D_DESENVOLVEMENTO DO E-PORTAFOLIOS

Como se pode verificar mediante o meu perfil (entradas ó blog, tweets, arquivos ou favoritos) posúo un fío condutor claro: os valores da nosa sociedade, a educación que se desenvolve no seo da comunidade e a relación que se pode establecer entre os valores, a educación e a tecnoloxía, de que maneira inflúen uns sobre os outros. Sempre me guiei por este fío, polo meu interese de cara ó mesmo, así a medida que nas sesións de clase a profesora nos ía aportando máis coñecementos sobre a tecnoloxía educativa, eu extrapolaba eses mesmos contidos á educación ou ós valores da sociedade. Deste modo, podemos observar como as miñas primeiras entradas son moito máis pobres no que se refire a coñecementos acerca da tecnoloxía en xeral, e a tecnoloxía educativa, en particular, mentres que as entradas ó blog de mediados e finais do cuadrimestre son máis complexas e están moito mellor elaboradas. Isto constátase en que, nas primeiras entradas adícome a facerme preguntas do que sucede na poboación con respecto ós valores, á educación e á tecnoloxía contestándoas en base ás miñas reflexións e non procurando respostas a través de autores; porén, co transcorrer do cuadrimestre e coas aprendizaxes adquiridas do proceder nas sesións de clase da materia “Tecnoloxía Educativa” non só establecía reflexións sobre os contidos que presentaba, senón que tamén indagaba pola rede sobre os aspectos de interese, construíndo entradas realmente complexas, dende o meu modo de ver, e totalmente elaboradas.


                                                   image


            Na nube de tags tamén aparecen diversos termos que deixan constancia deste fío, algúns deles son: tecnoloxía, valores, sociedade, tecnoloxía educativa, redes sociais, compartir, educación, reflexión, aprender, ensino-aprendizaxe, autoaprendizaxe, aprendizaxes, control, PLE, autonomía, transformación,  cultura, dependencia, personalidade, problemáticas, acoso físico, acoso mental, ciberbullying, deshumanización, saúde psicolóxica, fracaso, interpretación, solución de problemas, relación, esforzo, etc.

            Doutra banda, mediante os arquivos, os tweets e os favoritos tamén fun configurando a miña estrutura deste e-portafolio. Aínda que comecei publicando nos arquivos documentos que apoiaban ás miñas entradas e que consideraba importantes, ou mesmo subía documentos elaborados por min mesma que pensaba non constituían unha entrada, a influencia dos meus compañeiros fixo que que comezara a publicar só fotografías ou imaxes sobre algún aspecto que me chamaba a atención. Posteriormente, deime de conta de que non tiña sentido publicar fotografías en arquivos podéndoas incorporar ás mesmas entradas, co fin de elaborar entradas ricas en contidos tanto textuais como multimedia, polo que deixei de subir fotografías e imaxes ó apartado de arquivos e volvín a publicar documentos de apoio ás miñas entradas que, na maioría dos casos os empregaba como bibliografía para as mesmas.


                                                                     image


            Do mesmo modo, os tweets ían na liña do que ía comentando nas entradas, destacando o que máis me impactaba do que ía aprendendo ó indagar ou a través das sesións de clase da materia “Tecnoloxía Educativa”. Esta é a razón pola que posúo tantas citas de autores nos meus tweets, xa que procurando información e resolvendo problemas que me ían xurdindo atopábame con citas que realmente me interesaban e que non empregaba nas entradas, pero que considera de gran relevancia para expoñer no meu e-portafolios e mesmo que os meus compañeiros as coñecesen.


                                                                   image


            Coa sección de favoritos ocorría o mesmo, as páxinas webs, os portais educativos, os buscadores e metabuscadores ou as revistas dixitais que conformaban este espazo trataban temáticas das que desenvolvía nas entradas, establecéndose como páxinas de consulta habitual para o meu quefacer ou mesmo para o meu tempo de lecer.


                                                                           image


            Considero que o núcleo básico do meu e-portafolios coincide coas entradas ó blog subidas na metade e ó final do cuadrimestre (algunhas destas son: “Estudo de caso: integración das tecnoloxías nun centro educativo”, “Porque se tenta equiparar a vida real á vida virtual?”, “Experiencias metatextuais: integración das tecnoloxías nun centro educativo”, “Diferenzas entre PLE e LMS, que plataforma ven sendo máis pedagóxica?”, “Nun futuro traballaremos dende a casa ou como dende sempre?”), xa que é neste momento cando establecín unha clara relación entre os contidos propios da materia de Tecnoloxía Educativa” e os meus intereses, afondando na importancia de cara ó meu fío argumental. Como entradas secundarias, debo sinalar tanto as iniciais (“¿Cada día somos máis dependentes das tecnoloxías?”, “¿Inflúe a tecnoloxía na nosa personalidade?”, “A sociedade actual”) porque aínda estaba un pouco, por así dicilo, “perdida”, non sabendo como desenvolver correctamente as entradas; como as dúas finais (“Los españoles son los europeos que más información comparten en las redes”, “Videoxogos ou xogos tradicionais, cales son máis educativos?”) porque con elas o que pretendía era  pechar o e-portafolios dando unha visión sobre o que supón a tecnoloxía para o ser humano, porén non as considero entradas relevantes xa que non empreguei moitas fontes bibliográficas para a súa elaboración, e máis ben son entradas en base ás miñas reflexións máis que profundizando teórica e seriamente no tema.

            Como aclarei no epígrafe anterior (1. Xustificación do e-portafolio) neste apartado distinguiremos entre aquelas entradas elaboradas en base ós aspectos que tratamos nas sesións de clase e que me chamaron a atención, ou que foron actividades que desenvolvemos nas sesións de clase interactivas; e aquelas entradas que realicei guiadas polo meu interese nalgúns aspectos que sobre tecnoloxía ocorrían ó meu redor. En total, vin realizando 20 entradas ó blog, cos seus correspondentes 20 arquivos. Sinalar que, presentarei as entradas cronoloxicamente, xa que considero que se observa claramente a evolución que fun tendo ó longo do cuadrimestre nesta materia.