancias ilegais non causan o efecto que deberían causar, en cambio unha nova bebida ou un novo móbil se compra en masa? Aínda que non teño resposta coido que nestes últimos tempos estar “ á moda” e o que se leva, ter a última tablet ou o ordenador máis fino do mercado. Debido a isto defendo a idea de potenciar esa conciencia crítica que nos faga reflexionar sobre as influencias que recibimos e que nos faga conscientes de cales son as necesidades que temos.

Aínda que o tema da publicidade é un feito moi destacable non podo esquecer a importancia que teñen no noso día a día as redes sociais.

 

Feliz Cumpleaños!!

Sígote!

Ata que punto!

A tecnoloxía como substituta

 

A través destas  imaxes quixen ir abordando distintos feitos que implican as redes sociais así como a tecnoloxía en xeral. En primeiro lugar centrarme na opción das redes sociais como xeito de comunicación con outras persoas, desbotando en moitos casos a comunicación cara a cara. A importancia dos “me gusta” ou seguir a alguén en Twitter son feitos que se teñen en conta na nosa sociedade, un exemplo disto e o papel que fan os políticos coas redes sociais. Con todo non quixen deixarme cegar pola simple acumulación de temo diante dun ordenador senón que quixen ir máis aló e nese punto é onde entra a familia.

Nunha das imaxes que expuxen amosase o ordenador como substituto da función dunha nai, no vídeo que se inclúe na entrada do blog sobre a familia vese unha evolución das tecnoloxías no seo desta e como a comunicación entre os seus membros vaise perdendo ao longo do proceso. Ter en conta estes feitos e percibilos como puntos importantes na nosa formación coido que son claves para esa conciencia crítica que debemos fomentar ese análise da implicación que ten un uso excesivo ou un mal uso dunha tecnoloxía, coido que nos somos os primeiros que debemos ter presente este feito, ademais creo que este é un dos temas principais sobre o que traballamos a maioría de nós debido en gran parte a que todos nos empregamos estes medios de comunicación e coñecemos tanto o seu funcionamento como os seus tópicos. Mais con todo, penso que nunca nos formularamos tantas cuestións, ou nos decataramos da importancia que teñen na nosa vida.

Entendo, que todos estes puntos foron tratados na materia aínda que de maneira transversal, debido a isto consideraba preciso que no meu camiño nesta materia debían formar parte posto que son algunhas das pezas clave que nos inflúen e coas cales aprendemos.