1. INTRODUCCIÓN.

1. INTRODUCCIÓN.

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

As rosas e as espinas da tecnoloxía, ese é o nome que elexín para o meu portafolios. Agora a pregunta será porque?

Ben como todo proceso que se desenvolve no noso día a día existen aspectos positivos e negativos, para min este proceso podese simplificar nunha flor. Os petalos representan a alegría, a motivación, a esperanza todos eses sentimentos positivos que afloraron na miña cabeza unha vez que Adriana nos dixo en que consistiría o proceso de aprendizaxe da asignatura en concreto. Esa ilusión de romper coa tradicción, co típico e habitual e comezar con algo novo. Esa esperanza de poder superarte en algo que non coñeces pero que crees que pouco a pouco iras superando ata chegar ao froito máis bonito, ata convertir o teu e-portafolios nos pétalos máis bónitos e alegres da primavera.

"Lluvia de pétalos. Agua de neblinas lejanas quisiera beber."

Por outra banda, cómpre establecer unha reflexión para as espinas, quenes representan o medo, o descoñecemento, a angustia, o non saber facer... En definitiva, todo aquelo malo, negativo que está presente en todo proceso de aprendizaxe, as dificultades que marcan o noso camiño, que nos poñen trabas. A vida está marcada por aspectos positivos e aspectos negativos e todos eles danlle sentido a humanidade, ao que somos e a donde intentamos chegar. Como non ía ser menos, ao longo deste procesos atopeime con trabas, con medo, con descoñecemento que marcaron o sentido do meu traballo. Xuntos forman o conxunto do e-portafolios, espinas e petalos de flores danlle sentido e beleza a unha rosa.

"Antes de acabar de contar los pétalos de una rosa, mínimo te encajas 3 espinas...."


Isto non é mais que un...


comezos

...Benvidos a un camiño, un camiño de estacións na cal a primavera é a máis importante!