2.- Introducción

2.- Introducción

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

Introdución

            Durante este segundo cuadrimestre do grao en Pedagoxía, tivemos a oportunidade de cursar a materia de Tecnoloxía Educativa, unha materia que atopei bastante distinta as cursadas con anterioridade. Que contidos aportaría esta materia? Pois dende un principio buscou que comprendésemos e valorásemos as novas fontes de construción e acceso o coñecemento así como as repercusións que isto tería no mundo da educación. As novas alfabetizacións tan necesarias no mundo actual, a innovación, os diferentes recursos dixitais e a súa posible implicación no proceso formativo e educativo, e en definitiva, o noso papel como futuros pedagogos ante estes novos medios para a aprendizaxe.

 

                                                              image

            

A través deste traballo irei analizando por partes o que para min foi a materia e o seu desenvolvemento. Para comezar, de portada, escollín unha imaxe que na miña opinión representa os contidos desta materia.