B_INTRODUCIÓN

Preguntarédesvos o porque dunha fotografía dunha moto na portada. A resposta a esta cuestión é moi sinxela: o entorno virtual do Grupo de Investigación Stellae, resultou ser para min un novo camiño que emprendín e co que aprendín moitísimo. Como todos sabemos, esa sensación de liberdade que impera cando nos montamos nunha moto, tamén se desenvolveu nesta rede social, éramos libres, podíamos publicar o que nos desexáramos sempre e cando tivera relación coa tecnoloxía. A isto hai que engadir a motivación que nos supoñía esta liberdade, xa que construíamos unha ruta pola que conducir segundo nos gustara máis ou menos a paisaxe.

 

                                                                    image

 

            Comezamos o percorrido pouco a pouco, non coñecendo onde sería o noso derradeiro lugar no que nos reteríamos a ollar o novo horizonte, este panorama ó que miraríamos e lembraríamos todos aqueles paraxes que fomos visitando: Webquest, Jclick, PLE, LMS...

            Apuntar que, non emprendemos a marcha na nosa moto sos, senón que o fixemos cos nosos compañeiros. Porén, aínda que partimos todos dun mesmo lugar cun mesmo GPS que nos ía dirixindo polos camiños que máis nos chamaban a atención co fin de acadar o lugar desexado, ó final, cada compañeiro chegou a un lugar diferente, con aprendizaxes distintas. Hai que dicir que, cando emprendemos a marcha, non todo foi sinxelo, atopámonos con algún que outro bache, non sabendo con certeza cara onde tirar, esforzándonos en cada paso que dábamos, pero sobre todo con ganas de conseguir a meta.

            Finalmente, neste intre, podemos expoñer que as vistas do panorama son marabillosas, nunca antes experimentaramos esta experiencia, e sobre todo, as grandes aprendizaxes que obtivemos, indagando a través dos lugares, da xente que habitaba os mesmos e a través dalgúns dos compañeiros que aínda nos acompañaban. A ruta trazada foinos de gran proveito, e todo grazas ó noso interese e a ese GPS que nos ía amosando o correcto camiño en relación coas nosas expectativas e ganas de atopalo.

 

    image