A.6. Aprendizaxe e formación. A educación

O presente epígrafe é sen dúbida a clave deste camiño, non somos nada sen educación e sen formación. Xa antes incluín a familia posto que sen dúbida son a nosa primeira fonte de aprendizaxe. Con todo, neste apartado debo destacar a importancia da educación. Neste sentido incluín as seguintes entradas de blog as cales agrupo en diversos tipos. En primeiro lugar, introducín un epígrafe no que rescataba os medos que atopan os docentes ao uso das novas tecnoloxías así como das novas metodoloxías, para complementar este apartado e introducir ao alumnado realicei unha reflexión ante algúns dos puntos clave da Alfabetización dixital, tan necesaria no momento que estamos a vivir. A parte disto, pareceume moi interesante incluír unha serie de ferramentas online para docentes que van dende a administración de documentos ata a creación de recursos.

Os docentes

A alfabetización dixital

50 ferramentas online para docentes

  educación

Por outro lado, considerei preciso recoller o meu PLE, feito que abordamos nas sesións expositivas e que sen dúbida contribuíu a que entendese moito mellor en que consiste esta metodoloxía de traballo. Ter en conta a importancia do meu PLE é clave para entender a necesidade de compartir información e análises cos meus compañeiros así como de contribuír as súas reflexións, traballando conxuntamente na creación dos coñecementos desta materia. Considero preciso así mismo rescatar a imaxe do meu PLE, posto que é un claro reflexo da situación que vivo eu así como pode extrapolarse a situación da maioría das persoas da miña idade, posto que polo que puiden ver nos blogs dos distintos compañeiros, todos son moi similares.

Personal Learning Environmet (PLE)

Personal Learning Environmet (PLE) (Segunda parte)

O meu PLE

 

A última parte deste apartado fórmana unha serie de entradas nas que recollo a necesidade dunha nova educación. Ante isto comezo por un análise dunha nova teoría o Conectivismo, presente en todas as novas metodoloxías que aportan un papel fundamental ás tecnoloxías na aprendizaxe dos alumnos. A partir disto enumero unha serie de novos modelos formativos, dende a formación E-learning, pasando polos MOOC, e as metodoloxías Flip Teaching e Edupunk, para concluír cun análise dos docentes e dos alumnos do s.XXI.

Necesidade dunha nova educación

E-learning

MOOC

Flip Teaching

Edupunk

Docentes e alumnos do s. XXI

O que quixen conseguir con estas entradas, foi mostrar todos aqueles cambios que se están dando na educación os cales confiren aos alumnos un papel de protagonistas. Con todo, debe destacarse en todo momento o papel dos docentes posto que eles son tamén papel importante no proceso educativo nas institucións escolares. Ademais pareceume moi interesante engadir distintas metodoloxías as cales non foron tratadas en clase e exemplifican moi ben o que esta a ocorrer entorno ás tecnoloxías na educación.

Por tanto, este epígrafe convértese na clave principal do presente E-Portafolios, no cal se recollen gran parte dos contidos expostos en clase e que son clave para a nosa formación en materia de Tecnoloxía Educativa.