B)Introdución

B)Introdución

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

A continuación, centrareime en expoñer o que foi para min esta materia “Tecnoloxía Educativa” e o proceso durante a súa exposición.

Non podería comezar este traballo sen antes definir unha serie de termos que considero fundamentais. Dicir que sen a comprensión destes termos non poderíamos comprender este traballo, xa que segundo o meu punto de vista, son elementos centrais do mesmo. Por isto, centrareime en indicar os significados de:

  • Tecnoloxía Educativa: “É o conxunto de medios, métodos, instrumentos, técnicas e procesos baixo unha orientación científica, cun enfoque sistemático para organizar, comprender e manexar as múltiples variables de calquera situación do proceso, co propósito de aumentar a eficiencia e eficacia de este nun sentido amplo, cuxa finalidade é a calidade educativa” ou tamén se podería entender por “o uso pedagóxico de tódolos instrumentos e equipos xerados pola tecnoloxía, como medio de comunicación, os cales poden ser utilizados en procesos pedagóxicos, a fin de facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe. Hoxe en día poderíamos dicir que tamén se inclúen as altas tecnoloxías de la información.” (www.psicopedagogia.com)
  • E-Portafolios: “colección de evidencias de diferentes procesos de aprendizaxe: formación, experiencia laboral, vivencias e intereses persoais... Este conxunto de procesos de aprendizaje aportanos determinadas competencias simplemente polo feito de vivilos. Ao mesmo tempo, o e-portafolio, é un documento composto por outros documentos (escritos, imaxes, vídeos, etc.) en formato dixital, cos que se demostra a nosa experiencia profesional, académica e persoal. O e-portafolio pode recoller experiencias individuais ou colectivas e enriquecese a medida que pasa o tempo, posto que implica ir recopilando este tipo de documentos ao largo do tempo” (www.e-portfolio.es)
  • Rede social Stellae: “Unha rede social é unha estrutura social composta por un conxunto de actores (tales como individuos ou organizacións) que están conectados por díadas denominadas lazos interpersoais, que se poden interpretar como relacións de amizade, parentesco... Neste caso as relacións poden considerarse como amigos, pero ao mesmo tempo como compañeiros de clase. A través desta rede social, os alumnos poderán compartir coñecemento, debater acerca de diversas cuestión, expresar os seus sentimentos, emocións... Ademais, a través desta rede social, avaliarase o noso traballo dentro da materia de “Tecnoloxía educativa”. (www.wikipedia.es)

Como podemos ver, estes termos son fundamentais, xa que tecnoloxía educativa é a materia pola cal estamos a realizar este E-portafolios e, ao mesmo tempo, este E-portafolios realizarase tendo en conta as publicacións individuais de cada alumno na rede social Stellae de ahí a importancia a hora de comprender estes conceptos.

            Unha vez definidos e indicada a importancia destes termos, centrareime en expoñer a metodoloxía levada a cabo nesta materia, a súa avaliación...

En canto a metodoloxía, podemos dicir que esta materia alternou sesión expositivas, teóricas ou maxistrais nas que xeralmente xiraban en torno ao profesor/a, e dicir, era o encargado de levar a “voz cantante” aportándonos aos discentes novos coñecementos, aprendizaxes… destacar que esta sesión levábase a cabo nun aula ordinaria, maxistral. Por outro lado, as sesión interactivas ou prácticas levariámolas a cabo nun aula especializada como é a de informática. Neste tipo de sesións, os alumnos éramos os protagonistas, e xeralmente a nosa actividade centrábase na posta en práctica dos elementos teóricos vistos nas sesións expositivas. Ademais, hai que resaltar que nunha ocasión, a través desta materia, tivemos a oportunidade de acudir a unha “mesa redonda” onde se falaba principalmente do e-learning (información moi interesante) que nos serviu aos alumnos para comprender como era o panorama neste ámbito, as diferentes posibilidades de traballo a través deste novo “coñecemento”…

            Cando falamos da avaliación, atopámonos con algo moi novedoso, xa que nesta materia non sería necesario pasar un exame para acadar un aprobado na mesma, senón que, pola contra, os alumnos deberíamos participar nun ambicioso proxecto como é a “rede social Stellae” da USC (Universidade de Santiago de Compostela). Nesta rede social deberíamos publicar blogs, tamén coñecidos como post, arquivos, enlaces web… relacionados coa tecnoloxía educativa. Non había limitacións, as pautas eran claras, debíamos publicar documentos que nos chamaran a atención, novidades, contidos que crearan debate… Serán estas publicacións as que se avaliarán durante e ao final do proceso, ademais de un e-portafolio (este traballo) onde aparecerán a maioría dos coñecementos dos alumnos, experiencias, elementos que consideran importantes...

Por último, dentro deste apartado, realizarei un pequeno símil tendo en conta o proceso vivido por min nesta materia. Podo dicir, que tras unha gran reflexión, o elemento que mais se parece a miña experiencia coa “Tecnoloxía Educativa” pode ser un “Iceberg” (isto explicareino con certo detemento na seguinte subpáxina).