B- INTRODUCIÓN

“Como árbores” é o nome que recibe o meu e-portafolios, elixín esta imaxe xa que considero que todos nos neste proceso fomos coma árbores. ¿Porqué digo isto?. Somos árbores con raíces que nos permiten permanecer firmes e adaptarnos o clima é dicir, o reto de ter unha materia como Tecnoloxía Educativa require a persoas capaces de introducirse no mundo da tecnoloxía educativa e de poder ser capaces de conseguir os obxectivos e manexar os contidos. As raíces permiten que as árbores se manteñan sanas e se alimenten a través da auga e sustancias que absorben da terra e a través dun elemento fundamental como é o sol. Neste proceso o sol representa a profesora e os coñecementos que nos transmitiu,  e as raíces e capacidade que temos cada un de nos de interpretar e asimilar os conceptos. Si a árbore recibe a luz e a auga necesaria da os seus froitos. Nos mediante este proceso xestionamos a información de forma  diferente de xeito que cada un de nos o acabar este bonito viaxe obtivemos  diferentes froitas.

¿Qué tiven que facer para que a miña árbore dese os seus froitos?

Creo que é necesario comezar polo principio, nas primeiras sesións a idea de realizar o meu traballo a través dunha rede social transmitíame moitísimas inseguridades. Nunca antes fixera un traballo deste xeito e o medo a non saber facelo era bastante grande. Cando a profesora nos explicou que deberíamos facer, custoume un pouco decidirme cal sería a miña primeira entrada, de que falaría, ou a que faría referencia.  Unha vez que me decidín, a través de publicar a primeira entrada despois todo o proceso foi moito máis fluído. Pero o interesante é analizar que era iso que me daba tanto medo?. Agora que este percorrido esta a punto de finalizar, considero que o medo centrábase na nova metodoloxía de traballo. Estamos tan acostumados a seguir unha metodoloxía determinada, que cando nos presentan algo novo tendemos a rechazalo e a ter medo de facelo.  A metodoloxía empregada nesta materia é nova, innovadora e móstranos unha nova forma de traballar!!. Estar acostumados a recibir teoría para memorizala e posteriormente plasmala nun exame é algo que facemos sen parar en moitas materias. Moitos están acordo con esta metodoloxía pero moitos outros no. Creo que a través desta materia déusenos a oportunidade de crear persoalmente o noso proceso de aprendizaxe, o que considero moi positivo xa que cada un de nos relacionou os temas principais cos seus intereses o que provoca un aumento da motivación persoal xa que baseas o teu aprendizaxe no que é máis significativo para ti.

Considero que unha vez que entendín todo isto non foi complicado construír o meu aprendizaxe para poder chegar a meta.  Esa meta e a recolleita de todos os froitos. Na seguinte páxina fago referencia os froitos máis importantes que recollín.

 image