A) Blogs

A) Blogs

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

En primeiro lugar falarei acerca deste tipo de publicacións, xa que son os mais numerosos dentro do meu perfil. Destacar que realizarei unha pequena clasificación para coñecer a natureza de cada un destes "post" que será:

Publicacións relacionadas con aspectos teóricos, obrigatorios....

Esta subpáxina céntrase principalmente en establecer todos aqueles elementos teóricos dados na aula e que xeralmente a maioría dos alumnos compartiremos.

Todalas publicacións relacionadas con esta subpáxina parécenme sen dúbida moi interesantes, xa que conteñen coñecementos, informacións... que antes non eran coñecidas por mín ou que me chamaron moito a atención.

  • En primeiro lugar, recordo as sesión nas que nos pasamos longas horas falando dos diferentes tipos de buscadores, navegadores... RESUMEN CLASE INTERACTIVA 16/04/20013; mais aló de Google recordo como todo o alumnado facía referencia a Google, xa que era o único que coñeciamos a maior parte de nós.
  • Por outra parte, recordo a grande importancia que se lle deu a linguaxe a través das imaxes. Este foi un dos temas que mais me chamou a atención sinceramente, ademais motivado pola grabación dun video na que o meu compañeiro e mais eu estivemos tan implicados como se pode ver na seguinte reflexión.Reflexión"Pen Drive Life"
  • Tivemos a oportunidade de coñecer tamén diferentes espazos na rede como poden ser Jclic e webquest e coñecer as similitudes e diferencias entre eles, para que sirven... como se pode ver en Diferencia Jclic y webquest
  • Debemos mencionar tamén o PLE que apenas era coñecido por ninguén e tras o paso por esta materia todos o levamos ben grabado nas nosas “cabeciñas” como pode poñer de manifesto a seguinte publicación O meu PLE
  • Por último, tivemos a oportunidade de coñecer diferentes métodos de búsqueda a hora de encontrar información. Experiencia integración tecnología en el aula a través deste documento, poño de manifesto unha forma de facelo aínda que tal e como sabemos existen unha gran cantidade delas.

Publicacións de reflexións persoais

Sen dúbida este tipo de publicacións son as que mais calaron dentro de min, as que mais coñecementos me aportaron, mais me fixeron pensar... xa que eran elementos vistos na aula xeralmente aos cales analizaba profundamente e intentaba atopar explicacións a elementos que quedaban no aire baixo o meu punto de vista.

  • En primeiro lugar REALMENTE AS NOVAS TECNOLOXÍAS DESHUMANIZAN A SOCIEDADE? ... recordo que esta dúbida xurdiume un dos primeiros días de clase, cando moitos dos meus compañeiros comezaron a dicir que este era un elemento perxudicial das novas tecnoloxías,que para min non o era tanto por iso me decidín a escribir este post.
  • Por outra banda, recordo o texto de Inés Dussel proporcionado por Adriana nunha sesión expositiva. Neste texto falábase acerca das novas tecnoloxías e o seu impacto nas aulas. Recordo que lle estiven dando numerosas voltas a esta cuestión, ata a publicación de Como son as novas tecnoloxías nas escolas actuais? melloran o proceso de ensino-aprendizaxe?
  • Engadir que en numerosas sesións durante esta materia falamos acerca do que era un nativo dixital, inmigrante dixital... pero un día que estaba solo na casa, reflexionando acerca disto tan só se me viña unha cousa a cabeza¿¿REALMENTE SON UN NATIVO DIXITAL??
  • Por último, en relación a esta subpáxina, recordo que levei unha pequena reflexión acerca das novas aplicacións que estaban saíndo a luz na actualidade e os seus plans “ocultos” como poño de manifesto en ¿WathsUpp? Non nos enganes mais

Publicacións informativas ou de interese xeral

Este tipo de publicacións, coido que poden ser as que conteñen un caracter mais “liviano” ou menos teórico (facendo algunha excepción) e que xeralmente son aspectos relacionados coa cultura xeral, a importancia das novas tecnoloxías en diversas situacións, historias de vida...

  • En primeiro lugar, recordo a publicación do postCuriosidades!! O pobo Amish . Esta publicación pasouseme pola cabeza tras ver un pequeno episodio onde aparecía este colectivo que era descoñecido para mín. Debido a esto último e a súa posible relación coa materia animaime a indagar mais acerca deste pobo.
  • Por outra banda, tamén falai de Stephen Hawking no postTecnología y vida . Considero que este autor foi un dos que mais aportou a ciencia e, como non a tecnoloxía. Por isto consideraba oportuno que este grande autor gozase dun pequeno recuncho dentro da nosa rede social.
  • Por último en relación a esta subpáxina, centrareime en A publicidade. Dende o comezo desta materia, sempre tiven certo interés en falar acerca deste tema.  Tódolos “entramados” que existen neste negocio, as diferentes estratéxias levadas a cabo, os beneficios que pode chegar a xerar, a súa historia...