C_XUSTIFICACIÓN DO E-PORTAFOLIOS

Como observades a través da estrutura proposta neste documento dixital, decidinme a desenvolver un documento formal, con aspectos que atopamos en calquera informe ordinario (portada, introdución, conclusión, etc.), deses dos que estamos acostumados a realizar en case todas as materias do noso grao de Pedagoxía.

            Aínda que a metodoloxía a empregar pola profesora da materia “Tecnoloxía Educativa” e o modo de proceder na mesma dista moito de todas as outras materias da nosa titulación, considero axeitado seguir unha estrutura formal no meu e – portafolios, xa que dende a miña perspectiva a información que traballei ó longo deste corto cuadrimestre quedará máis organizada e precisa seguindo un modelo ben estruturado.

            Primeiramente, deberemos encadrarnos nun marco temporal no noso informe, así dicir que, a nosa andaina nesta materia comeza un martes 26 de febreiro, amosándosenos unha alternativa totalmente educativa a esas clases maxistrais e pouco interactivas ás que xa estabamos máis que familiarizados ó termos que desenvolver o noso quefacer na materia a través dun entorno virtual que deixou constancia de varios aspectos que irei desenvolvendo ó longo do presente documento. Do mesmo xeito, rematamos as nosas sesións de clase outro martes, o 7 de maio, máis concretamente, dándolle fin de modo presencial á materia, pero continuando coa nosa labor en “Tecnoloxía Educativa” de forma on-line, mediante o traballo constante na rede social do Grupo de Investigación Stellae, e tendo que cerrar xa que logo, como data límite este e-portafolios o xoves 30 de maio.

            Sen máis, presentar que o e-portafolioes una colección de materiales digitalizados que incluyen demostraciones, recursos y logros que representan a un individuo, un grupo o a una institución. Este texto puede comprender texto, gráficos o elementos multimedia que se pueden consultar en Internet o en otro medio electrónico como un CD-ROOM o un DVD. Un e-portafolio es más que una simple colección – también sirve para administrar, organizar y controlar los trabajos creados con diferentes aplicaciones. Los e-portafolios incluyen reflexión persoal y por lo regular promueven el intercambio de ideas y retroalimentación” (Lorenzo e Ittelson, 2005).

            Desta maneira, mediante esta definición resáltase a importancia dun e-portafolio para a nosa propia aprendizaxe, así expoñemos o seguinte esquema (Marroquín de León, J.J., 2009) que nos da conta do propósito fundamental do e-portafolio, constituíndose como unha ferramenta moi eficaz para o noso proceso de ensino-aprendizaxe na materia de “Tecnoloxía Educativa”:

 

                                    image

 

A continuación, desenvolveremos o noso e-portafolios seguindo a seguinte estrutura:

  • Desenvolvemento do e-portafolios: no que distinguiremos entre aquelas entradas ó blog que elaboramos en base a aquilo que nos rechamou nas sesións de clase da materia de “Tecnoloxía Educativa”, e aquelas entradas que realizamos a partires do que sucedía no noso arredor (noticias, pensamentos propios) referentes á tecnoloxía e que tamén eran do noso interese.
  • Autoavaliación do proceso seguido ó longo da materia de “Tecnoloxía Educativa”. Autoavaliación é “la evaluación que de sí mismos – y/o de sus acciones, los resultados de éstas, los medios con los cúales se realizan, etcétera – hacen un individuo o un conjunto de individuos” (Pérez Rocha, M., 1998). 
  • Valoración final: na que desenvolveremos unha reflexión persoal sobre os aspectos que nos semellaron máis relevantes neste proceso.