D) Conclusións

D) Conclusións

Última actualización de en Álvaro Conde Debén

Para rematar, volvereime a repetir algo que xa comentei Mi última publicación. Conclusiones.

En primeiro lugar, debo dar as grazas a profesora desta materia por diversas cuestións pero sobre todo por unha moi especial. Dende fai moitos anos, os alumnos vimos poñendo de manifesto a necesidade dun cambio de metodoloxía dentro das aulas, un cambio de avaliación... ou o que é o mesmo, un profundo cambio dentro do sistema educativo presente na nosa sociedade. Pois ben, estas peticións sempre caíron en saco roto ata este cuatrimestre. A través desta materia experimentamos todos eses cambios que viñamos propoñendo e que ano tras ano se van negando debido a numerosas escusas. Pois ben, aquí temos o exemplo de que este cambio é posible. Moitas veces o profesorado e a administración defenden a utilización de exames, clases maxitrais... xa que senón os alumnos non aprenderían nada. Pois ben... escoitade: Dende os meus inicios escolares, penso que nunca traballara tanto no ámbito académico como nesta materia. Nunca unha asignatura me fixera pensar tanto, investigar, preguntar... en definitiva, crear o meu proprio coñecemento... Por todo isto, grazas.

Por outra banda, non podo acabar este traballo sen decir o gran número de coñecementos, informacións, novas... de gran interese que recibín a traves deste soporte. Por todo isto, tan só podo valorar esta materia como moi positiva, e que espero que moitos se fixen no seu proceso para extendelo a moitos outros ámbitos.

Por último e para finalizar, como non, agradecerlle a tódolos meus compañeiros a axuda recibida a través das súas múltiples publicacións, xa que grazas a elas conseguín unha mellor e mais completa formación, intereseime por numerosos temas descoñecidos para min, participei en numerosos debates moi enriquecedores... Por todo isto GRAZAS