B.2 Introdución

B.2 Introdución

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

Empezaremos falando do que é un e-portafolios. ¿Que estamos a facer? ¿Para que serve? ¿Que é?...

image

O portafolio electronico ou E-portafolio está basado nos medios e servizos electrónicos, é o portafolio publicado via web.

Consiste nun rexistro dixital persoal que conten diversas informacións (perfil persoal, relacion de logros, traballos realizados….).

Permite almacenar traballos e borradores, engadir reflexións e comentarios dos diversos traballos publicados, declarar intecións, obxetivos ou metodoloxias e visualizar posibles procesos e actividades para levar a cabo.

O portafolio electronico incormporta a tecnoloxia cactual o proceso de evaluacións.

Neste contexto, o portafolios perfílase como un poderoso marco de aprendizaxe que permite encauzar os procesos de ensinanza-aprendizaxe canalizando actuacións e reflexando aproximacións, procesos e productos. Plasma un viaxe persoal de desarrollo que tamén podría ser social.

En definitiva, E-portafolio proporciona unha ferramenta onde a través de unha publicación en rede se reflexa un posible desenvolvemento academico, profesional e persoal do individuo; para mostralo con fíns de asociación, contratación laboral e avaliación ao longo da vida.

image


Neste e-portafolios pretendo analizar o meu paso, o meu camiño e a influencia que tivo en min non só a materia de Tecnoloxía Educativa, senon tamén o conxunto da aula e dos seus alumnos e principalmente compañeiros e as diversas publicacións que fomos incorporando nesta rede, Stellae.