C) Corpo de e-portafolios

C) Corpo de e-portafolios

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

Neste apartado, centrareime principalmente en establecer cales foron os elementos traballados por mín durante o curso académico 2012/2013 na materia de “Tecnoloxía Educativa”.

Hai que resaltar, que a maioría de publicación levadas a cabo polos alumnos tiñan que ver con aspectos dados na aula, aínda que existen elementos que non foron dados como tal, pero si estarían relacionados coa mesma.

A continuación, para levar a cabo a análise do meu proceso nesta materia, crearei unha serie de “subpáxinas” onde analizarei pormenorizadamente as miñas diferentes publicacións nesta rede social. Resaltar, antes de comezar con esta reflexión, que a miña política, a hora de publicar elementos neste rede social, era moi sinxela, xa que me esforzaba por intentar achegarlle aos meus compañeiros aspectos novedosos que non coñeceran, información interesante... sen ter en conta os elementos comúns ou obrigatorios que tivemos que traballar todos.