F_VALORACIÓN FINAL

Hai varios puntos que desexo tratar nesta valoración final, xa que foron moitos os aspectos positivos nos que influíu en nós a rede social do Grupo de Investigación Stellae.

            Primeiramente debo indicar que a rede social foi, dende o meu punto de vista, como unha comunidade para nós. Unha comunidade entendida no sentido de que uns axudábamos a outros e viceversa, comentábamos as entradas dos compañeiros, obtíñamos información do noso interese a través dos compañeiros, reflexionabamos conxuntamente algún que outro aspecto, e unha situación que nunca se dera dende o meu modo de ver ata este intre ó longo das materias cursadas no grao de Pedagoxía, foi que podíamos acceder ó traballo dos nosos compañeiros, saber e coñecer os seus puntos de vista, as súas interpretacións de cara a un determinado tema, un aspecto moi notable, que fixo que uns puideramos aprender dos outros.

            Destacar que, neste entorno virtual trasladamos a vida real ó mesmo (fenómeno que expoño de modo máis específico na entrada ó blog “Porque se tenta equiparar a vida real á vida virtual?”, xa que constátase como a maioría dos nosos compañeiros comentan nos blogs dos compañeiros cos que soen falar e encontrarse cara a cara con eles na vida real. Porén, no meu caso non me cinguín ós blogs dos compañeiros cos que falo a diario, senón que segundo me interesara un tema ou outro comentaba nese blog, sen ter que ver que tivera unha boa relación ou non co mesmo compañeiro.


                                                                   image


            Con respecto no que a comentarios nas entradas ó blog e ós arquivos se refire, debo sinalar que, dende a miña forma de ollar, os compañeiros soían comentar en entradas máis curtas, e incluso comentar máis en arquivos nos que se publicaban fotografías, viñetas ou imaxes que chamaban a atención en vez de a entradas máis elaboradas e complexas que supoñían unha reflexión moito máis profunda. Feito polo cal, vexo que deixamos de lado algunha que outra importante aprendizaxe, e considero que as entradas non se presentaban como reflexións impactantes e que rechamaban como algún arquivo subido.

            Nesta liña, puiden observar que expoñer a non concordancia co que un compañeiro amosaba na entrada era difícil, no sentido de que examinando comentarios entre ambos os compañeiros chegaba á conclusión de que ambos dicían o mesmo, e defendían o mesmo aspecto, porén desenvolvíano con expresións e termos distintos, feito que me fixo constatar a importancia dunha comunicación e do feedback para chegar a un consenso e a unha solución ó problema que se nos plantexa. Polo que por isto, comprobo como é máis eficaz a comunicación cara a cara que a través dos comentarios (on-line), no que o significado pode mudar dependendo das expresións que se empreguen.


                                                                         image


            Doutra banda, grazas ó e-portafolio non só me abrín ós coñecementos sobre tecnoloxía educativa, senón ós da socioloxía, un eido que sempre me gustou. Esclarecer que, decidín darlle fin ó meu e-portafolios, xa que non se me ocorrían máis temas dos que reflexionar nas entradas, todas aquelas temáticas que se me presentaban sempre lles establecía a mesma reflexión, feito polo cal, considerei que o meu e-portafolio chegara ó seu fin na materia de “Tecnoloxía Educativa”, aínda que non como unha ferramenta educativa moi eficaz para o meu proceso de ensino-aprendizaxe futuro.

            Un aspecto moi relevante é que claramente incentivamos a nosa propia aprendizaxe mediante este e-portafolio, fomos suxeitos con iniciativa, realmente técnicos e razoables co que desenvolvíamos. No meu caso, defendín e loitei os presupostos teóricos plantexados na materia a partires do meu esquema de valores e a miña interpretación, reflectindo todo aquilo que se me pasaba pola mente con respecto á tecnoloxía no portafolios, así penso que non deixei atrás ningún aspecto que debería comentar, sentíndome satisfeita co traballo desenvolto.

            O meu obxectivo fundamental con este blog era aprender, á vez que ía amosando ós meus compañeiros esas aprendizaxes que ían obtendo, froito das pesquisas e da profundización naquela información e coñecementos que facían referencia á sociedade, á educación e á tecnoloxía.


                                                                            image


            Sen máis, dicir que a profesora da materia plantexounos unha cuestión na derradeira sesión de clase expositiva: “Si tuvierais que armar unha asignatura como “Tecnología Educativa”,  ¿como la armaríais?”. Sen dúbida, esta materia xa esta moi ben organizada dende o meu punto de vista, a rede social fixo que traballaramos autonomamente, con liberdade, independencia e entusiasmo, producíndose unha real aprendizaxe ó estar en contacto coas novas tecnoloxías que, se se desenvolvera esta materia en clases expositivas ordinarias non seríamos partícipes das mesmas.  Para optimizar a programación desta materia, quizais engadiría as clases en liña, un ensino semi-presencial ou b-learning, xa que considero que posúe numerosas vantaxes tanto para o alumnado como para o propio profesorado, como se expón na entrada ó blog:

Que é o b-learning?

O feito de non coñecer o termo b-learning (blended learning) que se mencionou na derradeira clase da materia de “Tecnoloxía Educativa” fixo que indagase sobre o mesmo e me dispuxese a elaborar esta entrada no blog.

Así, segundo a páxina web da Wikipedia, denomínase b-learning:

“El aprendizaje facilitado a través de la combinación eficiente de diferentes métodos de impartición, modelos de enseñanza y estilos de aprendizaje, y basado en una comunicación transparente de todas las áreas implicadas en el curso. Puede ser logrado a través del uso de recursos virtuales y físicos, mezclados. Un ejemplo de esto podría ser la combinación de materiales basados en la tecnología y sesiones cara a cara, juntos para lograr una enseñanza eficaz”.

Deste modo, dende o meu punto de vista considero este modelo de aprendizaxe totalmente favorecedor no proceso de ensino-aprendizaxe, xa que non só se acude ás clases de maneira presencial, senón tamén a distancia, podendo empregar tanto recursos tecnolóxicos ou físicos aportados polo profesor/coordinador do curso, xornada ou iniciativa na que esteas inmerso co fin de que experiencies, practiques e obteñas a máxima información e experiencia posible, retendo e aprendendo sinxelamente os contidos precisos debido á multiplicidade de medios e recursos que posúes.

          Ademais, reflexionando sobre  esta temática tomamos constancia das numerosas vantaxes que ofrece este tipo de aprendizaxe mediante un artigo da páxina web da Ciberaula:

  • Por unha banda, grazas ó e-learning diminúense moitos custes para o alumnado debidos ó desprazamento ou aloxamento para acudir a clases presenciais ou mesmo os custes para a propia institución (luz, auga, desgaste mobiliario...), existe flexibilidade temporal e a inexistencia de barreiras espaciais ó non precisar que os integrantes do curso se unan nun mesmo lugar e tempo. Engadimos do mesmo modo, a rápida actualización dos materiais e as novas formas de interacción entre o alumno e o profesor. Porén, destacamos un gran inconveniente: non poder acceder a un ordenador ou a Internet ou posuír coñecementos limitados en TIC`s. (Heinze, A. e Procter, C., 2004).
  • Por outra banda, coa formación presencial gañamos en motivación dos participantes do curso ó haber unha interacción física, favorecendo a creación de vínculos entre os mesmos, así como a realización de tarefas máis complexas que se meramente e soamente se desenvolveran de maneira virtual.

           Dende a miña perspectiva, calquera modelo de ensino-aprendizaxe sempre vai a posuír as súas vantaxes e os seus inconvenientes, porén coa mestura de ambos conseguimos erradicar (de modo xeral) as problemáticas que poderían existir con un só modelo de aprendizaxe.

          Sen máis, apuntar que cada educador, mestre ou profesor de ten que adaptarse ás xeracións do presente, non quedarse en fórmulas do pasado que non incidan nos alumnos, por iso esta estratexia de ensino-aprendizaxe é a máis idónea para a actualidade dende a miña maneira de ollar para conxugar pasado e futuro, de maneira que se xogue sempre coas vantaxes dun e doutro para facer da aprendizaxe unha aprendizaxe efectiva.

 

                                                                image   

 

BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA:

Heinze, A. e Procter, C. (2004). Reflections on the use of blended learning.  Proceedings of Education in a Changing Environment. Conference Proceedings. Celebrado en Salford no día 13 e 14 de Setembro. Salford: Education Development University Unit.

http://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_semipresencial (Consultada o día 9/04/2013)

http://www.ciberaula.com/articulo/blearning (Consultada o día 9/04/2013)


            Para concluír, espero que esta viaxe en moto chea de coñecementos continúe con moitos máis traxectos, non chegando sempre ó mesmo destino, senón tendo múltiples destinos con diversas e fermosas paisaxes, enriquecéndonos con cada paso que damos, con cada lugar que descubrimos.

            Agradecer á profesora Adriana Gewerc Barujel a metodoloxía que empregou para desenvolver esta materia, distando moito do tradicional proceder do que estamos acostumados no noso grao e, levando a cabo pola nosa parte grazas a este método unha real aprendizaxe.


                                                                      image