A.7. Conclusión

A.7. Conclusión

Última actualización de en coral lopez lozano

Todo traxecto chega ao seu fin, e o meu camiño na presente materia non ía ser menos. Foron moitos os camiños que podía haber collido pero sen dúbida este é o que mellor exemplifica o meu desenvolvemento na materia.

dirección

Unha vez elixida a dirección que ía tomar o meu E-Portafolios e establecidos todos os contidos que ía tratar, a tarefa de sintetizalos é explicar o porque da súa elección considero é clave no meu proceso de aprendizaxe. Neste senso considero preciso recuperar a miña última entrada no Blog na que abordo o tema do E-Portafolios, partindo da conceptualización do mesmo, para continuar cun análise persoal do que implicou para min así como desenvolvendo unha pequena reflexión sobre aquelas habilidades metacognitivas que fun adquirindo.

E-Portafolio

O fío condutor do meu traballo céntrase por tanto, nun camiño que mostra a evolución de contidos que fomos tratando na aula, relacionándoos coa miña experiencia persoal e facendo especial fincapé en aqueles aspectos tratados de forma transversal e que dalgún xeito se acercaban moito máis a miña experiencia persoal. O que quixen conseguir foi reflexar todo o tratado na materia pero sen deixar de lado aqueles aspectos que me parecían interesantes e que considero axudaban a ampliar os contidos tratados.

En liñas xerais e como xa dixen na última entrada do Blog o camiño foi complicado, sendo a avaliación un cambio de sentido obrigado, no cal cambiei de forma notable a dinámica que estaba a seguir no desenvolvemento da materia. Como xa dixen, impactoume moito a avaliación que tiven posto que pensaba que o estaba a facer ben ata o momento. Mais con todo puiden darme conta claramente do que se pretendía, podo dicir que me abriu os ollos e produciu un cambio transcendental no meu análise dos contidos posteriores. Ademais engadín unha ampla cantidade de imaxes, esquemas e vídeos que clarificaban en poucas palabras todos os contidos que analizaban e que axudaban a que estes foran moito máis dinámicos e interactivos.

camiño

Por outro lado, debo facer fincapé nas habilidades metacognitivas que desenvolvín e potenciei o largo do camiño. A miña mochila está cargada de contidos, eran escasos os que traía máis pouco a pouco foise cargando de números aprendizaxes e contidos que me axudaron a realizar análises posteriores, así como contribuíron a fomentar en min unha dinámica de aprendizaxe e formación moi distinta a que practicaba ata agora. Posto que aínda que analícese información para ampliar contidos en distintas materias, o certo e que só se me ía avaliar daqueles que foran tratados en clase co cal non se ten en conta o traballo que ti realizas a maiores. Neste sentido, destaco por tanto que as estratexías seguidas, así como os análsis realizados forman parte das habilidades que fun adquirindo, mellorando así mesmo a miña procura de información, feito que contribuíra notablemente aos contidos que traballo. Ademais podo dicir que adquirín consciencia acerca dos métodos que seguía no traballo dos contidos, así como son consciente dos aprendizaxes que adquirín.

Sen dúbida este cambio de metodoloxía complicou en certo modo o camiño que ía seguir na materia, posto que a facía completamente distinta a calquera outra, mais esto é o que a fai importante. Considero que unha materia como esta non podería levarse a cabo doutra maneira que non fose tendo en conta a importancia do aprendizaxe colaborativo, o papel dos noso PLEs e as tecnoloxías como soporte. Fomentar o traballo autónomo é sen dúbida unha das claves das novas teorías e metodoloxías do aprendizaxe, somos conscientes por tanto da importancai de realziar cambios na educación que fomenten cambios na sociedade e que contribúa a unha educación óptima na que os alumnos sexan os encargalos de administrar o seu proceso e decidir cales con os camiños que van a seguir. Aínda que a liberdade que supuxo esta materia podía darme temor nun primeiro momento, só fixo que aumentese o meu interese no análise de metodoloxías que impliquen o paple protagonista do alumnos, así como todo o que teña que ver coa miña formación ao longo da vida.

Para rematar, quero volver a vista a tras, quizás se volvera a empezar agora o formulamento do presente E-Portafolio podería ser distinto en canto á colocación de contidos ou na adquisición doutros novos, o que non cambiaría é o meu análise, o meu interese en determinados fitos, a miña insistencia en indagar en novas metodoloxías educativas, afondar na importancia da creación dunha sociedade crítica. Sen dúbida seguiría tendo a esencia deste E-Portafolio, posto que a esencia del son eu mesma, as miñas vivencias, as miñas influencias e os meus intereses.